sábado, 1 de setembro de 2012

- Olimpiadas 2012 (R4) Os dous equipos españois gañan ben.

Armenia contra Filipinas - Web oficial
Dúas rápidas vitorias con brancas deixaron o encontro encarrilado bastante pronto. Salgado e Pérez Candelario lanzáronse contra o rei rival e lograron o obxetivo. De feito, Pérez Candelario gañou con un sacrificio de dama, non moi complicado, pero sacrificio. As outras partidas estiveron igualadas moito tempo, pero ao final Vallejo e Korneev tamén sacaron adiante as súas partidas e lograron un 4-0. O equipo feminino deu conta de Austria con tres vitorias de Matnadze, Alexandrova e Sabrina Vega, e unhas táboas de Calzetta.
Nos encontros importantes empate entre Estados Unidos e India, o mesmo que pasou no Azerbaijan - Alemania e o Francia - Inglaterra. Importante vitoria de Rusia sobre China e Ucrania sobre Polonia, ambalasdúas por 3-1. Agora na cabeza da táboa están Ucrania, Armenia, Rusia e Hungría con catro vitorias. A ver que fan hoxe os húngaros no seus primeiro encontro realmente duro contra Rusia. Armenia e Hungría será o outro encontro estelar. No torneo feminino empate entre India e Serbia, e vitoria de Rusia e China por 3-1, diante da República Checa e de Alemania. Importante vitoria das francesas sobre as arxentinas que as coloca cas rusas como único equipo con 4 de 4, e hoxe terán que xogar entre elas para decidir o líder da competición. China - India e Georgia - Ucrania son os outros encontros máis destacados da xornada.
España xogará contra Paraguay nun encontro que deberían decidir os taboleiros baixos. Na Olimpiada feminina o equipo español vai xogar contra Bosnia, e tamén os taboleiros baixos teñen que dar a vitoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario