xoves, 29 de setembro de 2011

- Final Grand Slam (Sao Paulo.3) Vallejo derrota a Carlsen

O español Vallejo conseguiu a súa primeira vitoria do torneo cando o número un do mundo, Magnus Carlsen, deixouse unha peza nos apuros de tempo nos que estaban os dous xogadores. Ivanchuk derrotou ao campión mundial usando a dudosa defensa Janisch na apertura española. Nakamura fixo táboas unha vez máis, desta vez con Aronian.
Na cabeza do torneo está agora Ivanchuk, con sete puntos. Cinco ten Aronian, e tres Nakamura e Vallejo. Pechan Anand e Carlsen con dous.
Web oficial.

mércores, 28 de setembro de 2011

- Europeo de Clubes 2011 (R3) O Gros Xake na metade da táboa

O equipo español leva unha vitoria, un empate e unha derrota, polo que ten 3 puntos, e é o primeiro dos que teñen esa puntuación. Na cabeza o equipo de San Petersburgo, que leva 3 vitorias en 3 encontros, o mesmo que sete equipos máis.
Web oficial.

- Final Grand Slam 2011 (Sao Paulo.2) Vallejo perde outra vez

O español Vallejo foi derrotado na segunda rolda por Ivanchuk, e é o único xogador que aínda non puntuou no torneo. O resto das partidas rematou en táboas.

#BlancasResNegras
1Vasili Ivanchuk3-0Francisco Vallejo
2Magnus Carlsen1-1Levon Aronian
3Hikaru Nakamura1-1Viswanathan Anand


martes, 27 de setembro de 2011

- Final Grand Slam 2011 (Sao Paulo.1) Aronian comeza con vitoria

Levon Aronian sumou 3 puntos diante de Francisco Vallejo. Nakamura - Ivanchuk e Anand - Carlsen remataron en táboas. A primeira parte do torneo estase a xogar en Sao Paulo, e a segunda terá lugar en Bilbao.
Web oficial.

domingo, 25 de setembro de 2011

- Europeo de Clubes 2011

Iniciouse en Rogaska Slatina o campionato de Europa por equipos. Por españa vai xogar o Gros Xake Taldea de San Sebastián, que vai ocupar o número 13 da orde de forza inicial. Os seus compoñentes serán:

1 GM Van Wely Loek 2689NED; 2 GM Bauer Christian 2631 FRA; 3 GM Hamdouchi Hicham 2610 FRA; 4 IM Franco Alonso Alejandro 2469 ESP; 5 IM Gonzalez De La Torre Santiago 2445 ESP; 6 IM Argandona Riveiro Iñigo 2387 ESP; 7 FM Martin Alvarez Iñigo 2316 ESP

Parte como favoritos o SOCAR, con 2718 de elo medio, seguido de cerca polo SHMS-64 con 2714.

mércores, 21 de setembro de 2011

- Campionato de Europa da Xuventude 2011 (Final) Bronce para David Antón

Remataron os Europeos da Xuventude deste ano, e David Antón Guijarro acadou unha medalla de bronce para España na categoría Sub16 masculina, a medio punto do gañador e empatado co segundo clasificado con 7 puntos. Foi a única medalla para España, pero tamén houbo algúns postos de honra entre os dez primeiros. Angel Arribas rematou na sexta praza en categoría Sub18 masculina e Laura Collado na novena na feminina. Amalia Aranaz finalizou con 7 puntos empatada con outras catro xogadoras no grupo de cabeza da categoría Sub16 feminina, pero polo desempate quedou a quinta. Na categoría masculina desta idade Jaime Santos foi o sétimo na táboa final. Na categoría Sub10 feminina houbo outra quinta praza, a de Andrea Jausas.
Os galegos Mireya Represa e Alberto Portela fixeron 5 puntos cada un, rematando no posto 33 e 56 de cadansúa categoría.

luns, 19 de setembro de 2011

- Copa do Mundo 2011 (Final) Svidler gañador

Grischuk non foi quen de vencer a Svidler na derradeira partida, e este é o novo gañador da Copa do Mundo. Ivanchuk quedou terceiro tras derrotar a Ponomariov.

domingo, 18 de setembro de 2011

- Campionato de Europa da Xuventude 2011 (R6) David Antón o mellor colocado

Con 5 puntos na categoría sub-16 David Antón ocupa a terceira praza a medio punto do líder. Varios xogadores teñen 4,5 en diferentes categorías e están todavía na loita polo triunfo en candasúa proba. Os galegos Represa e Portela levan o 50 % dos puntos.

- Copa do Mundo 2011 (Final.3) Svidler un arriba

Tras xogarse tres das catro partidas a ritmo FIDE Peter Svidler leva vantaxe sobre Alexander Grischuk de un punto, polo que este está obrigado a gañar a última partida se quere chegar ao desempate. Na mesma situación está Ponomariov, que perdeu unha partida con Ivanchuk pola loita polo terceiro porto.

xoves, 15 de setembro de 2011

- Kacper Piorun campión mundial de resolución de problemas 2011

O polaco Piorun foi o gañador da edición 2011 do Mundial de Resolución de Problemas. O subcampeón foi John Nunn, e terceiro quedou o tamén polaco Piotr Murdzia. Por equipos gañou Polonia diante de Gran Bretaña e Serbia. O campionato xogouse en Italia, na localidade de Jesi, do 20 ao 27 de agosto.
Web oficial.

- Campionato de Europa da Xuventude 2011 (4R) Varios españois con todas as opcións

Según avanza o torneo van quedando menos xogadores con opcións de facer algo grande na competición, pero aínda temos algúns españois na loita.
En categoría masculina David Antón, David Pardo, Jaime Santos, Francisco Orantes e Ismael Amador teñen 3 ou máis puntos. Na categoría feminina as cousas están peor, e soamente María Cerrato, Amalia Aranaz e Irene Nicolás están a un punto ou menos das primeiras.
Os galegos Mireya Represa e Alberto Portela están descartados con 1 de 4.

mércores, 14 de setembro de 2011

- Campionato de Europa da Xuventude 2011 (R3) Soamente aguantan tres xogadores con 3 de 3

Irene Nicolás en Sub14, David Antón en Sub16 e Ángel Arribas en Sub18 son os únicos xogadores españois que manteñen o 100% de efectividade nas tres primeiras roldas. Hai varios con 2,5 que seguen ben situados nas respectivas táboas. Mireya Represa e Alberto Portela levan 1 de 3.

- Copa do Mundo 2011 (Semifinais.D) Grischuk elimina a Ivanchuk

Na cuarta partida rápida Alexander Grischuk botou do torneo a Ivanchuk, que empezou gañando o desempate, pero acabou eliminado. A final será agora ntre os dous rusos, Svidler e Ivanchuk.

martes, 13 de setembro de 2011

- Copa do Mundo 2011 (Semifinais.2) Svidler pasa á final

Con as pezas negras Peter Svidler eliminou a Ruslam Ponomariov e estará na final da copa. Svidler defendeuse con unha defensa Grünfeld. Tras uns cambios quedou con calidade de menos a cambio da parella de bispos e un peón, pero con unha maioría no ala de dama móvil que condenou as brancas á pasividade, e pouco a pouco a situación foi sendo máis insostible ata a derrota.
Na partida entre Grischuk e Ivanchuk a loita foi moi interesante, cando no principio de medio xogo o ruso quedou con dama contra torre e bispo. A dama en principio tiña vantaxe pero o ucraniano montou unha fortaleza imposible de quebrar e firmouse o empate.

- Campionato de Europa da Xuventude 2011 (R2) Varios xogadores na cabeza das súas categorías

Todavía quedan xogadores españois con 2 de 2, e están na parte alta da clasificación das súas categorías. Os xogadores galegos Represa e Portela levan o 50%.

luns, 12 de setembro de 2011

- Copa do Mundo 2011 (Semifinais.1) Dous empates

Svidler e Ponomariov acordaron táboas nada máis sair da apertura, con todo por xogarse. A partida entre Grischuk e Ivanchuk rematou un pouco máis tarde, tamén empate, cando ían entrar nunha liña que deixaba unha partida morta.

- Campionato de Europa da Xuventude 2011 (R1) Resultados variados para os españois

En xeral a xornada foi boa para os representantes de España, onde hai máis uns que ceros nesta primeira rolda. Dos galegos que sacaron medalla no último campionato de España foi unha mágoa a derrota de Mireya Represa, pero Alberto Portela gañou a súa partida.
Resultados en ChessResults.

domingo, 11 de setembro de 2011

- Campionato de Europa da xuventude 2011

Ata o día 21 vai ter lugar este campionato, no que teremos aos seguntes españois:

No.NameFEDEloCateg.
34Ros Alonso JoanaESP0Girls8
18Represa Perez MireyaESP1402Girls10
44Jausas Lopez AndreaESP0Girls10
35Antunez Munoz InesESP1640Girls12
2WFMNicolas Zapata IreneESP2112Girls14
6Garcia-Castany Musellas Gal LaESP2037Girls14
11Martin Perez LauraESP1949Girls14
3WFMAranaz Murillo AmaliaESP2201Girls16
13WFMCerrato Torrijos MariaESP2097Girls16
17Perera Borrego MarielaESP2080Girls18
20WFMCollado Barbas LauraESP2057Girls18
13Amador Garcia IsmaelESP1454Boys8
15Cubells Vazquez PabloESP1436Boys8
25Blesa Fernandez IgnacioESP0Boys8
52Orantes Taboada FranciscoESP1559Boys10
85Larraga Navarro AdrianESP0Boys10
29Santos Ruiz MiguelESP1922Boys12
52Ortega Lopez MikelESP1845Boys12
57Portela Peleteiro AlbertoESP1812Boys12
64Ventura Bolet AlexandreESP1783Boys12
70Hernandez Mateo BorjaESP1746Boys12
19Navarrete Espi SamuelESP2165Boys14
32Shen YueESP2080Boys14
42Buendia Pinar AlvaroESP2003Boys14
46Ventura Bolet MaximESP1996Boys14
68Suarez Gomez JulioESP1870Boys14
73Garrido Piriz PabloESP1854Boys14
4FMAnton Guijarro DavidESP2462Boys16
6FMPardo Simon DavidESP2422Boys16
20FMSantos Latasa JaimeESP2309Boys16
7IMForcen Esteban DanielESP2441Boys18
8FMArribas Lopez AngelESP2440Boys18
24Fernandez Garcia Jose MiguelESP2325Boys18

Web oficial.
Resultados en ChessResults.

- Campionato do Mundo de Veteranos

A FIDE publica a información para participar no próximo campionato do mundo de veteranos, que terá lugar en Croacia en novembro.
Enlace na FIDE.

- Copa do Mundo 2011 (Cuartos.D) Svidler - Ponomariov e Ivanchuk - Grischuk en semifinais

Ivanchuk eliminou a Radjabov no desempate a rápidas, e o mesmo fixo Grischuk con Navara, finalizando os cuartos de final, e deixando un doble enfrontamento Rusia contra Ucrania nas semifinais. Svidler xogará contra Ponomariov e Grischuk xogará contra Ivanchuk.
Web oficial.

sábado, 10 de setembro de 2011

- Copa do MUndo 2011 (Cuartos.2) Pasan Svidler e Ponomariov

Xa temos dous xogadores na semifinal. Svidler eliminou a Polgar e Ponomariov a Gashimov. Radjabov conseguiu chegar ao desempate tras vencer a Ivanchuk, e Grischuk e Navara repetiron táboas e tamén xogarán as rápidas.
Web oficial.

venres, 9 de setembro de 2011

- Copa do Mundo 2011 (Cuartos.1) Ivanchuk gaña a súa partida

A partida Svidler - Polgar rematou en táboas tras 17 xogadas, tras forzar a húngara un xaque continuo. Agora o ruso ten a desvantaxe de levar negras nunha partida que pode ser decisiva.
Ivanchuk enfrentouse ao dragón sicilaiano de Radjabov con un fianchetto do bispo de rei. No medio xogo Ivanchuk empregou un recurso táctico ao que Radjabov respostou con outro, e ao  final da combinación o ucraniano quedou con dama contra torre, bispo e peón, pero con mellor xogo de pezas. Para salvar un ataque contra o seu rei o azerí tivo que sacrificar calidade e alí acabou a historia.
Na Grischuk - Navara xogouse unha india de dama na que ninguén tentou crear perigo e acordaron unhas táboas no medio xogo tras chegar as simplificacións.
A india de dama foi tamén a apertura da Ponomariov - Gashimov, na que en plena apertura repetiron posición e acabaron en táboas sen xogar nada. Un espectáculo lamentable.
Web oficial.

xoves, 8 de setembro de 2011

- Copa do Mundo 2011 (Oitavos.D) Pasaron os favoritos

Algúns con máis apuros que outros, pero podería dicirse que avanzaron aos cuartos de final os favoritos de cada eliminatoria, que comezarán mañá cos oito supervivintes.
Polgar pasouno mal para botar fora a Domínguez, tendo que gañar con negras a sexta partida, a ritmo blitz. Ivanchuk botou a Bu nas semirrápidas. Navara foi o que pasou máis cómodo gañando 2-0 a Zherebuhk. Ponomariov tamén tivo que chegar a última de blitz para eliminar a Bruzón. Gashimov agotou as rápidas diante de Nielsen, e Grischuk pasou na primeira rolda de semirrápidas diante de Potkin. Nos encontros máis parellos pasaron Radjabov e Svidler diante de Jakovenko e Kamsky.
Os cuartos de final van ser moi interesantes, e soamente Grischuk parece favorito claro:
· Polgar - Svidler
· Ponomariov - Gashimov
· Ivanchuk - Radjabov
· Navara - Grischuk

mércores, 7 de setembro de 2011

- Copa do Mundo 2011 (Oitavos.1) Moito sangue na primeira partida

Soamente Ivanchuk con Bu e Bruzón con Ponomariov fixeron táboas. No resto de encontros houbo decisión.
Na segunda partida moitos poderían xa quedar fóra, polo que teremos louita a morte.


NomeG1G2 R1 R2 r3 r4 B1 B2 SDTot
      Round 4 Match 01
 Polgar, Judit (HUN)00.0
 Dominguez Perez, Leinier (CUB)11
      Round 4 Match 02
 Bu, Xiangzhi (CHN)½0.5
 Ivanchuk, Vassily (UKR)½0.5
      Round 4 Match 03
 Zherebukh, Yaroslav (UKR)00.0
 Navara, David (CZE)11
      Round 4 Match 04
 Bruzon Batista, Lazaro (CUB)½0.5
 Ponomariov, Ruslan (UKR)½0.5
      Round 4 Match 05
 Gashimov, Vugar (AZE)11.0
 Nielsen, Peter Heine (DEN)00
      Round 4 Match 06
 Potkin, Vladimir (RUS)11.0
 Grischuk, Alexander (RUS)00
      Round 4 Match 07
 Radjabov, Teimour (AZE)11.0
 Jakovenko, Dmitry (RUS)00
      Round 4 Match 08
 Svidler, Peter (RUS)11.0
 Kamsky, Gata (USA)00

Web oficial.