Con as pezas negras Peter Svidler eliminou a Ruslam Ponomariov e estará na final da copa. Svidler defendeuse con unha defensa Grünfeld. Tras uns cambios quedou con calidade de menos a cambio da parella de bispos e un peón, pero con unha maioría no ala de dama móvil que condenou as brancas á pasividade, e pouco a pouco a situación foi sendo máis insostible ata a derrota.
Na partida entre Grischuk e Ivanchuk a loita foi moi interesante, cando no principio de medio xogo o ruso quedou con dama contra torre e bispo. A dama en principio tiña vantaxe pero o ucraniano montou unha fortaleza imposible de quebrar e firmouse o empate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario