sábado, 30 de xuño de 2012

- Bronce para o galego Martín Pena Varela no Campionato de España Sub-10

O xogador da USC Martín Pena Varela acadou a terceira praza no Campionato de España Sub-10 2012, que xogouse en Salobreña do 25 ao 30 de xuño. Martín, que puido ser campión se non perdese na derradeira partida, sumou sete dos nove puntos da competición, quedando por detrás de Luis Rodríguez Izquierdo e de Diego Asensio Ramos, que fixeron medio máis e quedaron primeiro e segundo. Neste torneo houbo moitos galegos que remataron en postos moi variados: Jorge Méndez e David Seoane remataron nos postos 28 e 29, Pablo Portela ocupou o posto 33, Martín Gomez o 40, Martín Fernández o 43, Paula García o 49 e finalmente Daría Pérez o 72.

domingo, 24 de xuño de 2012

- O galego Andrés Rodríguez Ferreiros décimo no Campionato de España Sub-8

No Campionato de España Sub-8 que tivo lugar en Salobreña do 22 ao 24 de xuño o gañador foi o catalán Llivert Céspedes con 7 puntos, por diante do andaluz Juan Miguel Estévez e o murciano Adrán Canavate que fixeron 6. O galego Andrés Rodríguez obtivo a décima praza con 5 puntos. Os outros representantes galegos Mateo González, César Pérez e Cecilia González quedaron nos postos 42, 59 e 81.

- Grand Prix feminino 2012. Koneru e Muzychuk gañan en Kazan

A india Koneru e a eslovena Muzychuk foron as gañadoras da proba ao sumar 7,5 puntos. O torneo das dúas xogadoras foi case idéntico, a a única diferenza foi que a india gañaou a oitava e a eslovena a décima, o que fixo que Koneru tivera mellor desempate. A terceira posición foi a lituana Cmylite con 7 puntos, empatada  ca campiona mundial Yifan Hou.
Web oficial.

luns, 18 de xuño de 2012

- Memorial Tal 2012 (Final) Carlsen gaña na liña de meta

Na derradeira partida do torneo o número un do mundo Magnus Carlsen foi quen de derrotar ao inglés McShane e aproveitar a derrota do líder Caruana ante Aronian para levarse o torneo, sumando 5,5 puntos. Radjabov tamén podía optar a primeira praza se gañaba, pero fixo táboas con Nakamura, e rematou a medio punto do gañador, igualando con Caruana a 5 puntos. Con 4,5 quedaron Morozevich, Kramnik, Grischuk e Aronian.

domingo, 17 de xuño de 2012

- Memorial Tal 2012 (R8) Caruana líder en solitario

O italiano Fabiano Caruana podería dar a sorpresa mañá se finalmente é o gañador do torneo, porque non era dos favoritos, pero a falta dunha partida é o líder con 5 puntos tras derrotar a Krmanik. Medio punto menos levan Carlsen e Radjabov, que fixeron táboas con Tomasevsky e Aronian. 
As partidas que decidirán o torneo serán as seguintes:
Levon Aronian
 Fabiano Caruana
Hikaru Nakamura
 Teimour Radjabov
Ev. Tomashevsky
 Alexander Grischuk
Luke McShane
 Magnus Carlsen
Vladimir Kramnik
 Alex. Morozevich

sábado, 16 de xuño de 2012

- Memorial Tal 2012 (R7) Cinco xogadores empatados na cabeza

Os líderes, Morozevich e Kramnik, perderon hoxe cos dous de abaixo, Tomashevsky e McShane. Isto foi aproveitado por Carlsen, Radjabov e Caruana, que empatando as súas partidas deixaron a táboa con cinco xogadores con 4 puntos, a falta de dúas roldas, na cabeza. Por Sonnen agora manda o noruegués, que xogará cos dous últimos nas partidas que faltanlle.
Web oficial (soamente en ruso).

venres, 15 de xuño de 2012

- Memorial Tal 2012 (R6) Morozevich e Kramnik na cabeza

Os rusos Morozevich e Kramnik lideran a proba con 4 puntos. Tras eles van Carlsen, Radjabov e Caruana a medio punto. A falta de tres partidas o torneo está moi aberto e non hai un favorito claro, aínda que Morozevich comezou moi ben confirmando que voltou a élite.

martes, 12 de xuño de 2012

- Vallejo gañador en León. 3,5 a 2,5 contra Topalov

Nesta edición o Maxistral de León tivo un gañador español. O match entre Vallejo e Topalov rematou ca vitoria por 3,5 a 2,5 do español (+3 =1 -2) As partidas foron moi movidas, con xadrez de ataque e arriscado polas dúas partes.

sábado, 9 de xuño de 2012

- Torneo en Chantada o 16 e o 17 de xuño

Un torneo a 10 minutos con 2140 € en premios e outro de 3'+2", un o sábado e outro o domingo. O Club Xadrez Chantada organiza este torneo, un festival internacional.
Información completa na FEGA.

venres, 8 de xuño de 2012

- Memorial Tal 2012 (R1) Moitas vitorias

Comezou entretido o torneo importante. Soamente Carlsen e Kramnik empataron. Morozevich, Grischuk, Radjabov e Aronian venceron a Caruana, McShane, Tomashevsky e Nakamura. O problema do torneo está na páxina oficial, soamente en ruso, onde non hai quen atope a información.

xoves, 7 de xuño de 2012

- Memorial Tal 2012. Morozevich gañou o Torneo de Rápidas

Antes de comenzar o torneo "oficial" tivo lugar un torneo de rápidas entre os xogadores que van tomar parte no principal. A retransmisión en HD era moi boa, pero os comentarios en ruso pois non eran fácilmente comprensibles para o resto do mundo...
Na primeira parte do torneo Carlsen e Morozevich estiveron sempre por diante, con Grischuk moi cerca. Kramnik e Caruana non estaban a ter o día e non daban puntuado. Un dos momentos importantes deuse na partida que enfrontou a ambos líderes. Carlsen tiña vantaxe chegando a parte final do medio xogo, pero de súpeto Morozevich despertouno reclamando bandeira. Isto a falta de dúas partidas deixaba ao ruso moi ben colocado para levarse o torneo, imbatido e con medio punto de vantaxe sobre Grischuk ao que gañara roldas antes.
Pero chegou Aronian, que non estaba a facer gran cousa no torneo e derrotouno na penúltima rolda. Carlsen vencía a Grischuk, polo que a falta dunha partida o noruegués e o ruso estaban na cabeza con 5,5. Radjabov e Grischuk mantiñan as opcións a medio punto. Na derradeira partida os dous líderes gañaron e por Sonnen Morozevich levou a primeira praza. Carlsen quedou segundo, Radjabov terceiro e Grischuk cuarto. Pecharon Kramnik con 2,5 e Caruana con 2.

martes, 5 de xuño de 2012

- Eleccións na FEDA. Publicación de candidaturas

A FEDA sacou un comunicado cas candidaturas provisionais para as próximas eleccións. Por clubes en Galicia teremos a Círculo das Artes, Padrón, Círculo Ferrolano, Fontecarmoa, Ourense e USC. En xogadores preséntanse os irmáns Espiñeira e Yudania Hernández. Por monitores Jacobo Caselas e por árbitros Álvaro Reinaldo.

- Memorial Tal 2012. Do 7 ao 19 deste mes

Nuns días comezará o torneo porbablemente máis forte do ano. Van xogar Carlsen, Aronian, Kramnik, Radjabov, Nakamura, Caruana, Morozevich, Grischuk, Tomashevsky e McShane. Dependendo dos resultados Aronian podería chegar a quitarlle o número un do ranking FIDE a Carlsen. O torneo vaise xogar en Moscova.

luns, 4 de xuño de 2012

- Campionato Mudial feminino de rápidas. Stefanova foi a gañadora

A búlgara Antoaneta Setefanova con 8,5 puntos foi a gañadora do campionato de xadrez rápido que xogouse en Batumi. Detrás dela quedaron tres xogadoras con 8 puntos, Kosteniuk, Koneru e Lahno. Participaron 50 xogadoras nun torneo de 11 roldas por sistema suizo. A española Ana Matnadze con 4,5 puntos quedou na 40º posición.