Sala de juego - Foto de la FIDE |
Comenzou en Siberia o Torneo de Candidatos, que decidirá quen será o retador de Carlsen a finais de ano. As partidas comezan as dez da mañá hora española.
Na primeira rolda o subcampión mundial Anand derrotou ao máximo aspirante, o armenio Aronian. Aronian quedou rápidamente moito peor e tentou salvar a partida pero non tivo ningunha opción.
Un dos encontros entre rusos, Andreikin - Kramnik, non foi nada interesante, con unhas táboas sen emoción. O mesmo pode dicirse do outro, onde Karjakin e Svidler fixeron táboas por repetición con todo por xogar en canto tiveron ocasión.
O azerí Mamedyarov e o búlgaro excampión mundial Topalov xogaban o carto encontro da rolda, que deixaron en táboas con unha posición moi interesante pero que non se podía forzar sen caer no risco de quedar peor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario