venres, 30 de marzo de 2012

- Campionato de Europa Absoluto 2012 (R9) Fressinet líder a falta de unha partida. Vallejo cos perseguidores a medio punto

Nas catro primeiras mesas estaban os xogadores con 7 puntos, os líderes. Deles soamente gañou Fressinet (2693) a  Akopian (2683), e queda como líder en solitario a falta da rolda definitiva.
Táboas entre Malakhov (2705) e Andreikin (2689), e tamén na partida entre Inarkiev (2695) e Matlakov (2632). Os catro quedan a medio punto do líder. Jakovenko (2729) gañou a Kobalia (2666) e sumase ao grupo de 7,5. Tamén a medio punto do líder o español Francisco Vallejo (2693), que gañou a Nisipeanu. (2643). Volokitin (2695) venceu a Zhigalko (2649), o mesmo que Azarov (2667) a Kuzubov (2615), e suman tamén 7,5. O derradeiro membro dese grupo será Bologan (2687) que derrotou a Jones (2635). Todos eles teñen algunha oportunidade de levarse o título.
O galego Salgado (2621) gañou a Heberla (2525) e suma 6,5 puntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario