luns, 5 de setembro de 2011

- Copa do Mundo 2011 (3D) Xa temos aos xogadoes dos oitavos de final


Algunhas sorpresas na terceira rolda desta copa. O cabeza de serie número 1 do torneo Karjakin está fóra, aínda que sendo Judith Polgar quen o botou tampouco é un resultado tan improbable. O número 2, Ivanchuk, foi quen de recuperarse da derrota na primeira partida e pasar nas rápidas. Mamedyarov, que era o terceiro xogador máis forte que quedaba tamén está fora, a mans de Zherebukh, o 94. Este resultado si foi unha gran sorpresa. No encontro máis interesante, entre Girschuk e Morozevich, o primeiro foi o que acadou o pase. Os dos mestres cubanos que quedaban, Bruzón e Domínguez, tamén pasaron a seguinte eliminatoria.
Chegamos aos oitavos de final, que terán osseguintes enfrontamentos:
- Polgar- Domínguez
- Kamsky -Svidler
- Ponomariov - Bruzón
- Gashimov - Nielsen
- Ivanchuk - Bu
- Radjabov - Jakovenko
- Zherebuhk - Navara
- Grischuk - Potkin

Ningún comentario:

Publicar un comentario