sábado, 23 de xullo de 2011

- Copa do Mundo 2011. Emparellamentos dos españois na primeira rolda

Xa son públicos os enfrontamentos da primeira rolda da copa do mundo que vai comezar o día 26 de agosto. Podense consultar todos os emparellamentos neste enlace.
Paco Vallejo vai ter que xogar co xove prodixio peruano Jorge Cori. O español é favorito cos seus 2724 contra os 2514, e moita experiencia de diferenza. Debería pasar sen problemas.
Alexei Shirov (2714) ten tamén un xogador de habla hispana como rival. O mexicano León Hoyos (2548) parece tamén un rival asequible para un experimentado Shirov que ten chegado moi lonxe neste tipo de probas.
O galego Iván Salgado cos seus 2626 puntos elo terá o rival máis complicado dos españois. O ruso Ernesto Inarkiev (2679) é favorito diante do xadrecista ourensán, pero no mes de novembro no Maxistral de Barcelona fixeron táboas e o galego sacoulle un punto na xeral, así que xa veremos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario