En pleno ataque gañador, ca partida decidida, Iván Salgado deixouse unha torre contra Roganovic.
Iván levaba brancas, e tiña a tiro o rei rival. Todas as súas pezas estaban preparadas para atacar, e as negras amosaban unha gran descoordinación para poder defenderse. Faltaba pouco para o remate, pero nesta posición elexiu unha das peores opcións. 31.Bg5?? e tras 31...Dxf5 non hai solución. Unha mágoa, porque a mesma idea de golpear na gran diagonal poro facendoo ca dama gaña rápidamente. 31.Dg5! ameaza o xaque mortal en f6. Non vale ameazar a dama con 31...Tg8 por 32.Df6+ e hai mate en poucas. Se 31...f6 32.Dxf6+ Tg7 33.Bd4 (ameaza xaque en f8) Rg8 34. Be5 e as negras non poden salvar o ataque... A batería branca na gran diagonal, as manobras na columna g ca torre da terceira fila... demasiadas cousas para que as negras poidan paralas todas.
O encontro na cabeza entre os xogadores armenios rematou en táboas, como era lóxico, e xogaranse a vitoria nas tres partidas que faltan. O prodixioso torneo de Girish tocou ao seu fin, e perdeu con polaco Swiercz. O americano Robson gañou e ven con forza dende atrás para ter opcións no que falta, igual que o indio Adhiban, que acabou definitivamente con Rombaldoni.
Ningún comentario:
Publicar un comentario