luns, 28 de febreiro de 2011

- Lista de ELO de marzo. Cambio de líder

Novo cambio na cabeza da lista. Anand recupera a cabeza tras subir ata os 2817, que é o Elo máis alto que nunca tivo. O noruegués Carlsen mellora un punto, pero queda en 2815 a dous do campión mundial. Do baile dos seguintes postos hai que destacar a Ivanchuk, que subiu ata a quinta praza mellorando 15 puntos.
En canto aos xogadores españois por primeira vez Vallejo pasa por diante de Shirov. Con 2707 o mallorquín volve a rebasar a cifra de 2700 que perdera en xullo do 2010. Shirov deixouse 21 puntos, e con 2701 completa unha caida de 48 puntos dende setembro. O galego Iván Salgado confirma a terceira praza do ranking nacional chegando ata 2630.
No ranking feminino unha vez máis Judith Polgar é inalcanzable. Koneru mantén a segunda praza con 2607 e a campiona mundial Yifan Hou está a 5 puntos dela. A MI Alexandrova é a primeira española, seguida de Sabrina Vega e Mónica Calzetta.

venres, 25 de febreiro de 2011

- Información da FEGA dos campionatos galegos sub-14 e sub-18

Os torneos van ser organizados polo Círculo Ferrolán. Serán en Pontedeume do 5 ao 8 de marzo con partidas pola mañá e pola tarde.. Información oficial.

- Women Grand Prix Qatar 2011 (4R) Danielian suma e segue

Unha nova vitoria para Danielian, que leva xa 4 de catro. Hoxe a armenia batiu a Dzagnidze con negras nunha defensa eslava que derivou nunha posición de enroques opostos con ataques mutuos de peóns, pero o da xeorxiana non foi a ningures, mentres que o da armenia si tivo éxito. Danielian ten punto e medio de vantaxe sobre as súas perseguidoras, Fierro e Sebag. A favorita por Elo, a india Koneru, figura no grupo dos dous puntos, 50%, xunto a Cramling, Dzagnidze, Xu e Chiburdanidze. Con punto e medio temos a Zhu e Stefanova. A derradeira praza a comparten polo momento Mkrtchian e Muunguntul con un punto.

xoves, 24 de febreiro de 2011

- Proxecto de xadrez escolar en Lugo

Unha iniciativa interesante da que podemos ver os detalles na Tabla de Flandes. Enlace.

. Women Grand Prix Qatar 2011 (3R) Soamente queda unha xogadora na cabeza

A ecuatoriana Martha Fierro freou a Dzagnidze,  mentres Danielian gañou a Munguntuul. Tras estos resultados agora a armenia é a líder en solitario, con pleno nas tres roldas. Fierro, con brancacs, avanzou o seu ala de dama nunha catalana sen que a xeorxiana obtivese contraxogo e a partida rematou nun final de torres gañado pola primeira xogadora. Danielian presentou unha defensa francesa no taboleiro, e tras pasar algún apuro co seu rei nun sacrificio da súa rival, ao final pasou o peor e quedou con vantaxe material decisiva. A excampiona mundial Chiburdanidze por fin puntuou, gañando a chinesa Xu Yuhua.

mércores, 23 de febreiro de 2011

- Women Grand Prix Qatar 2011 (2R) Nova xornada de guerra

Das doce partidas xogadas neste torneo soamente dúas remataron en táboas. Hoxe outra vez cinco partidas das seis disputadas tiveron vencedora, e na cabeza do torneo quedan dúas xogadoras, Danielian e Dzagnidze, que levan pleno. Pola contra, a que fóra tantos anos a campiona do mundo, a xeorxiana Chiburdanidze, é a única que non conseguiu puntuar.

martes, 22 de febreiro de 2011

- Women Grand Prix (Qatar 2011) Primeiras sorpresas

A máxima favorita comeza con un 0. A india Koneru perdeu ca segunda favorita, a xeorxiana Dzagnidze, que obten un punto moi importante. Recordemos que esta xogadora masacrou a Vallejo no pasado Open de Gibraltar. Importante vitoria da ecuatorian Fierro, que é a única xogadora que non chega aos 2400, diante da qatarí (?) Zhu Chen, que xogou de manera lamentable un final de torres favorable.
Web oficial.

luns, 21 de febreiro de 2011

- Gran Prix feminino en Qatar

A FIDE vai desenvolver unha das probas do FIDE Women Grand Prix do 22 de febreiro ata o 5 de marzo en Qatar. Suponse que ao final da serie teremos un enfrontamento entre a gañadora do Grand Prix e a campiona do mundo. Ainda que vendo a evolución do equivalente masculino vai ti a saber...
As participantes:


Koneru, Humpy
GM
IND
Stefanova, Antoaneta
GM
BUL
Cramling, Pia
GM
SVE
Dzagnidze, Nana
GM
GEO
Sebag Marie
GM
FRA
Chiburdanidze, Maia
GM
GEO
Chen, Zhu
GM
QTR
Danielian, Elina
GM
ARM
Yuhua, Xu
GM
CHN
Batkhuyag, Munguntuul
WG
MGL
Fierro, Martha
IM
ECU
Mrktchian, Lilit
IM
ARM
 

xoves, 17 de febreiro de 2011

- Quang Liem Le vencedor do Open Aeroflot

Tras facer táboas na deradeira rolda e aproveitando a derrota de Cheparinov, o GM filipino acadou a vitoria en Moscú, empatado con Vitiugov e Tomashevsky a seis puntos e medio. Clasificación completa.
O GM Iván Salgado rematou o torneo sumando catro puntos e medio, e ocupando o posto 33. Tras un inicio moi bo, quedouse sen forzas ao final, facendo un punto nas derradeiras catro roldas.
O GM Daniel Alsina sumou catro puntos e rematou no posto 55. A pesar de quedar en negativo en canto a vitorias e derrotas sumará puntos no seu Elo.

mércores, 16 de febreiro de 2011

- Le e Cheparinov na cabeza no Aeroflot afalta de unha partida

Hoxe termina o Aeroflot, e na cabeza temos a Cheparinov que alcanzou a Le, que sufriu un traspés na súa carreira triunfal. Pero ata oito xogadores os acosan a medio punto, polo que a rolda final vai ser moi interesante.
Salgado ocupa agora o posto 21, o primeiro con catro puntos e medio. Alsina o 55 con tres e medio. A rolda final pode supoñer confirmar unha boa ganancia de Elo se sacan resultados positivos, e para Salgado ata algo de cartos. O problema e que Salgado xoga contra Vachier-Lagrave (2715), e Alsina contra Zhao (2599).

- Taimanov cumple 85 anos

O gran axedrecista ruso, e tamén un gran pianista, chega aos 85 anos. É un dos poucos dos grandes que quedan daquela Unión Soviética que dominou o xadrez do século XX case ao completo.
Bonita reportaxe en Chessbase, con fotos moi interesantes

domingo, 13 de febreiro de 2011

- Open Aeroflot (6R) Salgado 4 e Alsina 3. Líder o GM Le con 5

Cerca estivo Salgado de gañar na sexta rolda, como fixera na quinta contra Bologan (2693), pero despois de ter unha partida moi favorable cometeu algunhas imprecisións e o seu rival, Mamedov (2660), foi quen de forzar as táboas. Alsina perdeu na quinta rolda contra o chinés Yu (2607), pero recuperou terreo tras vencer na sexta rolda a Deviatkin (2573), e anda na parte media da clasificación.
Na cabeza segue o vietnamita Le, que tras gañar as catro primeiras partidas está a vivir das rentas e leva dous empates en poucas xogadas, que danlle a primeira praza con 5 puntos. Na sua procura hai varios xogadores a medio punto, Kasimdzhanov, Kobalia, Tomashevsky, Vitiugov e Khismatullin. Despois temos a unha morea de xogadores con 4 puntos, un deles Salgado.
O número 1 do rankig, Kamsky, foi derrotado novamente, e soamente ten tres dos seis puntos. Movsesian, que partía co número 2, ten 3,5. O líder partía no posto 19, e ningún dos seus perseguidores estaba entre os dez mellores. E que un torneo onde máis da metade pasa de lonxe dos 2600 ten estas cousas.
A páxina oficial segue a ser un desastre.

sábado, 12 de febreiro de 2011

- O Aberto de Ferrol o número 11 entre os abertos en España

A FEDA publicou unha lista na que establece un ranking entre os torneos abertos en España. O aberto que cada ano xógase en Ferrol aparece entre os primeiros clasificados. Lista.
Esta clasificación é feita pola Federación Española segun os criterios establecidos na seguinte circular, na que priman a forza dos xogadores participantes, os premios ou a difusión na prensa.

- Open Aeroflot. Táboas de Salgado e Alsina. O GM Le ten 4 de 4

Seguir este torneo está a ser moi difícil polo arrepiante funcionamento da web oficial, que ademáis está moi mal deseñada. Os españois fixeron unhas rápidas táboas contra rivais moi fortes e están a gañar uns cantos puntos elo polo momento. O vietnamita Quang Liem Le segue facendo pleno, e venceu a Kamsky, que dende que non ten cerca o seu pai é menos efectivo. A medio punto del Kobalia e Tomashevsky, e con tres puntos atopamos a sete xogadores. Como mostra da dureza da proba, o gañador do grupo C do Wijk Aan Zee fai nada, Vocaturo, soamente apañou unhas táboas en catro partidas.

venres, 11 de febreiro de 2011

- Novo record mundial de simultáneas

O GM iraní Ehsan Ghaem Maghami estableceu unha nova marca mundial de simultáneas de xeito individual, con 604 partidas. Información na FIDE.

Foto da FIDE

xoves, 10 de febreiro de 2011

- Open Aeroflot. Salgado 2 de 3 e Alsina 1,5 de 3

Tras o empate acadado con negras contra Volokitin o GM galego Iván Salgado ocupa a vixésimoprimeira praza na clasificación xeral do torneo que está a xogarse en Moscú, no grupo que está a un punto do líder, rendendo a 2744. Daniel Alsina perdeu a súa partida con Kobalia e ocupa o posto 49º, rendendo a 2644.
Na cabeza do torneo está en solitario o GM Le, que ten 3 de 3. A medio punto marchan Kamsky, Jakovenko, Tomashevsky... ata nove xogadores. Na cuarta rolda teremos un interesante Le - Kamsky, onde o GM vietnamita pode confirmar o seu bo momento. Salgado xogará na sexta mesa con brancas contra un óso de coidado, Movsesian. Alsina na mesa dezasete, con negras, vai ter tamén unha xornada complicada, Motylev.
As partidas do grupo A poden seguirse en directo na web oficial, a partires das 13:00.
Emparellamentos da rolda 4 e clasificación.

- Comezou o Open Aeroflot co GM Salgado e o GM Alsina

O torneo aberto máis forte do mundo arrancou en Moscú. Nove roldas con 125.000 € en premios. Como proba da forza do torneo podemos citar que están a xogar este aberto. Kamsky, Movsesian, Vachier-Lagrave, Jakovenko,Vitiugov... E estes son parte dos 87 xogadores do grupo A. Existe o grupo B para xogadores de Elo entre 2300 e 2549 e o grupo C para xogadores con Elo menor de 2300. Grupos para xogadores menos fortes... O ritmo de xogo ten dous controis e logo finish con incremento: 100'/40xog - 50'/20xog - 15'+30''inc. No torneo C o ritmo é ritmo FIDE.
Dous xogadores españois decidiron probar a aventura rusa, os GM's Alsina e Salgado. Hoxe ten lugar a terceira rolda, e os dous levan punto e medio, un gran resultado. Salgado gañou a ex-campiona mundial Kosteniuk (2498) na primeira rolda, e na segunda empatou con ex-campión mundial Kasimdzhanov (2681). O seu rival na terceira e Volokitin (2678), unha promesa hai anos que non chegou ata onde parecía que podía chegar.
Alsina non tivo rivais tan ilustres en canto a nome, pero dunha forza media superior. Táboas na primeira rolda con Khairullin (2640), e vitoria na segunda ante Mareco (2627). Na terceira vai xogar contra Kobalia (2666).
En canto ao torneo en xeral, soamente dous xogadores conseguiron dous de dous. Quang Liem Le e Luka Lenic, que como xogan entre eles na rolda tres soamente un xogador podería ter puntuación perfecta tras so tres roldas. 

martes, 8 de febreiro de 2011

- A FIDE publica a lista de novos titulados

Tres novos títulos de MI para xogadores españois: Héctor Mestre, Lluis Perpinya e Antonio Torrecillas. Dos títulos de GM destaca a oficialización do título de Illya Nyzhnyk de catorce anos.

xoves, 3 de febreiro de 2011

- Open de Gibraltar (Final) Un novo éxito para Ivanchuk

A piques de cumplir os 42 anos o gran mestre ucraniano Vassily Ivanchuk segue en plena forma, e acadou unha importante vitoria nun aberto moi forte como o de Gibraltar. Con oito partidas gañadas e dúas empatadas e un rendemento de 2968! o ucraniano non deu moitas opcións os seus rivais. Na segunda posición quedou o GM inglés Nigel Short, que tamén fixo un gran torneo, perdendo soamente co gañador, e finalizando soamente a medio punto del. 8,5 puntos e un gran rendemento, 2883. Na terceira praza o GM estonio Kulaots, que con un rendemento de 2750, quedou por diante do GM israelí Roiz, con rendemento de 2743. Os dous con 7,5 puntos, pero o rendemento era o criterio de desempate do torneo. Os seguiron Caruana, Dzagnidze, Gopal Gheeta, Vallejo, Harikrishna e Georgiev para completar os dez mellores.
Dos españoi o primeiro clasificado foi Vallejo. Con un final bastante bo, 3,5 de 4, recuperou algo do terreo perdido, e finalizou na oitava posición con 7 puntos e un rendemento de 2648 que vaille costar uns cantos puntos Elo que van poñer en perigo sair na próxima lista da FIDE por riba dos 2700. O GM Cabrera sumou un total de seis puntos, acabando no posto 53 con un mal rendemento, 2438. O MI Fernández Romero ao final sumou tamén 6 puntos, redendo a máis de 2500 e mellorando na táboa final bastantes postos respecto o seu ranking inicial. Gran torneo de Mónica Calzetta, que acadou 5,5 puntos e un rendemento de 2423 condo o seu Elo é de 2284.
O sistema de emparellamento deste torneo é un tanto peculiar, e permite que teñamos xogadores que para facer seis puntos teñan que rendir a 2505, e outros con rendir a 2270 tamén poidan sumar seis puntos, quedando por diante de moitos titulados internacionais. O sistema de reparto de premios establece un par de premios para o mellor rendemento en tramos de ELO, pero inda así habería que miralo mellor.

mércores, 2 de febreiro de 2011

- Open de Gibraltar (8R) Ivanchuk segue na cabeza

Con 7 puntos en oito roldas o ucraniano Ivanchuk mantén medio punto de vantaxe por riba de Short e Mikhalevski. Con 6 puntos varios xogadores: Fridman, Caruana, Harikrihsna, Bologan, Melia e Herdos. Hai que destacar a actuación do ilustre Korchnoi, rendendo a 2657 cando falta pouco máis de un mes para que cumpla oitenta anos. O mércores 2 o enfrontamento máis esperado é o Caruana - Ivanchuk na primeira mesa, seguido do que van ter os dous xogadores de seis e medio, o Short - Mikhalevski.
O mellor español é de momento o MI Ernesto Fernández Romero, con 5,5 puntos e con un rendemento de 100 puntos Elo maior do seu Elo actual. Vallejo ten 5 e un rendemento ao contrario que Romero, de 100 puntos Elo por debaixo do seu. Cabrera tamén ten 5 puntos, pero un rendemento do estilo de Vallejo. O mellor para España é a actuación da WGM Mónica Calzetta, con 4,5 puntos rendendo a 2459 cando o seu Elo é de 2284.
As partidas nas primeiras mesas poden seguirse na páxina do torneo, onde tamén hai o enlace para ver as clasificación completas. Web oficial.