xoves, 31 de marzo de 2011

- Campionato de Europa 2011 (8R) Seis xogadores na cabeza

Con seis puntos e medio sumados en oito partidas son seis os xogadores que están na cabeza do torneo. Os españois tiveron unha xornada tranquila, con a vitoria de Iván Salgado e tres táboas de Vallejo, que segue arriba con opcións, Alsina e Aloma. Hoxe poderían ter unha boa xornada porque todos levan brancas.
Clasificación xeral dos 20 primeiros:
Rk. 0NombreFEDEloPts. Des 1  Des 2  Des 3 
1RUSGMPotkin VladimirRUS26536.5288433.543.5
2AUTGMRagger MarkusAUT26146.5285929.538.5
3MDAGMIordachescu ViorelMDA26266.5282728.038.0
4ROUGMParligras Mircea-EmilianROU25986.5279531.541.0
5AZEGMMamedov RaufAZE26676.5275029.539.0
6RUSGMVitiugov NikitaRUS27206.5273130.039.5
7ESPGMVallejo Pons FranciscoESP27076.0285231.042.0
8HUNGMPolgar JuditHUN26866.0283028.038.5
9ROUGMNisipeanu Liviu-DieterROU26736.0278832.543.0
10UKRGMVolokitin AndreiUKR26776.0277931.542.0
11POLGMWojtaszek RadoslawPOL27116.0277630.041.0
12RUSGMKhairullin IldarRUS26346.0275531.039.5
13BLRGMZhigalko SergeiBLR26806.0275229.038.5
14FRAGMFeller SebastienFRA26576.0274328.539.0
15SRBGMIvanisevic IvanSRB26176.0273725.535.0
16RUSGMGabrielian ArturRUS25326.0273327.537.5
17ROUGMLupulescu ConstantinROU26266.0273128.038.0
18UKRGMKorobov AntonUKR26476.0272628.538.5
19ISRGMSutovsky EmilISR26926.0271529.540.0
20RUSGMNepomniachtchi IanRUS27296.0269529.039.5


mércores, 30 de marzo de 2011

- Campionato de Europa 2011 (7R) Vallejo segundo a medio punto

Xornada tranquila nas primeiras mesas do campionato, e todo segue igual. Potkin ten medio punto de vantaxe sobre un gran grupo de xogadores que suman cinco e medio.
Salgado fixo unhas novas táboas, e está en terra de ninguén con 4,5, o igual que Alsina. Aloma ten tres puntos. As partidas de hoxe son as seguintes, e poderanse seguir as dos tres GM españois en directo na páxina oficial.

8340FRAGMFeller Sebastien26575½5½GMVallejo Pons Francisco2707ESP9
840121RUSGMShimanov Aleksandr25504½4½GMSalgado Lopez Ivan2630ESP57
846134ESPGMAlsina Leal Daniel25384½4½GMMacieja Bartlomiej2619POL69
8134281MNCVillegas Pierre224633IMAloma Vidal Robert2434ESP194

Web oficial. Resultados en ChessResults.

luns, 28 de marzo de 2011

- Campionato de Europa 2011 (6R) Gañan Vallejo e Salgado. Potkin segue líder

O ruso Potkin fixo táboas con Nisipeanu e mantén o liderato en solitario no Campionato de Europa 2011 que estase a xogar en Francia. Nas dúas seguintes mesas os resultados foron tamén de táboas polo que ninguén podía sumar tantos puntos como o ruso: 5,5 de 6.
Vallejo nesta rolda foi o que sufriu un ataque con sacrificio de material, pero conseguiu rexeitalo e o seu rival, o ruso Romanov tivo que renderse. O galego Iván Salgado tamén superou a un GM ruso, Levin, e ten agora catro puntos. O MI Aloma tiña tamén un rival ruso, Kurnosov, de 2655, e perdeu con negras. Alsina firmou táboas co  MI holandés Miedema. A rolda de hoxe para os españois é a seguinte:
Rd.M.No. 0NombreEloPts.Res.Pts.0NombreElo No.
729ESPGMVallejo Pons Francisco270755GMIordachescu Viorel2626MDA59
74357ESPGMSalgado Lopez Ivan263044IMDembo Yelena2457GRE183
7133194ESPIMAloma Vidal Robert24342½2½Chapman Terry P D2242ENG282
786257LUXSerban Vlad22873½3½GMAlsina Leal Daniel2538ESP134

Web oficial e resultados en ChessResults

domingo, 27 de marzo de 2011

- Campionato de Europa 2011 (5R) Abraiante vitoria de Vallejo

A quinta rolda do torneo europeo deixounos unha gran partida do GM Vallejo, partida na que o caos apoderouse do taboleiro, e o seu rival non foi quen de atopar a defensa precisa, o máis lóxico porque ata os ordenadores pérdense na análise. Deste xeito leva catro puntos de cinco e ocupa a quinta praza.
Alsina perdeu un final de torres, o que o deixa con tres puntos, os mesmos que Salgado, que fixo unhas novas táboas, igual que Aloma. Aloma queda con dous e medio e o posto 226º.
Na cabeza do torneo tempos ao GM Potkin, que é xa o único que conta partidas pos vitorias. Tras del Wing, Parligras e Nisipeanu teñen catro e medio. Despois Vallejo encabeza o grupo dos de catro.

A posición na que Vallejo iniciou o ataque definitivo foi esta. Papaioannou acababa de mover o seu cabalo do rincón, con 20...Cg3. As máquinas indican que 20...b5 era a única para poder salvarse.

Vallejo non perdeu nin un tempo, e fixo 21.Da5+. A resposta 21... b5 atopouse ca liña 22.Bxb5+, axb5 23.Dxb5, Rd8 24.Aa5+, Txa5 25.Dxa5 e co rei atrapado no centro pouco despois o grego rendiuse por non poder salvar o mate.

venres, 25 de marzo de 2011

- Campionato de Europa 2011 (4R) Tres táboas e unha derrota dos españois

Unha xornada discreta dos representantes que temos no Campionato de Europa. Táboas de Vallejo e Salgado con negras contra rivais en teoría non tan fortes como eles. Con brancas Alsina sacou unhas táboas cun ruso de máis de 2600, o que non é del todo malo. O MI Aloma perdeu con un grego de máis de 2600, un resultado máis ou menos lóxico.
Tras as catro primeiras roldas soamente dous xogadores teñen o pleno, os rusos Potkin e Savchenko, que xogarán a quinta partida entre eles. As partidas dos xogadores españois serán as seguintes:

Rd.M.No. 0NombreEloPts.-Pts.0NombreElo No.
5159ESPGMVallejo Pons Francisco270733GMPapaioannou Ioannis2605GRE80
55957ESPGMSalgado Lopez Ivan26302½2½GMLibiszewski Fabien2481FRA169
53661CROGMSaric Ivan262633GMAlsina Leal Daniel2538ESP134
5116194ESPIMAloma Vidal Robert243422FMDietmayer-Kraeutler Marco2251AUT278

Outra vez Alsina ten un rival por riba dos 2600. Salgado con brancas debería tentar sumar o punto enteiro, ao igual que Aloma e Vallejo. As 50 primeiras partidas poden seguirse en directo na páxina oficial todos os días as 15:00.
Resultados en ChessResults.

- Campionato de Europa 2011 (3R) Os españois comezan de forma aceptable

Tras xogarse as tres primeiras roldas o GM Vallejo e o GM Alsina teñen dous puntos e medio, mentres o GM Salgado e o MI Aloma teñen dous. Os enfrontamentos que teñen hoxe son os seguintes.

Rd.M.No. 
NomeEloPts.ResultadoPts.0NomeElo No.Grupo
4875CROGMStevic Hrvoje26112½2½GMVallejo Pons Francisco2707ESP9
426134ESPGMAlsina Leal Daniel25382½2½GMKhairullin Ildar2634RUS55
46880GREGMPapaioannou Ioannis260522IMAloma Vidal Robert2434ESP194
456167GEOIMPaichadze Luka248722GMSalgado Lopez Ivan2630ESP57

Na cabeza do torneo están 12 xogadores con 3 puntos, ningún deles dos 20 primeiros do ranking inicial, pero este é un torneo moi longo.