venres, 25 de marzo de 2011

- Campionato de Europa 2011 (4R) Tres táboas e unha derrota dos españois

Unha xornada discreta dos representantes que temos no Campionato de Europa. Táboas de Vallejo e Salgado con negras contra rivais en teoría non tan fortes como eles. Con brancas Alsina sacou unhas táboas cun ruso de máis de 2600, o que non é del todo malo. O MI Aloma perdeu con un grego de máis de 2600, un resultado máis ou menos lóxico.
Tras as catro primeiras roldas soamente dous xogadores teñen o pleno, os rusos Potkin e Savchenko, que xogarán a quinta partida entre eles. As partidas dos xogadores españois serán as seguintes:

Rd.M.No. 0NombreEloPts.-Pts.0NombreElo No.
5159ESPGMVallejo Pons Francisco270733GMPapaioannou Ioannis2605GRE80
55957ESPGMSalgado Lopez Ivan2630GMLibiszewski Fabien2481FRA169
53661CROGMSaric Ivan262633GMAlsina Leal Daniel2538ESP134
5116194ESPIMAloma Vidal Robert243422FMDietmayer-Kraeutler Marco2251AUT278

Outra vez Alsina ten un rival por riba dos 2600. Salgado con brancas debería tentar sumar o punto enteiro, ao igual que Aloma e Vallejo. As 50 primeiras partidas poden seguirse en directo na páxina oficial todos os días as 15:00.
Resultados en ChessResults.

Ningún comentario:

Publicar un comentario