A canaria Sabrina Vega acadou o maior éxito do xadrez feminino español tras obter a medalla de plata no Europeo 2016 xogado en Constanta, Rumania. A gañadora do torneo foi a ucraniana Ushenina con 8,5 puntos, os mesmos que acadou Vega, pero con mellor desempate. A búlgara Stefanova levouse o bronce. A outra española, Ana Manadze, rematou no posto 11º.
sábado, 11 de xuño de 2016
mércores, 8 de xuño de 2016
Viktor Korchnoi morreu aos 85 anos
Unha das lendas do xadrez, Viktor Korchnoi, morreu o 6 de xuño de 2016. Foi catro veces campión da URSS, e tras escapar de alí o foi cinco de Suiza e unha de Holanda. Xogou duas veces contra Karpov polo título mundial (1978 e 1981), e outra máis na final de candidatos de1975 na que Karpov foi logo campión pola renuncia de Fischer.
luns, 23 de maio de 2016
O ruso Inarkiev campión europeo 2016
Rematou o Campionato de Europa de Xadrez 2016. Xogouse en Gjakova, cidade pertencente a Kosovo, do 12 ao 23 de maio.
Tras sumar de 9 puntos sobre 11 o GM Ernesto Inarkiev proclamouse campión. Na segunda praza clasificou o GM letón Kovalenko, a medio punto do gañador. Na terceira praza quedou o xeorxiano Jobava, encabezando o grupo de tres xogadores que anotaron oito puntos.
O mellor dos españois foi Vallejo, que logrou unha moi boa quinta praza, formando parte dese grupo de xogadores que remataron a competición con oito puntos. Tamén foi boa a actuación de Iván Salgado e de David Antón, os dous con 7,5 puntos e os postos 17º e 19º.
Os 20 primeitos:
Rk. | SNo | Name | Typ | sex | Gr | Rtg | Pts. | TB1 | TB2 | TB3 | TB4 | TB5 | Rp | n | w | we | w-we | K | rtg+/- | |||
1 | 12 | GM | Inarkiev Ernesto | ACP | RUS | 2686 | 9,0 | 0,0 | 72,5 | 77,5 | 6 | 7,0 | 2882 | 11 | 9 | 6,41 | 2,59 | 10 | 25,9 | |||
2 | 37 | GM | Kovalenko Igor | ACP | LAT | 2644 | 8,5 | 0,0 | 67,0 | 71,5 | 5 | 7,0 | 2787 | 11 | 8,5 | 6,38 | 2,12 | 10 | 21,2 | |||
3 | 26 | GM | Jobava Baadur | ACP | GEO | 2661 | 8,0 | 0,0 | 73,5 | 78,0 | 5 | 6,0 | 2791 | 11 | 8 | 6,06 | 1,94 | 10 | 19,4 | |||
4 | 1 | GM | Navara David | CZE | 2735 | 8,0 | 0,0 | 72,5 | 78,5 | 5 | 6,0 | 2796 | 11 | 8 | 7,14 | 0,86 | 10 | 8,6 | ||||
5 | 5 | GM | Vallejo Pons Francisco | ACP | ESP | 2700 | 8,0 | 0,0 | 71,0 | 77,0 | 5 | 5,0 | 2777 | 11 | 8 | 6,94 | 1,06 | 10 | 10,6 | |||
6 | 2 | GM | Wojtaszek Radoslaw | ACP | POL | 2722 | 7,5 | 0,0 | 76,0 | 82,0 | 6 | 5,0 | 2763 | 11 | 7,5 | 6,83 | 0,67 | 10 | 6,7 | |||
7 | 16 | GM | Piorun Kacper | ACP | POL | 2681 | 7,5 | 0,0 | 69,0 | 74,5 | 5 | 5,0 | 2708 | 11 | 7,5 | 6,96 | 0,54 | 10 | 5,4 | |||
8 | 8 | GM | Fressinet Laurent | ACP | FRA | 2692 | 7,5 | 0,0 | 68,5 | 73,5 | 5 | 5,0 | 2734 | 11 | 7,5 | 6,84 | 0,66 | 10 | 6,6 | |||
9 | 60 | GM | Goganov Aleksey | ACP | RUS | 2600 | 7,5 | 0,0 | 68,5 | 71,0 | 5 | 5,0 | 2734 | 10 | 6,5 | 4,54 | 1,96 | 10 | 19,6 | |||
10 | 36 | GM | Dubov Daniil | U20 | ACP | RUS | 2644 | 7,5 | 0,0 | 68,0 | 73,0 | 5 | 4,0 | 2728 | 10 | 6,5 | 5,36 | 1,14 | 10 | 11,4 | ||
11 | 3 | GM | Vitiugov Nikita | ACP | RUS | 2721 | 7,5 | 0,0 | 67,0 | 72,5 | 5 | 5,0 | 2732 | 11 | 7,5 | 7,29 | 0,21 | 10 | 2,1 | |||
12 | 13 | GM | Cheparinov Ivan | BUL | 2685 | 7,5 | 0,0 | 67,0 | 72,0 | 5 | 5,0 | 2691 | 11 | 7,5 | 7,30 | 0,20 | 10 | 2,0 | ||||
15 | GM | Najer Evgeniy | ACP | RUS | 2681 | 7,5 | 0,0 | 67,0 | 72,0 | 5 | 5,0 | 2693 | 10 | 6,5 | 6,35 | 0,15 | 10 | 1,5 | ||||
14 | 43 | GM | Hovhannisyan Robert | ARM | 2632 | 7,5 | 0,0 | 66,5 | 70,5 | 5 | 4,0 | 2682 | 11 | 7,5 | 6,61 | 0,89 | 10 | 8,9 | ||||
15 | 33 | GM | Zhigalko Sergei | ACP | BLR | 2647 | 7,5 | 0,0 | 66,0 | 71,0 | 5 | 5,0 | 2691 | 11 | 7,5 | 6,72 | 0,78 | 10 | 7,8 | |||
72 | GM | Palac Mladen | CRO | 2577 | 7,5 | 0,0 | 66,0 | 71,0 | 5 | 5,0 | 2671 | 11 | 7,5 | 5,90 | 1,60 | 10 | 16,0 | |||||
17 | 50 | GM | Salgado Lopez Ivan | ESP | 2618 | 7,5 | 0,0 | 66,0 | 69,5 | 5 | 5,0 | 2686 | 11 | 7,5 | 6,31 | 1,19 | 10 | 11,9 | ||||
18 | 24 | GM | Dreev Aleksey | ACP | RUS | 2662 | 7,5 | 0,0 | 65,5 | 70,5 | 6 | 5,0 | 2663 | 11 | 7,5 | 7,34 | 0,16 | 10 | 1,6 | |||
19 | 51 | GM | Anton Guijarro David | ACP | ESP | 2616 | 7,5 | 0,0 | 65,5 | 69,5 | 5 | 4,0 | 2671 | 11 | 7,5 | 6,45 | 1,05 | 10 | 10,5 | |||
20 | 94 | GM | Stupak Kirill | BLR | 2535 | 7,5 | 0,0 | 65,5 | 68,5 | 6 | 5,0 | 2672 | 10 | 6,5 | 4,48 | 2,02 | 10 | 20,2 |
venres, 29 de abril de 2016
Magnus Carlsen gaña o Norway Chess 2016
Tras gañar na derradeira rolda a Eljanov o campión mundial Magnus Carlsen levouse o Norway Chess deste ano, con medio punto por diante de Aronian. Tras deles a un punto da cabeza Vachier-Lagrave, Topalov e Kramnik.
venres, 8 de abril de 2016
luns, 28 de marzo de 2016
O ruso Karjakin gañador do Torneo de Candidatos Moscú 2016
Tras gañar na derradeira rolda ao americano Caruana o ruso de orixe ucraniana Sergei Karjakin será quen se enfronte a Magnus Carlsen en Nova York a finais de ano polo título de campión mundial.
Karjakin e Caruana xogaban na derradeira rolda entre eles chegando empatados a puntos, co indio Anand a medio e que podía alcanzalos. Polo sistema de desempate Karjakin era o gañador do torneo se gañaba ou empataba e Anand non gañaba a Svidler e provocaba triple empate na cabeza. En caso de triple empate o gañador era Caruana.
Caruana arriscou ca apertura, e chegouse a unha posición pouco clara no medio xogo. Anand acordou táboas, co que Caruana tiña que gañar para ser campión. Nos apuros de tempo para o control, Caruana tivo un erro táctico que aproveitou Karkajin para obter ataque de mate sacrificando peza e gañar a partida.
sábado, 19 de marzo de 2016
Candidatos Moscú 2016 (R7) Aronian e Karjakin mandan á metade do torneo
Chegouse ao ecuador do torneo de candidatos de 2016, de onde ten que sair o retador que se enfrentara a Carlsen en Nova York. Tras sete roldas o armenio Aronian e o ruso Karjakin encabezan a táboa con 4,5 puntos. A medio punto deles atópase o indio Anand, e a un punto da cabeza o americano Caruana e o holandés Giri. Con 3 puntos o americano Nakamura e o ruso Svidler parten con grande desvantaxe para tentar acadar algo na volta do torneo. O búlgaro Topalov leva 2 puntos en ninguén conta xa con el.
xoves, 17 de marzo de 2016
Yifan Hou novamente campiona mundial
A chinesa Yifan Hou cumpriu os pronósticos e derrotou con claridade a Mariya Muzichuk por 6-3 (+3 =6 -0) no match disputado en Lviv, Ucrania, neste mes de marzo de 2016.
domingo, 13 de marzo de 2016
Candidatos Moscúa 2016 (R3) Aronian gaña a Topalov para empatar na cabeza
Nas partidas da terceira rolda houbo máis loita que na xornada anterior, ainda que tres das catro remataron en empate.
Aronian con negras cazou na apertura a Topalov, que quedou perdido moi pronto e por máis que o tentou o búlgaron non foi quen de salvar a partida. Nakamura sufriu para facer táboas con Svidler tendo un peón de menos nun final de torre, pero salvou a partida. Anand e Caruana acordaron táboas tras tentar deequilibrar no medio xogo, pero tras cambiarse todo optaron por firmar o empate. Giri sacrificou unha peza no enroque de Karjakin, pero non era para atacar, senon para forzar táboas por repetición.
De cara a cuarta partida Anand, Karjakin e Aronian teñen dous puntos. Caruana, Svidler e Giri un e medio, un ten Nakamura e medio Topalov.
sábado, 12 de marzo de 2016
Candidatos Moscú 2016 (R2) Karjakin gaña e únese a Anand na cabeza
O ruso Karjakin aproveitou o agasallo de Nakamura, que errou nun sacrificio co que iniciaba un ataque e tivo que abandonar. Svidler e Topalov cambiaron pezas moi rápido e a partida rematou en táboas sen chegar as 30 xogadas. Aronian e Anand acordaron táboas cando a partida entrou nun final de bispos de diferente cor e onde o peón de máis do indio non servia de nada. A cuarta partida da rolda foron as táboas entre Caruana e Giri, na que as táboas se acordaron xusto ao chegar ao final de torres.
Tras a segunda rolda Anand e Karjakin teñen 1,5 puntos, Svidler, Giri, Aronian e Caruana levan un punto, e pechan Nakamura e Topalov con 0,5 puntos.
venres, 11 de marzo de 2016
Candidatos Moscú 2016 (R1) Anand ponse primeiro
Tras xogarse a primeira rolda do torneo o actual subcampión mundial, o indio Anand, é o líder tras se o único capaz de gañar a súa partida, que foi diante do excampión Topalov. Nas outras partidas táboas en partidas sen moito perigo no encontro entre americanos Nakamura-Caruana e no encontro entre rusos Karjakin-Svidler. Aronian si que tivo que facer unha gran labor defensiva diante de Giri, calculando con precisión un final de peóns no que tiña un de menos.
Torneo de Candidatos Moscú 2016
Oito xogadores van loitar por ser o aspirante ao título de Magnus Carlsen. Anand, Aronian, Caruana, Giri, Karjakin, Nakamura, Svidler e Topalov xogarán un pechado de catorce roldas para decidir en Moscú quen debe retar ao campión mundial.
xoves, 10 de marzo de 2016
Open Aeroflot 2016 - O ruso Evgeniy Najer gañador
Un dos torneos abertos máis fortes do ano, xogado en Moscú, foi para un xogador do país, o GM Najer, que rematou empatado co israelí Boris Gelfand. Ambolosdous fixeron 6,5 puntos pero o desempate favoreceu ao ruso.
O polaco Bartez foi terceiro encabezando o grupo de oito perseguidores a medio punto da cabeza. O español Vallejo partía como o oitavo cabeza de serie, pero soamente acadou o posto trinta. Tampouco foille moito mellor a David Antón, que partía no posto 21º e rematou no 64º.
Mundial Feminino 2016 (R6) Yifan Hou acada a segunda vitoria
Tras xogarse seis das dez partidas das que consta o match a excampiona mundial Yifan Hou vai por diante por 4-2. A campiona Mariya Muzichuk ten que gañar a metade das partidas que faltan se quere chegar ao desempate, o que parece pouco probable tras o xogo visto ata agora.
xoves, 3 de marzo de 2016
Comezou o match polo mundial feminino en Ucrania
Na localidade ucraniana de Lviv vai ter lugar o match polo título mundial feminino de xadrez. A actual campiona é Mariya Muzychuk, que vai defender o título diante de Yifan Hou. Tras as dúas primeiras partidas os pronósticos estanse a confirmar e a aspirante xa vai diante por 0,5 - 1,5, tras un empate rápido na primeira partida e unha segunda na que a campiona foi superada claramente.
domingo, 7 de febreiro de 2016
Nakamura gañou o Open de Gibraltar
O estadounidense Nakamura rematou o Open de Gibraltar 2016 con 8 puntos, empatado co francés Vachier-Lagrave. No desempate Nakamura alzouse ca primeira plaza. Tras deles seis xogadores empataron con 7, 5 puntos. A destacar a actuación de Anand, que deixouse 21 puntos de elo.
martes, 2 de febreiro de 2016
Magnus Carlsen gaña o Tata Steel Chess 2016
Facendo 9 puntos dos 14 posibles o campión mundial de xadrez Magnus Carlsen foi o gañador do primeiro torneo importante do ano, o Tata Steel Chess xogado na localidade holandesa de Wijk Aan Zee. Tras el quedaron empatados dous xogadores, Fabiano Caruana e Ding Liren, que fixeron 8 puntos. Con 7 puntos remataron Wesley So, Anish Giri e Pavel Eljanov.
martes, 26 de xaneiro de 2016
Tata Steel Chess 2016 (R9) Carlsen máis líder
Tras gañar a Adams na novena rolda Magnus Carlsen suma 6,5 puntos e encabeza a táboa do torneo en Wijk Aan Zee. Tras del está Caruana con un punto menos, e despois catro xogadores empatan a un e medio do líder.
sábado, 23 de xaneiro de 2016
Tata Steel Chess 2016 (R7) Caruana e Carlsen na cabeza á metade do torneo.
Magnus Carlsen e Fabiano Caruana comparten a cabeza do Tata Steel Chess 2016 tras xogarse sete das trece partidas das que consta a competición, os dous con 5 puntos. Tras deles, a un punto, estan Wesley So, Ding Lireng e Anish Giri.
sábado, 16 de xaneiro de 2016
Comenzou en Wijk Aan Zee o Tata Steel Chess 2016
O primeiro torneo importante do ano, o Tata Steel Chess, púxose en marcha en Holanda, con Carlsen como favorito, seguido de Giri, Caruana e Wesley So.
Na primeira rolda táboas entre Carlsen e Navara, igual que na partida entre Yi Wei e Tomashevski. Wesley So deu conta de Giri, o mesmo que Caruana de Eljanov. Yifan Hou e Karjakin empataron, o mesmo que Mamedyarov e Van Wely. Ding Lireng derrotou a Adams.
domingo, 3 de xaneiro de 2016
A FEGA publica a información para os campionatos proviciais do 2016
Toda a información referente aos campionatos de cada unha das provincias galegas está nos enlaces desta páxina. Desta volta, na provincia da Coruña, haberá que ir a Santiago os días 9 e 10 de xaneiro.
Primeira lista de Elo 2016
Na primeira lista de Elo do ano 2016 segue na cabeza Magnus Carlsen, que con 2844 ten a unha distancia razonable ao segunda clasificado que é o ruso Vladimir Kramnik con 2801. Tras deles temos a Anish Giri con 2798 e na cuarta praza a Levon Aronian, que parece recuperarse do bache no que levaba un tempo e xa ten 2792.
Os 100 primeiros da lista:
Os 100 primeiros da lista:
Rank | Nome | Titulo | País | Rating | Part. | Ano Nac. |
1 | Carlsen, Magnus | g | NOR | 2844 | 18 | 1990 |
2 | Kramnik, Vladimir | g | RUS | 2801 | 9 | 1975 |
3 | Giri, Anish | g | NED | 2798 | 18 | 1994 |
4 | Aronian, Levon | g | ARM | 2792 | 9 | 1982 |
5 | Caruana, Fabiano | g | USA | 2787 | 9 | 1992 |
6 | Nakamura, Hikaru | g | USA | 2787 | 9 | 1987 |
7 | Vachier-Lagrave, Maxime | g | FRA | 2785 | 9 | 1990 |
8 | Anand, Viswanathan | g | IND | 2784 | 9 | 1969 |
9 | Topalov, Veselin | g | BUL | 2780 | 9 | 1975 |
10 | So, Wesley | g | USA | 2773 | 9 | 1993 |
11 | Karjakin, Sergey | g | RUS | 2769 | 10 | 1990 |
12 | Ding, Liren | g | CHN | 2766 | 6 | 1992 |
13 | Eljanov, Pavel | g | UKR | 2760 | 2 | 1983 |
14 | Harikrishna, P. | g | IND | 2755 | 15 | 1986 |
15 | Grischuk, Alexander | g | RUS | 2752 | 9 | 1983 |
16 | Li, Chao b | g | CHN | 2751 | 9 | 1989 |
17 | Svidler, Peter | g | RUS | 2751 | 2 | 1976 |
18 | Yu, Yangyi | g | CHN | 2747 | 17 | 1994 |
19 | Mamedyarov, Shakhriyar | g | AZE | 2747 | 13 | 1985 |
20 | Adams, Michael | g | ENG | 2744 | 9 | 1971 |
21 | Gelfand, Boris | g | ISR | 2735 | 4 | 1968 |
22 | Jakovenko, Dmitry | g | RUS | 2732 | 11 | 1983 |
23 | Andreikin, Dmitry | g | RUS | 2732 | 0 | 1990 |
24 | Dominguez Perez, Leinier | g | CUB | 2732 | 0 | 1983 |
25 | Navara, David | g | CZE | 2730 | 4 | 1985 |
26 | Tomashevsky, Evgeny | g | RUS | 2728 | 11 | 1987 |
27 | Wojtaszek, Radoslaw | g | POL | 2727 | 11 | 1987 |
28 | Radjabov, Teimour | g | AZE | 2726 | 0 | 1987 |
29 | Bu, Xiangzhi | g | CHN | 2724 | 10 | 1985 |
30 | Vitiugov, Nikita | g | RUS | 2721 | 9 | 1987 |
31 | Rapport, Richard | g | HUN | 2721 | 3 | 1996 |
32 | Wang, Yue | g | CHN | 2718 | 7 | 1987 |
33 | Le, Quang Liem | g | VIE | 2718 | 0 | 1991 |
34 | Ponomariov, Ruslan | g | UKR | 2712 | 9 | 1983 |
35 | Korobov, Anton | g | UKR | 2710 | 11 | 1985 |
36 | Ivanchuk, Vassily | g | UKR | 2710 | 9 | 1969 |
37 | Wei, Yi | g | CHN | 2706 | 19 | 1999 |
38 | Leko, Peter | g | HUN | 2705 | 4 | 1979 |
39 | Nepomniachtchi, Ian | g | RUS | 2704 | 1 | 1990 |
40 | Kasimdzhanov, Rustam | g | UZB | 2702 | 0 | 1979 |
41 | Sargissian, Gabriel | g | ARM | 2702 | 0 | 1983 |
42 | Fressinet, Laurent | g | FRA | 2700 | 3 | 1981 |
43 | Ni, Hua | g | CHN | 2697 | 14 | 1983 |
44 | Bacrot, Etienne | g | FRA | 2697 | 2 | 1983 |
45 | Naiditsch, Arkadij | g | AZE | 2696 | 2 | 1985 |
46 | Kryvoruchko, Yuriy | g | UKR | 2695 | 11 | 1986 |
47 | Wang, Hao | g | CHN | 2695 | 4 | 1989 |
48 | Hammer, Jon Ludvig | g | NOR | 2695 | 0 | 1990 |
49 | Rublevsky, Sergei | g | RUS | 2692 | 0 | 1974 |
50 | Ragger, Markus | g | AUT | 2689 | 3 | 1988 |
51 | Malakhov, Vladimir | g | RUS | 2687 | 4 | 1980 |
52 | Howell, David W L | g | ENG | 2685 | 19 | 1990 |
53 | Rodshtein, Maxim | g | ISR | 2685 | 4 | 1989 |
54 | Almasi, Zoltan | g | HUN | 2684 | 2 | 1976 |
55 | Short, Nigel D | g | ENG | 2684 | 0 | 1965 |
56 | Granda Zuniga, Julio E | g | PER | 2683 | 9 | 1967 |
57 | Morozevich, Alexander | g | RUS | 2683 | 4 | 1977 |
58 | Matlakov, Maxim | g | RUS | 2682 | 9 | 1991 |
59 | Cheparinov, Ivan | g | BUL | 2682 | 0 | 1986 |
60 | Kovalenko, Igor | g | LAT | 2680 | 0 | 1988 |
61 | Nisipeanu, Liviu-Dieter | g | GER | 2679 | 2 | 1976 |
62 | Inarkiev, Ernesto | g | RUS | 2676 | 4 | 1985 |
63 | Vallejo Pons, Francisco | g | ESP | 2675 | 2 | 1982 |
64 | Bareev, Evgeny | g | CAN | 2675 | 0 | 1966 |
65 | Najer, Evgeniy | g | RUS | 2674 | 6 | 1977 |
66 | Artemiev, Vladislav | g | RUS | 2673 | 15 | 1998 |
67 | Moiseenko, Alexander | g | UKR | 2673 | 12 | 1980 |
68 | Hou, Yifan | g | CHN | 2673 | 9 | 1994 |
69 | Jobava, Baadur | g | GEO | 2673 | 0 | 1983 |
70 | Areshchenko, Alexander | g | UKR | 2671 | 11 | 1986 |
71 | McShane, Luke J | g | ENG | 2671 | 4 | 1984 |
72 | Shirov, Alexei | g | LAT | 2671 | 2 | 1972 |
73 | Postny, Evgeny | g | ISR | 2670 | 18 | 1981 |
74 | Lysyj, Igor | g | RUS | 2668 | 4 | 1987 |
75 | Sjugirov, Sanan | g | RUS | 2667 | 18 | 1993 |
76 | Bruzon Batista, Lazaro | g | CUB | 2666 | 0 | 1982 |
77 | Kamsky, Gata | g | USA | 2665 | 12 | 1974 |
78 | Ivanisevic, Ivan | g | SRB | 2665 | 2 | 1977 |
79 | Amin, Bassem | g | EGY | 2665 | 0 | 1988 |
80 | Fedoseev, Vladimir | g | RUS | 2664 | 15 | 1995 |
81 | Swiercz, Dariusz | g | POL | 2664 | 11 | 1994 |
82 | Laznicka, Viktor | g | CZE | 2664 | 4 | 1988 |
83 | Negi, Parimarjan | g | IND | 2664 | 0 | 1993 |
84 | Onischuk, Alexander | g | USA | 2664 | 0 | 1975 |
85 | Sadler, Matthew D | g | ENG | 2662 | 0 | 1974 |
86 | Zvjaginsev, Vadim | g | RUS | 2662 | 0 | 1976 |
87 | Duda, Jan-Krzysztof | g | POL | 2660 | 12 | 1998 |
88 | Ganguly, Surya Shekhar | g | IND | 2660 | 9 | 1983 |
89 | Meier, Georg | g | GER | 2660 | 0 | 1987 |
90 | Tkachiev, Vladislav | g | FRA | 2660 | 0 | 1973 |
91 | Robson, Ray | g | USA | 2659 | 0 | 1994 |
92 | Bukavshin, Ivan | g | RUS | 2658 | 21 | 1995 |
93 | Smirin, Ilia | g | ISR | 2658 | 0 | 1968 |
94 | Efimenko, Zahar | g | UKR | 2656 | 11 | 1985 |
95 | Akopian, Vladimir | g | ARM | 2656 | 9 | 1971 |
96 | Motylev, Alexander | g | RUS | 2656 | 4 | 1979 |
97 | Movsesian, Sergei | g | ARM | 2655 | 2 | 1978 |
98 | Zhigalko, Sergei | g | BLR | 2655 | 0 | 1989 |
99 | Bologan, Viktor | g | MDA | 2654 | 9 | 1971 |
100 | Adhiban, B. | g | IND | 2653 | 9 | 1992 |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)