Xa hai cruces entre primeiras filas, e tamén as primeiras vitorias é derrotas. Dos 128 que empezaron soamente quedan 32 e xa hai moitos encontros se favoritos claros.
O número 1, Karjakin, está a un paso da eliminación, tras ser superado pola húngara Judith Polgar. Polgar, con brancas, obtivo unha grande vantaxe na defensa aberta na apertura española do ruso, antes ucraniano, que pasou a un esquema típico da variante berlinesa. Gañou un peón no ala de dama, que co apoio das súas pezas obrigou ao rei de Karjakin a afastarse do ala de rei, desapareceron as pezas e o final de peóns nin se xogou.
Tamén perdeu o número 2, Ivanchuk, diante de Sutovsky. O israelí conseguiu liar a Ivanchuk no medio xogo e meteu un peón en sétima apoiado que decidiu a partida.
Gañaron os seus encontros os rusos Grischuk e Jakovenko, o americano Kamsky e o cubano Domínguez. O resto das partidas foron táboas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario