luns, 28 de marzo de 2011

- Campionato de Europa 2011 (6R) Gañan Vallejo e Salgado. Potkin segue líder

O ruso Potkin fixo táboas con Nisipeanu e mantén o liderato en solitario no Campionato de Europa 2011 que estase a xogar en Francia. Nas dúas seguintes mesas os resultados foron tamén de táboas polo que ninguén podía sumar tantos puntos como o ruso: 5,5 de 6.
Vallejo nesta rolda foi o que sufriu un ataque con sacrificio de material, pero conseguiu rexeitalo e o seu rival, o ruso Romanov tivo que renderse. O galego Iván Salgado tamén superou a un GM ruso, Levin, e ten agora catro puntos. O MI Aloma tiña tamén un rival ruso, Kurnosov, de 2655, e perdeu con negras. Alsina firmou táboas co  MI holandés Miedema. A rolda de hoxe para os españois é a seguinte:
Rd.M.No. 0NombreEloPts.Res.Pts.0NombreElo No.
729ESPGMVallejo Pons Francisco270755GMIordachescu Viorel2626MDA59
74357ESPGMSalgado Lopez Ivan263044IMDembo Yelena2457GRE183
7133194ESPIMAloma Vidal Robert2434Chapman Terry P D2242ENG282
786257LUXSerban Vlad2287GMAlsina Leal Daniel2538ESP134

Web oficial e resultados en ChessResults

Ningún comentario:

Publicar un comentario