Foto FIDE |
Como era de esperar Anand fixo táboas con Svidler na derradeira rolda do torneo, nunha partida na que ningún dos dous xogou á gañar. Tras cambiar todo acordaron o empate, e así o indio rematou o torneo con 8,5 puntos (+3 =11 -0), e conseguiu o pasaporte para a súa revancha con Carlsen. Foi o único xogador imbatido
No resto das partidas soamente houbo loita de verdade na Aronian - Karjakin. Mamedyarov - Kramnik e Topalov - Andreikin non foron táboas de grandes mestres, pero tampouco deron moito de sí. Karjakin presionou a Aronian ata conseguir unha posición con moita vantaxe, bispo e tres peóns contra catro peóns, pero Aronian tiña oportunidades de defenderse porque todavía había damas en xogo e pouco tempo para os dous. Ao final o ruso gañou e obtivo a segunda praza do torneo, mandando ao favorito ao sexto posto.
A clasificación final:
P | Nome | Rtg | FED | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Pts | Res. | vict | SB | ||
1 | GM | Anand Viswanathan | 2770 | IND | * * | ½ ½ | ½ ½ | 1 ½ | ½ ½ | 1 ½ | ½ ½ | ½ 1 | 8½ | 0 | 3 | 57,25 | |
2 | GM | Karjakin Sergey | 2766 | RUS | ½ ½ | * * | 0 1 | ½ ½ | ½ ½ | 0 1 | ½ 1 | ½ ½ | 7½ | 0 | 3 | 51,75 | |
3 | GM | Kramnik Vladimir | 2787 | RUS | ½ ½ | 1 0 | * * | 1 ½ | ½ ½ | ½ ½ | ½ 0 | 0 1 | 7 | 2½ | 3 | 49,25 | |
4 | GM | Mamedyarov Shakhriyar | 2757 | AZE | 0 ½ | ½ ½ | 0 ½ | * * | 1 ½ | 0 1 | 1 ½ | ½ ½ | 7 | 2 | 3 | 48,00 | |
5 | GM | Andreikin Dmitry | 2709 | RUS | ½ ½ | ½ ½ | ½ ½ | 0 ½ | * * | ½ 1 | 0 ½ | 1 ½ | 7 | 1½ | 2 | 48,50 | |
6 | GM | Aronian Levon | 2830 | ARM | 0 ½ | 1 0 | ½ ½ | 1 0 | ½ 0 | * * | 1 ½ | ½ ½ | 6½ | 1½ | 3 | 45,00 | |
7 | GM | Svidler Peter | 2758 | RUS | ½ ½ | ½ 0 | ½ 1 | 0 ½ | 1 ½ | 0 ½ | * * | 1 0 | 6½ | ½ | 3 | 46,00 | |
8 | GM | Topalov Veselin | 2785 | BUL | ½ 0 | ½ ½ | 1 0 | ½ ½ | 0 ½ | ½ ½ | 0 1 | * * | 6 | 0 | 2 | 42,25 |