xoves, 4 de agosto de 2011

- Gran Prix feminino 2011-2012. Rostov (3R) Yifan Hou toma a dianteira

A campiona mundial Yifan Hou repetiu vitoria na terceira rolda, e ten tres puntos, o cal a deixa primeira en solitario na clasificación xeral. Desta vez deulle unha malleira impresionante a ex-campiona mundial Kosteniuk, que a pesares de levar brancas estivo toda a partida defendendo. As irmás Kosintseva empataron en 13 xogadas como era de esperar. A armenia Galliamova conseguiu gañar, polo que todas as xogadoras xa conseguiron puntuar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario