luns, 30 de xullo de 2012

- Yifan Hou gañou a proba do Gran Prix feminino de Jermuk

A campiona do mundo Yifan Hou finalizou a proba con 7 puntos, medio máis que Nadezhda Kosintseva, Katheryna Lahno e Humpy Koneru. Deste xeito mantén o liderato no clasificación global da proba, por diante de Lahno.

- Biel 2012. A falta de tress roldas Carlsen e Wang Hao na cabeza

Magnus Carlsen recuperou a distancia que tiña sobre el o líder do torneo, Wang Hao, tras gañarlle con negras cunha india de dama na partida que xogaban hoxe. Agora comparten a cabeza con 13 puntos, un por diante de Giri e tres sobre Nakamura, pero por desempate Carlsen sería gañador tras vencer nas dúas partidas que tivo contra o chinés. Faltan tres partidas, e con puntuación de 3 por vitoria e 1 por empate calquera dos catro xogadores de cabeza pode levarse o torneo.

xoves, 26 de xullo de 2012

- Bernard Sakulski triunfador en Arteixo

Un clásico do xadrez coruñés, Bernard Sakulski,  levouse a primeira praza do VI Memorial Miro Concello de Arteixo, empatado a 7 puntos con Alejandro Ferreiro. Tras deles un grupo de xogadores con 6,5, encabezados por Óscar Porto, o mellor Sub-18. O torneo foi organizado polo Club Xadrez Arteixo, e contou con moito apoio público e privado: Diputación de A Coruña, Servicio Municipal de Deportes, AECC de Arteixo, Centro Comercial Aberto de Arteixo-CCA, Hamburguesería IVI, Santa Lucía Vending, Cafe Konciencia, Pepa Eventos, J.Cancela Esmoris, Grabados Calvo, Incoplancor, S.R.I.D La Esperanza, SEA, AXA Alfonso Mosquera, Dous Andares, Tres Sorrisos, Talleres Arte Móvil, Ralarsa eCafetería O Pasatempo. A páxina oficial foi a de pokeryajedrez.com.

domingo, 22 de xullo de 2012

- Fabiano Caruana gañador de Dortmund 2012

O italiano Fabiano Caruana quedou primeiro empatado a 6 puntos con Sergy Karjakin. Na derraderia rolda os dous venceron nas súas partidas, pero por desempate Caruana levouse a primeira praza do torneo de Dortmund. Na terceira praza quedou Ponomariov e cuarto Kramnik. 

sábado, 21 de xullo de 2012

- Festival de Biel 2012

Un ano máis en Suiza montan un magnífico festival de xadrez, con varias competicións nel: torneo de grandes mestres, ope, torneo 960, simultáneas...
No torneo principal teremos a Carlsen tratando de gañar máis puntos para achegarse ao record Elo de Karparov. Tamén estará Morozevich, totalmente recuperado da crise na que estivo inmerso hai pouco tempo.

mércores, 18 de xullo de 2012

- Torneo Sub2200 en Arteixo do 21 ao 25 de xullo

O Club de Arteixo oraganiza unha nova edición de seu torneo. O ritmo é de 60' + 30", o que o fai valedero para Elo FIDE. Nove roldas en total, que vanse xogar no Centro Tecnolóxico de Arteixo, na Avenida Arsenio Iglesias. Son dúas partidas na tarde, xogándose unha as 16:00 e outra as 19:30, agás na derradeira tarde, na que xogarase unha partida as 16:00 e logo será a clausura.
O gañador levará 200 euros e trofeo. Despois hai premios ata o quinto e por categorías.

- Anunciados os equipos españois para a Olimpiada de agosto

A FEDA deu a coñecer os compoñentes dos equipos que van representar a España en Estambul de finais de agosto á principios de setembro. Chama a atención a inclusión de Oleg Korneev, un novo GM español. Tamén da nova MI española, Ana Manatdze.

Selección Española Absoluta:
 
tít.
Nombre
Elo
 GM
Vallejo Pons, Francisco
2697
 GM
 Salgado Lopez, Ivan
2635
 GM
 Illescas Cordoba, Miguel
2601
GM
Korneev, Oleg
2577
 GM
 Pérez Candelario, Manuel
2575
 
Capitán: GM Jordi Magem Badals
 
Selección Española Femenina:
 
tít.
Nombre
Elo
MI/WGM
Matnadze, Ana
2422
MI/WGM
 Alexandrova, Olga
2417
 WGM
 Vega Gutierrez, Sabrina
2355
 WGM
 Calzetta Ruiz, Monica
2282
 WIM
 Hernandez Estevez, Yudania
2254
 
        Capitán: GM Jesús De la Villa García
 

domingo, 15 de xullo de 2012

- Julio Suárez e Alberto Portela 3º e 4º no campionato de España Sub-14

Moi boa actuación galega na categoría Sub-14 do Campionato de España 2012.  Julio Suárez e Alberto Peortela remataron a medio punto do gañador, o andaluz Ucles Lirola, e ocuparon os postos terceiro e cuarto da clasificación final. 

- Martín Lorenzini campión arxentino 2012

O xogador Martin Lorenzini, que non ten ningún título da FIDE nin falta que lle fixo, proclamouse campión absoluto de Arxentina tras sumar 8 puntos nun torneo suizo xogado en Ciudad de la Plata. Rematou empatado con catro xogadores máis, pero con mellor desempate.
Web oficial.

- Comezou o torneo de Dortmund 2012

Foto da web oficial.
Este clásico alemán, un dos que seguen a pesares da crise, estase a xogar do 13 ao 22 de xullo. Tras tres roldas na cabeza están con dous puntos e medio Kramnik e Ponomariov. Tamén están a xogar outros xogadores moi fortes como Karjakin, Caruana e Leko.

martes, 10 de xullo de 2012

- Alexander Grischuk campión do mundo de blitz

O ruso experto en poker Alexander Grischuk é o novo campión mundial de blitz, tras se o vencedor do torneo xogado en Astana. Magnus Carlsen outra vez quedou segundo, polo que segue sen ter nin un título de campión mundial. Na terceira praza o campión de rápidas Segey Karjakin.

domingo, 8 de xullo de 2012

- Karjakin campión mundial de rápidas

O ruso Sergey Karjakin é o novo campión mundial de rápidas tras sumar 11 puntos dos 15 posibles, facendo unha última xornada moi boa, catro de cinco. Magnus Carlsen nesas cinco partidas soamente sumou dous puntos para finalizar con 10,5 na segunda praza, perdendo a vantaxe que tiña e con ela o título. A terceira praza foi para Topalov, empatado con Memedyarov, ambos con 9,5

sábado, 7 de xullo de 2012

- Mundial de rápidas en Kazakhstan (10R) Carlsen na cabeza destacado

Estase a xogar, con gran parte dos mellores do mundo, o mundial de rápidas. Tras dez partidas o primeiro é Magnus Carlsen con oito puntos e medio (+7 =3 -0) Tras del van Karjakin e Topalov con sete puntos, con seis puntos (+6 =2 -2 e +5 =4 -1). É punto e medio a falta de cinco partidas, polo que o noruegués o ten moi ben para ser o campión.

domingo, 1 de xullo de 2012

- Lista Elo FIDE de xullo. Aumenta a distancia de Carlsen con Aronian

Os dez puntos de vantaxe que tiña Carlsen na pasada lista sobre Aronian semellaban unha distancia que o armenio podería chegar a reducir e quitarlle o número un ao noruegués, pero nestes dous meses o primeiro fixo +2 e o segundo -15. Desta forma o novo record persoal de Magnus Carlsen consolida o seu primeiro posto. Kramnik mantén a terceira praza, pero perdendo os 2800. O máis destacado da lista é a cuarta posición de Radjabov, que está a progresar moito no último ano, deixando na quinta ao campión mundial. Anand segue a ser o campión, pero os números din que está nun mal momento. Con 2780 retrocede a niveis do ano 2004. O resto de xogadores do Top-10 nesta ocasión non variaron nin nos seus compoñentes nin a súa orde. Dos españois Vallejo gaña dúas posicións, aínda que por baixada doutros, porque el non xogou partida. Na clasificación feminina o máis importante é que Anna Muzychuk ocupa agora a terceira praza en lugar de Koneru.