Nunha interesante partida na que chegou a coronar dous peóns o GM armenio Hovhannisyan derrotou ao GM americano Ray Robson, e deste xeito suma 10 puntos na xeral, e queda líder en solitario.
Na segunda mesa o GM polaco Swiercz acadou unha importante vitoria con pezas negras diante do outro GM armenio, Ter-Sahakyan, e queda segundo con 9,5 puntos. O xogador polaco comenzou con dúas táboas o torneo diante de xogadores inferiores, pero a táctica do submarino saiulle ben, e ten algunhas opcións de quedar campión. Soamente estos dous xogadores poderán quedar campións.
Na terceira mesa o MF bielorruso Kovalev fixo táboas con GM azerí Durarbeyli nunha partida na que ningún arriscou e dese xeito os dous quedan fóra da loita polo título pero dentro da das medallas de plata e bronce.
Iván Salgado pasou por riba do MI da India Anwesh, e soamente unha carambola na derradeira partida podería darlle algún metal.
Os que foran sorpresas do torneo moitas xornadas, Rombaldoni e Girish, quedaron sen forzas e continúan a seu afundimento desde que perderon a primeira partida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario