luns, 16 de xaneiro de 2012

- Wijk Aan Zee 2012 (R3) Carlsen derrota a Aronian

O número un do mundo derrotou ao número dous nunha partida na que Carlsen sempre estivo mellor, pero Aronian estivo cerca de arrincar un empate cando o noruegués non fixo as xogadas exactas para gañar rápidamente. Aronian queda agora con dous puntos empatado con Caruana e Radjabov, a medio de Carlsen, que é líder. Karjakin, que levaba 0 puntos, derrotou a Giri, e pasa a formar parte do grupo da cola con un punto.
No grupo B o máis destacado foi a traballada vitoria do veterán Timman, que estivo no TopTen nos setenta e oitenta, diante dunha das estrelas do futuro, o GM ucraniano Nyzhnik, nado no ano 1996. O líder e Harikrishna que leva o pleno de puntos, con L'Ami a unhas táboas de distancia. Tiviakov terceiro en solitario con dous puntos.
O grupo C ten na cabeza a Turov, que leva tres de tres. Goudriaan leva dous e medio, por diante dun grupo que ten a catro xogadores con dous puntos.
O torneo é retransmitido todos os días en directo na web oficial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario