Algúns con máis apuros que outros, pero podería dicirse que avanzaron aos cuartos de final os favoritos de cada eliminatoria, que comezarán mañá cos oito supervivintes.
Polgar pasouno mal para botar fora a Domínguez, tendo que gañar con negras a sexta partida, a ritmo blitz. Ivanchuk botou a Bu nas semirrápidas. Navara foi o que pasou máis cómodo gañando 2-0 a Zherebuhk. Ponomariov tamén tivo que chegar a última de blitz para eliminar a Bruzón. Gashimov agotou as rápidas diante de Nielsen, e Grischuk pasou na primeira rolda de semirrápidas diante de Potkin. Nos encontros máis parellos pasaron Radjabov e Svidler diante de Jakovenko e Kamsky.
Os cuartos de final van ser moi interesantes, e soamente Grischuk parece favorito claro:
· Polgar - Svidler
· Ponomariov - Gashimov
· Ivanchuk - Radjabov
· Navara - Grischuk
Ningún comentario:
Publicar un comentario