xoves, 19 de xaneiro de 2012

- Wijk Aan Zee 2012 (R5) Non hai cambios na cabeza

Os dous primeiros remataron as súas partidas en táboas, polo que con 3,5 Carlsen e Aronian seguen na cabeza. Ivanchuk gañou con negras a Gashimov, polo que suma agora tres puntos e está xusto detrás, xunto a Caruana e Radjabov. Pecha a táboa Navara, que leva dúas táboas nun mal inicio.
No grupo B Harikrishna segue na cabeza, con Motylev a medio punto. Neste grupo hai moita igualdade, e varios xogadores pechan con 1,5.
Turov segue arrasando no grupo C, con 5 de 5, e soamente Tikkanen está a aguantar o ritmo, ainda que está a un punto. Para esquecer o que leva de torneo a GM Danielian, con un punto pechando a clasificación.
Onte foi xornada de descanso, e nela algúns decidiron xogar ao fútbol a pesares do frío, como podemos ver nestas fotos da páxina oficial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario