venres, 28 de febreiro de 2014

Do día 1 ao 4 de marzo en Pontedeume van ter lugar os campionatos galegos Sub-14 e Sub-18. A FEGA publica os xogadores neste enlace.

mércores, 26 de febreiro de 2014

A FIDE anuncia o campionato mundial amateur


A finais do mes de abril en Singapur terá lugar o campionato mundial amateur. Nel soamente poden xogar xadrecistas que non tivesen 2000 de Elo ou maior nun prazo de dous anos.

sábado, 15 de febreiro de 2014

Aberto o prazo para presentar as ofertas para organizar o match polo título mundial

A FIDE abriu o prazo para organizar a finais do 2014 o match entre Magnus Carlsen e o gañador do torneo de candidatos que vai ter lugar nos próximos meses. Destacan que a cifra en premios do match Anand - Carlsen foi de 1.850.000 €. Os interesados teñen que mandar as ofertas antes do dez de marzo á oficina da FIDE en Grecia.

venres, 7 de febreiro de 2014

Cheparinov gaña o Open de Gibraltar 2014

O Open de Gibraltar 2014 rematou con tres xogadores na cabeza empatados a 8 puntos: Cheparinov, Ivanchuk e Vitiugov. O búlgaro foi que levouse o desempate final, quedando Vitiugov segundo e Ivanchuk terceiro. Tras deles un grupo de xogadores a medio punto, no que Vachier-Lagrave obtivo a cuarta praza e a quinto foi para Li Chao. O primeiro español foi Iván Salgado con sete puntos no posto 21.

mércores, 5 de febreiro de 2014

Zurich (Final) Caruana gaña á rápidas e Carlsen lévase o torneo

O día de partidas rápidas non foi moi bo para o campión mundial, que fixo 2 de 5 e rematou na cuarta posición. Gañou Caruana con 4 puntos, por diante de Nakamura (3,5) e Aronian (3). Gelfand penúltimo con 1,5 e pechou Anand, quen o diría fai anos, con un punto en partidas rápidas.
Pero a combinada do torneo, lentas e rápidas, deu como gañador a Magnus Carlsen con 10 puntos, por diante de Caruana e Aronian que sumaron 9. Nakamura 7, Anand 5 e Gelfand 4,5 ocuparon os postos do 4º ao 6º.

martes, 4 de febreiro de 2014

Zurich (R5) Carlsen gaña a proba a ritmo clásico

Tras facer táboas con Anand o campión mundial Magnus Carlsen quedou gañador da proba a ritmo lento con catro puntos en cinco partidas. Aronian rematou segundo con tres puntos tras perder con Caruana, que acadou a terceira praza a medio punto do armenio. Anand e Nakamura empataron con dous puntos e pechou Gelfand con un e medio.
Para pechar o torneo a proba de rápidas xogarase hoxe, con a metade do valor dos puntos acadados para a clasificación final.

domingo, 2 de febreiro de 2014

Zurich (R4) Rolda sen táboas e Carlsen segue líder

Ningunha das tres partidas da cuarta rolda Zurch Chess Challenge 2014 rematou en empate. Nakamura foi superado claramente por Aronian, que presionouno ata acadar un ataque de mate. Anand con negras conseguiu a súa primeira vitoria ante Gelfand, sacando vantaxe decisiva nun medio xogo que estaba igualado. Carlsen despois de gañar onte de forma inesperada gañou a Caruana que usou a berlinesa da española para defenderse pero no medio xogo un sacrificio de calidade do noruegués deulle una pequena vantaxe que incrementou pouco a pouco para gañar como acostuma a facer.
Carlsen está líder con 3,5 de 4. Tras del moi cerca Aronian con 3. 1,5 para Caruana, Anand e Nakamura, pechando a táboa Gelfand con 1.

sábado, 1 de febreiro de 2014

Zurich (3R) Carlsen líder tras gañar unha partida perdida

O americano Nakamura tivo a oportunidade de vingar varias derrotas nos últimos torneos con Carlsen. Tras unha dudosa apertura do campión mundial acadou un ataque gañador, pero non acertou a rematar unha posición na que tiñas varias liñas que levaban ao mate, e nos apuros de tempo Carlsen colocou un sacrificio de peza que igualou a partida. Nakamura perdeu os nervos e fixo unha xogada que o deixou nun final perdedor, e Carlsen non o desperdiciou.
Aronian e Gelfand fixeron táboas por repetición no comezo do medio xogo. Aronian xogou moi rápido e Gelfand moi despacio, ata o punto que cando acordaron táboas na xogada 27 Aronian tiña una hora e trece minutos para chegar ata a corenta, e Gelfand soamente 19 minutos. Pero o armenio deu por boas as táboas.
Caruana e Anand fixeron táboas tamén por repeticón cando chegaron ao control das 40 xogadas nunha posición igualada pero con todo por xogar.
Web oficial.