Mal día para os representantes españois. Dúas derrotas que os deixan ao borde do abismo.
Vallejo con brancas foi derrotado por Lázaro Bruzón. Despois de levar toda a iniciativa e ter un xogo moito mellor deu contraxogo e acabou perdendo de forma inexplicable.
Shirov xogaba con negras diante de Potkin, e foi esmagado nunha defensa eslava na que deixou o seu rei sen apoio das súas pezas, que remataron descoordinadas no ala de dama. O seu enroque sufriu un ataque arrepiante, perdendo moi rápido.
Dos máis coñecidos Ivanchuk e Gashimov gañaron, e Almasi meteuse en problemas perdendo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario