martes, 4 de setembro de 2012

- Olimpiada 2012 (R7) Derrota de España con Ucrania. Rusia líder en solitario.

España contra Grecia - Foto da web oficial
Unha ronda con outro encontro decisivo, Azerbaijan - Rusia. Gañaron os rusos grazas a vitoria de Grischuk,  e dese xeito aproveitaron a derrota, non esperada pero posible, de Armenia contra China, tamén pola mínima. Filipinas segue a sorprender, e desta empataron cos húngaros, o mesmo resultado que no Arxentina - India. Alemania venceu a Moldavia pola mínima, e Estados Unidos con facilidade a Turquía. Rusia segue líder, agora en solitario, e tras xogar cos rivais máis duros.
No Ucrania - España no primeiro taboleiro Vallejo, que outra vez levou negras, perdeu con Ivanchuk nunha combinación no medio xogo. No segundo Illescas fixo táboas rápidamente con Ponomariov nunha partida tranquila. Korneev e Candelario levaron a iniciativa e loitaron moito contra Volokitin e Eljanov, pero empataron as dúas partidas e perdeuse por 1,5 - 2,5. Isto deixa a España algo máis lomxe das medallas, ainda que faltan tres roldas.
No torneo feminino vitoria pola mínima de China diante de Georgia. Empates no Ucrania - Francia, no Serbia - Vietnam e, o importante, no Rusia - Polonia. Isto deixa moi apretada a clasificación, con Rusia, China e Polonia sumando cinco vitorias e dous empates.
España xogaba contra Grecia. Nos taboleiros de abaixo gañaron Calzetta e Hernández. Derrota de Sabrina Vega no segundo. A derradeira partida foi a do primeiro taboleiro, onde Matnadze chegou a un final no que tiña dama contra torre e dous cabalos, e a base de xaques e cravadas sacou as táboas. Boa vitoria para seguir na parte alta con cinco vitorias, un empate e unha derrota.

Ningún comentario:

Publicar un comentario