Foto FIDE - Mamedyarov contra Aronian |
O subcampión mundial Anand deu un paso adiante para volver a xogar contra Magnus Carlsen tras a novena rolda. A falta de cinco partidas Anand saca un punto a Aronian e punto e medio a Kramnik, Karjakin e Mamedyarov.
Anand xogaba contra Topalov, que usou a siciliana para defenderse e o indio optou polo esquema h3-g4-Ag2. No final do medip xogo a maior actividade de pezas de Anand acabou forzando un erro de Topalov que fixo que perdese a partida.
O colíder Aronian tiña as pezas negras contra Mamedyarov. Xogou unha liña complicada na apertura, pero o azerí fixo sempre as mellores xogadas e quen non acertou co plan correcto foi Aronian, que acabou entrando nun final perdido.
Karjakin gañou a un Kramnik que perdeu un peón sen compensación na xogada sete da partida e tivo que ir toda a partida tratando de atopar algo que non había e perdeu.
Andreikin e Svidler empataron nunha partida na que ningún deles fixo nada especial para tentar desnivelar o xogo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario