sábado, 24 de marzo de 2012

- Campionato de Europa absoluto (R5) Perde Salgado e gaña Vallejo

Imaxe da web oficial
O líder Jones (2635) fixo táboas contra Vitiugov (2709), o que permítelle seguir arriba, empatado a puntos cos xogadores do grupo de 3,5 que gañaron hoxe: Fressinet (2693) e Kuzubov (2615). Tras deles unha chea de xogadores con catro puntos.
En canto aos españois Paco Vallejo (2693) con negras chegou a un final de damas contra Delchev (2622) no que conseguiu un forte peón pasado que deulle a vitoria. Iván Salgado (2621) con negras perdeu de xeito claro con Malakhov (2705). Alvar Alonso (2513) conducía as brancas contra Buhmann (2614) e rematou en táboas.
Web oficialResultados en ChessResults.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario