Iván Salgado venceu na súa partida, e agora con 6 puntos está a un dos primeiros. Derrotou ao alemán Huschenbeth, e agora gañaría un punto de elo tras o torneo.
O líder Rombaldoni perdeu con armenio Hovhannisyan, e cae á terceira praza. A primeira está agora nas mans do MF da India A Kouskik Girish, que ten un elo de 2309, e con unha performance de 2732 está a gañar 58 puntos no torneo. Comparte a cabeza co GM Ter-Sahakyan, que derrotou ao número 1 do ranking, Matlakov, que está a ter un mal torneo.
A rolda novena vai ter a partida estelar na primeira mesa, co enfrontamento entre os colíderes. O indio levará as pezas brancas e ten unha oportunidade de ouro para consolidar a sorpresa. Na segunda mesa Salgado con negras terá diante ao outro GM armenio, Ter-Sahakyan. Rombaldoni xogará contra o polaco Swiercz, que está invicto e ven desde atrás con paso firme.
Os enfrontamentos das 20 primeiras mesas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario