venres, 30 de decembro de 2011

- Reggio Emilia 2011-2012 (R4) Nakamura despégase na cabeza

Na localidade italiana estase a xogar este torneo, que serve para unir axedrecísticamente un ano co seguinte, e que durará ata o Día de Reis. A crise fixo que este ano os xogadores sexan seis, en vez dos dez do ano pasadp, onde Vallejo quedera segundo cos mesmos puntos que Gashimov
Tras catro partidas a cabeza é para Nakamura, que leva tres vitorias e un empate. Tras del Ivanchuk e Morozevich, con dous puntos e medio. O mellor xogador italiano, Caruana, leva dous. Pechan con un e medio Vitiugov e Giri.
Web oficial.

xoves, 29 de decembro de 2011

- Shirov xa non é español

Alexei Shirov tras 17 anos deixará de xogar con bandera española e voltará a ter a a letona. Na súa carreira terá xogado con tres bandeiras: española, letona e soviética.

mércores, 28 de decembro de 2011

- A Xunta convoca as axudas para os gastos do 2011

Na FEGA teñen posto un enlace para chegar a páxina da Secretaría Xeral para o Deporte, onde está a información para a solicitude de axudas para clubs, SAD e agrupacións deportivas escolares.
Enlace.

martes, 27 de decembro de 2011

- A China campiona mundial feminina por equipos

Con unha comoda vantaxe sobre Rusia as chinesas levaronse este torneo que tivo lugar en Turquía. Soamente tiveron un torpezo diante de Ucrania, pero os 4-0 contra Rusia e Armenia falan ben claro de que non tiveron rival no torneo, con oito vitorias e unha derrota. A segunda posición das rusas foi acadada con cinco vitorias, tres empates e unha derrota. A terceira praza foi para Georgia, cas mesmas vitorias que as rusas pero unha derrota máis. A derradeira praza de Sudáfrica, con un punto en toda a competición, pode ser unha marca histórica neste tipo de probas.
A táboa final:
Equipo12345678910MPTGPResultSB.BTPosto
1INDIA*441121123076,0021544
2TURQUÍA½*3½½1½1411022,0010369
3SUDÁFRICA01*00000000100,009110
4ARMENIA½4*240919½056,7518206
5VIETNAM04*312919059,0017687
6RUSIA3342*22031321½0103,0019912
7GRECIA402*11½515022,7513918
8GEORGIA334123*121221½090,7520053
9CHINA443433*1627½0131,5025501
10UCRANIA24212*1121094,7519345