sábado, 29 de marzo de 2014

Candidatos 2014 (R13) Anand vai a ter a súa revancha contra Carlsen

Foto FIDE
Coas tablas feitas na penúltima rolda o subcampión mundial Anand obtivo matemáticamente a vitoria no Torneo de Candidatos 2014, tras ver como Aronian perdía contra Andreikin. Anand suma agora oito puntos, quedando con punto e medio de vantaxe, e unha partida por xogarse, sobre cinco xogadores empatados: Kramnik, Andreikin, Karjakin, Aronian e Mamedyarov. Kramnik pasou de ser fai nada o colista a ser segundo tras obter a vinganza sobre Topalov nunha partida moi disputada. Con seis puntos Svidler é setimo. Pecha Topalov con cinco e medio.
Anand demostrou ser o xogador máis regular do torneo, e rematará o torneo imbatido salvo que Svidler consiga gañarlle a partida de mañá, o que non parece moi probable. Levarase o torneo gañando soamente tres partidas, pero sen perder e non pasar apuros en ningún momento. O resto de xogadores tiveron un nivel moi similar e é moi probable que o segundo remate o torneo sumando soamente o 50% dos puntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario