xoves, 28 de marzo de 2013

Candidatos Londres 2013 (R11) Kramnik achégase a Carlsen e supera a Aronian

A undécima rolda trouxo un novo empate rápido, desta ven entre Ivanchuk e Gelfand. O líder Carlsen tamén fixo unhas táboas bastante rápidas contra Grischuk, e quedaba a espera das restantes partidas para ver se seguía como líder en solitario. Na partida Svidler - Aronian o resultado foille favorable, porque o ruso batiu a defensa Nimzoindia do armenio. Na partida Kramnik - Radjabov as cousas forin contrarias aos intereses do líder, con Kramnik dando boa conta do azerí, e deste xeito deixou a distancia no mínimo, medio punto. Tamén serviule a Kramnik para superar a Aronian, que queda terceiro a un punto do noruegués.
Na seguinte rolda encontro terceiro contra segundo, onde Aronian pode tratar de recuperar a segunda posición, como o máis importante da xornada.

mércores, 27 de marzo de 2013

Candidatos 2013 (R10) Gañan os de arriba con Carlsen facendo unha obra de arte

Na décima rolda gañaron os tres de arriba, polo que sen lugar a dúbidas o gañador sairá de entre un deles. O resto están afastados e algúns parece que xa non o van tentar.
O líder cando comenzou a xornada era Carlsen, que tiña diante a un Gelfand que estaba subindo no torneo tras arrancar mal. O noruegués empregou outra vez a Rossolimo contra a siciliana, colleu a iniciativa  para mellorar pouco a pouco a súa posición ata gañar un peón.  O israelí tentou recuperarse, pero asistimos a unha lección maxistral de transformación de vantaxes dun tipo en outro e ao final, como case sempre, punto para Carlsen.


Aronian, o segundo da táboa a medio punto, xogaba con brancas e tiña diante a un Ivanchuk que segue a usar variantes raras en aperturas secundarias. A partida derivou nun intercambio de golpes tácticos con todo a piques de saltar polo aire, e o primeiro en non acertar foi o ucraniano, dando a vitoria a Aronian que mantivo a diferenza con Kramnik por abaixo e Carlsen por arriba.
Kramnik sacou de paseo a Berlinesa contra Grischuk, igualando doadamente a iniciativa que teñen as brancas polo dereito a mover primeiro. Ca partida nivelada Grischuk tivo un erro calculando nunha posición morta, estivo apurado de tempo dende a apertura, e entrou nun final de peóns perdido que Kramnik rematou sen atranco algún.

Radjabov e Svidler deron por finalizado o torneo, grave no caso do ruso, facendo unha partida de trámite para que non se poida decir que non xogaron. Táboas en menos de 20 xogadas e a pasear por Londres.

Na seguinte rolda teremos as seguintes partidas:
SNo.NameRtgRes.NameRtgSNo.
6GMGrischuk Alexander2764-GMCarlsen Magnus28728
5GMKramnik Vladimir2810-GMRadjabov Teimour27937
4GMSvidler Peter2747-GMAronian Levon28091
3GMIvanchuk Vassily2757-GMGelfand Boris27402

Campionato galego absoluto 2013 - Tras catro roldas mandan Pablo Fernández Borrego, Óscar de Prado e Fernando Sánchez Aller

Tres xogadores contan as súas partidas por vitorias no campionato galego absoluto 2013 tras xogarse catro roldas. Son os MF Pablo Fernández Borrego, Óscar de Prado e Fernando Sánchez Aller. A un punto deles  un numeroso grupo de catorce xogadores con 3 puntos.

martes, 26 de marzo de 2013

Candidatos 2013 (R9) Carlsen sálvase de milagre e Aronian cae

Kramnik tivo a Carlsen contra as cordas, pero o noruegués conseguiu empatar un final con peón de menos salvando unha posición no medio xogo onde estaba moito peor. Pero o ruso non rematou e perder unha opción inmellorable de meterse de cheo na loita polo torneo.
Aronian tiña a oportunidade de poñerse por diante, pero non gañou. Máis que iso, perdeu con Gelfand, que fixo unha gran partida combinando para lograr un peón en sétima ao sair da apertura e con gran técnica foi mellorando a súa posición ata gañar a partida.
Deste xeito Carlsen é o líder con medio punto de vantaxe sobre Aronian e mantén o punto sobre Kramnik.
Svidler e Grischuk xogaron unha partida moi interesante onde o primeiro sacrificou a dama por tres pezas menores, e o segundo tivo que aproveitar a maior movilidade desta peza para acadar as táboas. Ivanchuk conseguiu saír do derradeiro posto tras gañar a Radjabov, que é quen agora pecha a clasificación. As partidas:


domingo, 24 de marzo de 2013

Candidatos 2013 (R8) Decepcionante partida entre Carlse e Aronian

O encontro entre os dous líderes, Carlsen e Aronain, foi unha partida sen emoción, con cambio masivo de pezas, sen que ningún dos dous tentase facer algo para deixar ao outro tocado na loita polo torneo. Na xogada 41, en menos de tres horas de xogo, acordaron táboas nunha posición morta, mentras as outras partidas estaban en plena apertura.
O israelí Gelfand conseguiu a súa primeira vitorias tras gañar a Radjabov, que era a posible sorpresa do torneo antes do seu comezo, pero está a quedar en nada. O mesmo fixo Kramnik ante Svidler, que o acerca aos primeiros, aínda que está a un punto e ten que xogar cos dous. Outro que gañou a súa primeira partida foi Grischuk, a costa de Ivanchuk que agora é o pechacancelas.

sábado, 23 de marzo de 2013

Candidatos 2012 (R7) Catro táboas pechan a primeira volta

Unha rolda con todo empates para pechar a primeira volta. Agás na Kramnik - Gelfand no resto das partidas as posicións eran xogables moito máis, pero parece que hoxe non había gañas de loita.
Tras as primeiras sete partidas quedan na cabeza Carlsen e Aronian con 5 puntos, e a seguinte partida na que xogan entre eles pode marcar o torneo. Tras deles Kramnik, que soamente fixo táboas neste torneo, e Svidler con 3,5. Grischuk e Radjabov teñen 3 e Ivanchuk e Gelfand 2,5.
Web oficial.

venres, 22 de marzo de 2013

Candidatos 2013 (R6) Carlsen e Aronian gañan e distancianse do resto

Parece que o retador de Anand será ou Carlsen ou Aronian. Tras seis roldas están empatados con +3 =3 -0, sacando punto e medio a Kramnik e Svidler que son os seguintes e levan o 50% dos puntos.
Carlsen con negras derrotou a Svidler na apertura española, logrando unha pequena vantaxe que foi incrementando ata que o ruso errou e deixouse unha peza.
Tamén con negras e nunha española Aronian derrotou a Radjabov. O azerí montou un ataque contra o rei do armenio, que o rexeitou sen atrancos. Depois pasou o que na partida de Carlsen, na que as brancas baixo presión deixaronse material.
Na partida entre Kramnik e Ivanchuk o ruso sacrificou calidade primeiro e logo unha peza para atacar ao rei rival, pero quedouse sen recursos para poder rematar a combinación e forzou as táboas por contínuo tras unha defensa exacta do ucraniano.
Grischuk - Gelfand foi unha partida longa cos dous xogadores tentando romper o equlibrio. Tamén as brancas atacaron ao rei nesta partida, pero a contra das negras foi suficiente para lograr táboas por contínuo.
Mañá rematará a primeira volta tras o día de lecer de hoxe, e haberá que ver se algún xogador acércase á cabeza ou na segunda todo será cousa de dous.

xoves, 21 de marzo de 2013

A FEGA publica os inscritos nos Campionatos Galegos

Na Semana Santa en Padrón. Listaxe da FEGA.

Candidatos 2013 (R5) Moita loita pero todo táboas

Unha rolda de partidas longas, agás a Svidler - Gelfand, que rematou con unha posición con todo por xogar na 31. Ivanchuk e Carlsen xogaron un final de cabalo e peóns que rematou tras esgotar todas as opcións de desnivelar. Aronian con negras salvou un final con dous peóns de menos contra Kramnik grazas aos bispos de diferente cor, e Radjabov con negras sacrificou unha peza por dous peóns para tratar de gañar con tres pasados e unidos, pero Grischuk foi moi preciso e empatou.

martes, 19 de marzo de 2013

Torneo de Candidatos 2013 (R4) Carlsen empata con Aronian na cabeza

Na cuarta rolda o líder Aronian foi neutralizado doadamente por Svidler, que aceptou o gambito de dama e igualou sen atrancos moi rápido.
Carlsen levaba brancas contra Grischuk, e a súa apertura española deixou o ala de dama todo para él. O ataque do ruso contra o rei das brancas foi un completo fracaso e tivo que abandonar moi rápido.
Na partida entre Gelfand e Ivanchuk os dous cargaronse de tempo moi axiña, O ucraniano montou un ataque directo contra o rei do israelí sacrificando peza, e o taboleiro encheuse de problemas tácticos con pouco tempo no reloxo. Un xaque continuo puso fin á partida.
Radjabov e Kramnik xogaron unha partida na que tras cambiar varias pezas ao principio, comenzaron a dar voltas a unha posición igualada. Ao final, tras moitas xogadas tentando lograr unha mínima vantaxe repetiron posicións e acordaron táboas.
Na clasificación mandan Carlsen e Aronian con 3 de 4. Tras deles Svidler con 2,5 e logo Kramnik, Radjabov con 2. Grischuk ten 1,5 e pechan Gelfand e Ivanchuk con 1.

domingo, 17 de marzo de 2013

Candidatos 2013 (R3) Aronian colle a dianteira

O armenio Levon Aronian derrotou con negras a Ivanchuk, e suma 2,5 de tres por 0,5 do ucraniano. A medio punto del quedan Peter Svidler e Magnus Carlsen, que derrotaron a Radjabov e a Gelfand, quedando o azerí con 1,5 e o israleí con 0,5. Kramnik fixo táboas con Grischuk e os dous suman 1,5.

venres, 15 de marzo de 2013

Torneo de Candidatos 2013 (R1) Moito medo de saída

Catro partidas e catro táboas con partidas moi prudentes de todos os xogadores. Táboas entre dous dos favoritos na Aronian - Carlsen. O outro favorito, Kramnik, fixo táboas rápidas con Svidler. Máis empates en Ivanchuck - Grischuk e Gelfand - Radjabov.

Ucrania gaña o mundial feminino por equipos

En Astana dez países disputaron o Campionato Mundial feminino por equipos, resultando gañador e medalla de ouro Ucrania, por diante de China prata e Rusia bronce. A táboa final:

RankTeam12345678910MPPts.Res.SB.
1UKRAINE*3233241624½0136,25
2CHINA1*233341525½0118,00
3RUSSIA22*23413240104,75
4GEORGIA112*2331221½087,50
5INDIA12*232918062,25
6USA½½2*222815½063,00
7KAZAKHSTAN1112*23615½036,00
8ROMANIA21½1222*22614½047,25
9FRANCE0½½½22*412024,00
10TURKEY00112½*1907,25

Web da FIDE.

mércores, 6 de marzo de 2013

Torneo de Candidatos 2013 en Londres

Dentro duns días comezará o torneo para decidir quen será o retador de Anand pola coroa mundial. Oito xogadores tomarán parte, posiblemente un dos cadros máis fortes que se poden xuntar no momento: Carlsen, Kramnik, Aronian, Radjabov, Grischuk, Ivanchuk, Svidler e Gelfand. As partidas comezarám o día 15 de marzo e rematarán o 1 de abril, tras 14 roldas nun pechado a ida e volta.
Con este toneo voltamos á clasica forma de decidir ao retador na metade do século XX, como foron  os torneos de Zurich ou de Curazao.

luns, 4 de marzo de 2013

Caruana gaña o Zurich Chess Challenger 2013

Tras gañar a Gelfand na derradeira rolda o italiano Fabiano Caruana con +2 rematou na cabeza do torneo. Anand venceu a Kramnik na derradeira rolda, o que serviulle para acabar á par. Gelfand e Kramnik remataron con -1.
Web oficial.