mércores, 31 de agosto de 2011

- Copa do Mundo 2011 (2.1) Shirov e Vallejo perden e están obrigados a gañar a segunda partida

Mal día para os representantes españois. Dúas derrotas que os deixan ao borde do abismo.
Vallejo con brancas foi derrotado por Lázaro Bruzón. Despois de levar toda a iniciativa e ter un xogo moito mellor deu contraxogo e acabou perdendo de forma inexplicable.
Shirov xogaba con negras diante de Potkin, e foi esmagado nunha defensa eslava na que deixou o seu rei sen apoio das súas pezas, que remataron descoordinadas no ala de dama. O seu enroque sufriu un ataque arrepiante, perdendo moi rápido.
Dos máis coñecidos Ivanchuk e Gashimov gañaron, e Almasi meteuse en problemas perdendo.

martes, 30 de agosto de 2011

- Copa do Mundo 2011 (1.D) Vallejo pasa a seguinte rolda

Francisco Vallejo derrotou a Jorge Cori 1,5 - 0,5 no desempate e pasa a segunda rolda onde estará cos 64 mellores. O seu rival será o cubano Bruzón, que ven de dorrotar ao tamén cubano Quesada.
Pola sua parte Shirov terá diante ao actual campión de Europa Potkin, que pasou vencendo a Shulman.
Nos 32º de final o número 1 Karkajin vai ter unha dura proba diante do perigoso filipino Wesley So. Outro enfrontamento moi duro vai ser o Polgar - Movsesian. A segunda rolda será mañá mércores as 15 hora española.

luns, 29 de agosto de 2011

- Copa do Mundo 2011 (1.2) Iván Salgado eliminado. Shirov pasa e Vallejo irá aos desempates


O GM Iván Salgado foi eliminado na primeira rolda da Copa do Mundo, que estase a xogar en Khanty-Mansiyks, na Siberia. Estaba obrigado a gañar a Ernesto Inarkiev a segunda partida do match e soamente acadou táboas. Iván xogou de forma moi agresiva contra a defensa eslava do ruso pero non acadou nada importante e chegouse a un final de torres que pasou despois a damas no que o ruso forzou un xaque contínuo.
Alexei Shirov empatou levando as negras con Manuel León Hoyos e pasou a segunda rolda por 1,5 a 0,5. As táboas eran boas para Shirov, pero a pesar diso decidiu xogar de xeito arriscado, sacrificando material por ataque. O resultado foi que o mexicano quedou con cabalo por dous peóns, e tras as simplificacións foron as brancas as que forzaron o empate.
Vallejo deu un trspés perdendo con brancas co peruano Cori. O español estaba mellor pero deixouse liar e deu contraxogo ao seu rival ata quedar con un final perdido. Terá que buscar o pase no desempate.
En canto ao torneo en xeral a maior sorpresa foron as eliminacións de Peter Leko e Wang Hao. A campiona do mundo feminina Yifan Hou quedou tamén fóra. Algóns ilustres como Morozevich ou Bacrot terán que xogar o desempate para acceder a seguinte rolda.
A retransmisión na páxina oficial está a ser excelente, funcionando ben os visores e con imaxes e comentarios en directo.

- Copa do Mundo 2011 (1.1) Gañan Vallejo e Shirov. Perde Iván Salgado

O galego Iván Salgado está obrigado a gañar a Inarkiev na partida de hoxe se non quere quedar eliminado tras perder con negras onte. A Vallejo e Shirov as táboas bastaríanlles para pasar a segunda rolda.

sábado, 27 de agosto de 2011

- Vachier-Lagrave campión de Francia 2011

Confirmando que é o mellor francés do momento Maxim Vachier-Lagrave gañou o campionato francés deste ano, ao sumar 7 puntos, con medio por diante de Fressinet, Bacrot, Istratescu e Feller. É curioso a participación deste último xogador despois de que a Federación Francesa o tivese suspendido este ano baixo unha acusación de trampas.

venres, 26 de agosto de 2011

- Copa do Mundo 2011 - Dous días para o inicio

O día 28 as 13:00 hora de España comezarán as primeiras partidas da Copa do Mundo de 2011. Faltan os máis importantes, pero teremos a grandes xogadores: Karjakin, Ivanchuck, Mamedyarov, Ponomariov, Gashimov, Grischuck, Radjabov, Kamsky... O sistema é de eliminatorias con dúas partidas a ritmo FIDE, e en caso de empate desempate a rápidas e se continúa a blitz.
Recordemos que haberá tres españois, entre eles o GM Iván Salgado. Os seus enfrontamentos serán, na primeira eliminatoria os seguintes:
· Vallejo - Cori. En caso de pasar Vallejo xogaria contra o gañador do Quesada - Bruzón.
· Shirov - León Hoyos. En caso de pasar Shirov iria contra o gañador do Potkin - Shulman.
· Salgado - Inarkiev. En caso de pasar Salgado iria contra o gañador do Moiseenko - Esen.

xoves, 25 de agosto de 2011

- Un novo caso de trampas?

En ChessBase informan dun posible novo caso de trampas, esta vez no Memorial Botvinnik. Hai que ter en conta a presunción de inocencia, pero o malo do xadrez é que se non sabes pois non sabes e ao final as cousas dan a impresión que dan.

domingo, 21 de agosto de 2011

- Memorial Maestro Rodrigo 2011 - Ferrol (Final) O MF Alexey Fernández Cardoso gañou a proba

Os xogadores cubanos foron os grandes dominadores da proba, ocupando as catro primeiras prazas na xeral. Resultou gañador con 7 puntos o MF Alexey Fernández Cardoso, empatado a puntos co MI Isan Reynaldo Ortiz Suárez, pero o primeiro acadou mellor desempate. Tras deles un amplo grupo de xogadores con 6,5 puntos. Na terceira praza quedou o MI Camilo Gómez Garrido.
O mellor español e galego foi o MF José Sande, con 6,5 puntos e a quinta praza. No posto número once atopamos ao seguinte español, tamén galego, o MI Pablo García Castro, pechando o grupo dos de 6,5. Con 6 puntos rematou no posto trece o MF Diego Espiñeira.
Os 30 primeiros:
Rk. NomeFEDFIDEEloNCid.Pts. Des 1  Des 2  Des 3 nwwew-weKelo+/-
1CUBFMFernandez Cardoso AlexeyCUB245007.037.50.052.5975.341.661016.6
2CUBGMOrtiz Suarez Isan ReynaldoCUB25562547Val7.035.00.053.5977.03-0.0310-0.3
3CUBIMGomez Garrido CamiloCUB252406.536.50.055.0754.650.35103.5
4CUBIMPozo Vera SandroCUB24712495Cat6.536.50.053.096.55.890.61106.1
5ESPFMSande Edreira Jose AntonioESP23482327Gal6.535.00.048.596.54.921.581523.7
6SRBGMStrikovic AleksaSRB25732561Gal6.535.00.054.596.56.79-0.2910-2.9
7CUBGMAbreu Delgado AryamCUB24792487Val6.534.50.050.096.56.80-0.3010-3.0
8BULGMGenov PetarBUL242806.534.50.050.585.54.800.70107.0
9CUBIMGomez Ledo Roberto CarlosCUB242806.534.00.051.5864.951.051010.5
10FRAGMLazarev VladimirFRA244506.533.50.048.096.56.320.18101.8
11ESPIMGarcia Castro PabloESP23992390Gal6.533.50.049.096.55.610.89108.9
12SRBGMBarlov DraganSRB24752473Can6.035.00.052.0966.53-0.5310-5.3
13ESPFMEspiñeira Gonzalez DiegoESP23602323Gal6.034.50.052.5964.471.531523.0
14SRBGMPaunovic DraganSRB25032511Gal6.033.00.052.0966.68-0.6810-6.8
15BULIMMilchev NikolayBUL23882351Val6.032.50.048.0965.320.68106.8
16PORFMFerreira Jorge ViterboPOR23272314Gal6.032.00.047.0854.260.741511.1
17FRAWGMSafranska AndaFRA223006.032.00.046.5964.181.821527.3
18CUBFMGonzalez Perez ArianCUB24902480Cat6.030.50.046.0967.15-1.1510-11.5
19CUBIMGuerra Mendez Jose AngelCUB24502463Cat6.030.50.046.5967.12-1.1210-11.2
20ESPMontes Gutierrez IgnacioESP22212196Ast6.029.00.045.5965.750.25153.8
21BULIMIvanov JordanBUL23982447Can5.531.00.049.095.55.92-0.4210-4.2
22ESPFMDe Prado Rodriguez Oscar BrunoESP23242262Gal5.530.50.049.095.55.72-0.2215-3.3
23ESPFMPazos Porta AntonioESP23182283Gal5.529.50.045.095.56.10-0.6015-9.0
24ESPFernandez Saavedra Jose LuisESP21432133Gal5.528.00.044.0744.57-0.5715-8.6
25ESPMarcos Pinto LuisESP21102129Ast5.528.00.048.584.53.421.081516.2
26ESPFMPermuy Lorenzo Carlos JavierESP23322319Gal5.527.50.043.595.56.71-1.2115-18.1
27ESPAbella Vazquez Carlos M.ESP21622154Gal5.527.00.045.0744.19-0.1915-2.8
28ESPSahelices Casado RobertoESP20692053Ctl5.526.50.043.5743.750.25153.8
29ESPGomez Dieguez DavidESP19681957Gal5.525.00.039.595.54.101.401521.0
30ESPLozano Arribas CarlosESP21082137Mad5.523.50.042.0644.16-0.1615-2.4