sábado, 14 de xaneiro de 2012

- Wijk Aan Zee 2012 (R1) Gañan Aronian, Giri e Carlsen

Comezou o torneo máis importante do ano, o Tata Steel Chess, ou o clásico Wijk Aan Zee de toda a vida. Tres torneos cerrados apoiados con abertos para afeccionados nesta localidade holandesa.
Na primeira rolda os dous favoritos, Carlsen e Aronian, gañaron os seus encontros. Tamén venceu na súa primeira partida o local Giri, e os tres son agora líderes, con medio punto por diante dos que empataron as súas partidas e un sobre os seus rivales, que están en 0.
No grupo B houbo catro partidas decididas. Este torneo, para ser o B, ten a categoría 15, que fala da dureza do mesmo. Xa na primeira rolda tivemos un resultado sorpresa, ca derrota do xogador máis forte, Bruzón, nas mans do indio Harikrishna.
No grupo C, de categoría 9, soamente dúas partidas remataron en táboas, polo que foron cinco as que tiveron un gañador. Aquí o número un, Sadler, si comezou con vitoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario