venres, 9 de setembro de 2011

- Copa do Mundo 2011 (Cuartos.1) Ivanchuk gaña a súa partida

A partida Svidler - Polgar rematou en táboas tras 17 xogadas, tras forzar a húngara un xaque continuo. Agora o ruso ten a desvantaxe de levar negras nunha partida que pode ser decisiva.
Ivanchuk enfrentouse ao dragón sicilaiano de Radjabov con un fianchetto do bispo de rei. No medio xogo Ivanchuk empregou un recurso táctico ao que Radjabov respostou con outro, e ao  final da combinación o ucraniano quedou con dama contra torre, bispo e peón, pero con mellor xogo de pezas. Para salvar un ataque contra o seu rei o azerí tivo que sacrificar calidade e alí acabou a historia.
Na Grischuk - Navara xogouse unha india de dama na que ninguén tentou crear perigo e acordaron unhas táboas no medio xogo tras chegar as simplificacións.
A india de dama foi tamén a apertura da Ponomariov - Gashimov, na que en plena apertura repetiron posición e acabaron en táboas sen xogar nada. Un espectáculo lamentable.
Web oficial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario