O mellor que pode facer Iván Salgado é seguir a recuperar Elo nas dúas partidas que faltan para rematar a proba, despois de empezar a facelo gañando ao indio Nitin con negras na rolda 11. E tamén prepararse para o encontro con Inarkiev da Copa do Mundo de finais de mes.
O Mundial Junior está a ser moi duro. Proba diso é que o número 1 do ranking ocupa o posto 27º, o 2 o 20º, o 3º (Salgado) o 14º, o 4 o 17º e o 5º o 73! Na rolda 11 non houbo cambios na cabeza, con dous empares nas dúas primeiras mesas. Seguen mandando os armenios, seguidos do polaco Swiercz e o americano Robson.
Ningún comentario:
Publicar un comentario