martes, 30 de outubro de 2012

- A poucos días dos Campionatos Mundiais da Xuventude

Do 7 ao 19 de novembro en Eslovenia van celebrarse un ano máis os torneos mundiais de xóvenes, e neles haberá oito xogadores españois. Algúns deles son dos primeiros do ranking, e poderían acadar algunha medalla como sucedeu nos pasadors europeos.

luns, 29 de outubro de 2012

- Chega o Houdini 3

Acaba de sair a última versión do programa máis forte do momento, do programador Robert Houdart.
Desta vez o programa sae editado por Chessbase, a case 80 euros, precio bastante afastado do que costaba a versión 1.5 que era gratuita...

sábado, 20 de outubro de 2012

- Torneo Cidade de Barcelona do 23 ao 31 de outubro

Unha nova edición deste pechado, a número dezasete, que vai ter lugar no Casino de Barcelona desde o día 23 ata que remate o mes. Oito GM e dous MI loitarán polos 1.500 € que gañará o primeiro clasificado. O favorito é o holandes Sokolov, e poderemos ver en acción ao GM galego Iván Salgado. As partidas poderán seguirse en directo na web oficial todos os días a partires das 16:00.

venres, 19 de outubro de 2012

- O SOCAR campión de Europa por equipos

O equipo de Azerbaijan SOCAR foi o gañador do campionato europeo de clubes, empatado a puntos co San Petersburgo, pero con mellor desempate. Xogaron nel Radjabov, Grischuk, Mamedyarov, Kamsky e Safarly, actuando como capitán unha das lendas que quedan do xadrez soviético do século XX, Tukmakov.
O equipo español do Gros Xaque Taldea, con Van Wely, Bauer, Landa, Alejandro Franco, González de la Torre e Argandona rematou no posto 13º de 16. Na categoría feminina o equipo de Montecarlo non tivo rival e gañou con comodidade.

mércores, 17 de outubro de 2012

- Magnus Carlsen gañador do Grand Slam

O número un mundial tivo que gañar nas rápidas a Fabiano Caruana para levarse a edición 2012 do Grand Slam, que xogouse entre Sao Paulo e Bilbao. Os dous chegaron empatados a 17 puntos ao final do torneo, gañando o noruegués as dúas rápidas para repetir título un ano despois. Terceiro foi Aronian con 11 e cuarto Karjakin con 10. O campión mundial Anand fixo 9 puntos sen ser capaz de gañar partida, o mesmo que o colista Vallejo que rematou con 6 puntos.