Foto FIDE |
A partida entre Anand e Kramnik da cuarta rolda do torneo de candidatos rematou en táboas nunha partida algo caótica que rematou nun rápido empate por repetición en posición arriscada para os dous reis do taboleiro.
Karjakin cambiou a súa dama polas torres de Topalov rematada a apertura, pero a posición estaba demasiado pechada para poder forzar por parte de calquera e repetiron xogadas para empatar.
Aronian sacrificou un bispo para destruir o enroque de Svidler e saiulle ben. Sempre é máis doado que trabúquese quen estase a defender e iso foi o que pasou.
Mamedyarov consguiu a súa primeira vitoria tras un error de Andreikin nos apuros de tempo e deste xeito deixoulle ao ruso a derradeira praza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario