venres, 20 de xaneiro de 2012

- Wijk Aan Zee 2012 (R6) Aronian líder en solitario

Foto da galería da web oficial
O empate entre Navara e Carlsen fixo que a vitoria de Aronian o deixase líder en solitario. O armenio castigou a Benoni de Gashimov, que fixo todo o que puido por tomar a iniciativa na partida pero Aronian rexeitou o plan e rematou por afogar a posición do azerí. Carlsen con negras non obtivo nada contra o colista, e chegou a un final onde o seu bispo contra tres peóns do checo empatou e grazas. A outras vitorias da xornada foron as de Radjabov diante de Karjakin, a de Nakamura fronte a Gelfand e a de Giri sobre Kamsky. Con todo isto Aronian está na cabeza con medio punto de vantaxe sobre Carlsen e Radjabov e un sobre Caruana, Giri, Ivanchuk e Nakamura.
No grupo B a vitoria de Harikrishna sobre Timman fai que aumente a sua vantaxe ata un punto sobre Motylev. A un e medio Bruzón e L'Ami. O último deste grupo é o actual campión de Europa Potkin.
O líder do grupo C, Turov, cedeu o seu primeiro medio punto, pero como xogaba co segundo mantén as distancias, porque todos os perseguidores empataron.
A vitoria de Aronian:

Ningún comentario:

Publicar un comentario