mércores, 20 de xullo de 2011

- Torneo Internacional de Biel 2011 (3R) Shirov gaña e Carlsen segue arriba

O español Shirov firmou a súa primeira vitoria en Biel, ante o italiano Caruana. Shirov foi acadando pequenas vantaxes nunha longa partida, ata que impúxose forzando unha rede de mate con dama e peón. Carlsen e Morozevich xogaron unha tensa partida, na que o noruegués parecía levar a iniciativa, pero o ruso defendeuse moi ben e remataron en táboas. Na partida de Pelletier contra Vachier-Lagrave o francés sacrificou unha calidade por motivos posicionais, ao estilo que fixera famoso a Petrosian, e non contento con iso, sacrificou un bispo, quedando con catro peones, un moi avanzado, por torre e algo de ataque, pero as brancas defendíanse ben e tivo que forzar táboas.

A posición corresponde a partida Shirov - Caruana. Nela o español xogou 63.Bg6+ e o italiano abandonou. A combinación é simple. Tras 63... Cxg6 non corresponde 64.fxg6 Rxg6 e queda moita partida. Shirov o que tiña en mente era a intermedia 64.Df7+ que obriga a 64... Rh8 e tras 65.fxg6 hai mate en h7.

Ningún comentario:

Publicar un comentario