mércores, 21 de maio de 2014

Gata Kamsky campión U.S.A.

Tras gañar o desempate o ex-soviético Gata Kamsky levouse o campionato dos Estados Unidos, vencendo a o ex-armenio Varuzhan Akobian. Eles dous xunto ao ex-ruso Aleksandr Lenderman chegaron empatados a sete puntos ao final do torneo que tivo lugar en Saint Louis, gañando Akobian a Lenderman na primeira rolda de desempate para xogar polo título contra Kamsky. É o sétimo titulo do tártaro.

martes, 20 de maio de 2014

A FEGA publica a información do Circuito Galego 2014

Cinco torneos forma parte este ano do XXVII Circuito Galego. Sanxenxo, Ourense, Ferrol, Cambados e Mondariz serán os lugaresmonde terán lugar os torneos open. Hai premios para os cinco primeiros da clasificación combinada, que implica xogar tres torneos: 300 € para o primeiro e logo van baixando de 50 en 50 ata os 150 € que levará o quinto clasificado.

luns, 19 de maio de 2014

O filipino So gaña o Memorial Capablanca 2014

O filipino Weslie So gañou imbatido o Memorial Capablanca 2014 sumando 6, 5 puntos, un máis que o segundo clasificado o cubano Bruzón. A terceira praza foi para o GM Domínguez. Tras eles completaron o cadro Almasi, Vallejo e Ivanchuk.

xoves, 1 de maio de 2014

Lista ELO FIDE de maio 2014

A nova lista deixa a Magnus Carlsen gañando un punto que sube o seu record a 2882. O máis chamativo é a caída de Kramnik ata o sexto posto, aínda que foi máis pola subida de Anand, Caruana e a sorprendente de Grischuk, que agora é o terceiro do mundo con 2792 tras gañar 15 puntos. A destacar tamén a chegada ao TOP10 do cubano Lenier Domínguez e a recuperación de Vallejo dos 2700.

A FIDE non recibe ofertas para organizar o mundial Carlsen - Anand

Unha realidade triste, pero é o que hai.