luns, 18 de xullo de 2011

- Campionato mundial de seleccións 2011

Na localidade china de Ningbo arrancou unha competición sen moita tradición, pero que reune a boa parte das primeiras figuras do xadrez mundial.
Xogan o actual campión, o anfitrión, os tres países do podium da olimpiada, un invitado e un representante de cada continente. Isto resulta Rusia, China, Armenia, Ucrania, Israel, Hungría, Azerbaijan, USA, Exipto e India.
Hai ausencias importantes, pero case todos os equipos levan o mellor que teñen.
Na primeira rolda hai que destacar como Armenia triturou a Israel e o bo resultado de Exipto, que perdeu pola mínima con Ucrania.

Ningún comentario:

Publicar un comentario