sábado, 1 de setembro de 2012

- Olimpiadas 2012 (R5) Rusia e Armenia mandan. España segue gañando

España Vs Paraguai - Foto da web oficial
Nun encontro moi igualado, con táboas nos tres taboleiros de abaixo, Levon Aronian deu o triunfo á súa selección derrotando a Ivanchuk e con el a Ucrania. O ucraniano sacrificou calidade a cambio duns peligrosos peóns pasados e a seguridade do rei, pero o armenio montou un ataque que gañaba peza e Ivanchuk rendiuse. O outro encontro estrela era Rusia - Hungría, que rematou con vitoria rusa. A partida entre Leko e Kramnik como se esperaba foron táboas no principio do medio xogo con todo por xogarse. O punto gañador foi o de Grischuk sobre Almasi, onde Grischuk sacrificou unha peza no enroque negro para gañar a dama. Novo empate dos Estados Unidos, e importante vitoria da India ante Inglaterra. Máis atrancos dos esperados dos israelís para gañar a Irlanda.
España logrou un 3,5 a medio ante Paraguai. Vallejo gañou ante Bachmann, onde o paraguaio complicou a partida na súa contra pouco a pouco ata quedar perdido. Illescas gañou con un truco táctico, e Korneev aproveitou un blunder nun final de torres equilibrado. Táboas de Candelario nunha partida pechada e igualada.
Dous líderes, que xogarán entre eles mañá, teñen os cinco puntos: Rusia e Armenia. Azerbaijan e Croacia van detrás con 4,5.
No torneo feminino Rusia quedase a soas na cabeza tras gañar a Francia. As francesas puntuaron 1,5 nas partidas de arriba, pero fixeron 0 nas de abaixo. Serbia está a ser a sorpresa, gañando agora a Bulgaria. 2-2 entre Georgia e Ucrania. O encontro máis esperado da xornada era o China - India, onde as indias foron esnaquizadas 3,5 - 0,5 con un equipo que esta edición conta con baixas importantes.
Moi ben España facendo un 3,5 a 0,5 a Bosnia, con táboas de Sabrina Vega e vitorias de Matnadze, Calzetta e Hernández. Na primeira mesa a bosnia deixouse todo en posición igualada. No terceiro máis ou menos o mesmo, pero con mate. No cuarto tamén.
Queda na clasificación primeira Rusia con 5 puntos. Serbia, Polonia, China e Eslovaquia teñen 4,5.

Ningún comentario:

Publicar un comentario