mércores, 29 de xuño de 2011

- Salgado cuarto de seis no Gyorgy Marx en Hungría

Non foi unha gran actuación do GM galego, que deixouse 8 puntos de ELO. Iso sí, hai que destacar a súa recuperación na segunda volta, xa que a primeira foi arrepiante. Vendo a táboa podería decirse que foi o primeiro dos segundos.

IX. György Marx Memorial memorial 2011
  Nome  Rating123456Pts
1.Wojtaszek, RadoslawgPOL2721 ½½11118
2.Berkes, FerencgHUN2693½0 ½½11½1
3.Smirin, IliagISR2661½½½½ ½1½1
4.Salgado Lopez, IvangESP2623½000 01
5.Bologan, ViktorgMDA26780001 ½1
6.Ács, PétergHUN260600½0½0½0 2

mércores, 22 de xuño de 2011

- Ponomariov novo campión de Ucrania

Con 8,5 puntos o xogador Ruslam Ponomariov, un habitual en España, quedou campión do seu país, por diante de Eljanov e Efimenko. A clasificación completa pode consultarse na seguinte táboa de Chessbase.


martes, 21 de xuño de 2011

- Torneo de Reis en Bazna (Final) Carlsen e Karjakin empatan na primeira praza

Finalizou o torneo que estaba a xogarse en Bazna, Rumanía. Magnus Carlsen rematou na primeira praza, por mellor Sonnen que Sergey Karjakin, que fixo os mesmos seis puntos e medio que el. Radjabov e Nakamura remataron con catro puntos e medio, por catro de Ivanchuk e Nisipeanu.

luns, 20 de xuño de 2011

- Torneo de Reis en Bazna (9R) Karjakin alcanza a Carlsen

Tras vencer ao seu compatriota Ivanchuk, o ruso Karkajin empata na cabeza da clasificación con Carlsen, polo que teremos unha decisiva partida Carlsen - Karkajin na derradeira rolda do torneo. O resto de participantes xa están descartados para a vitoria final, porque alo menos un dos dous de cabeza vai sumar puntos. O resto das partidas do día, Nakamura - Radjabov e Nisipeanu - Carlsen remataron en táboas.

domingo, 19 de xuño de 2011

- Torneo de Reis en Bazna (8R) Todo táboas

Non hai cambio tras xogarse unha rolda máis. Todas as partidas remataron en táboas, polo que o triunfo de Carlsen está un pouco máis cerca. A clasificación, a falta de dúas partidas, é a seguinte:
1º Carlsen 5,5
2º Karkajin 5
3º Nakamura 4
4º Radjabov 3,5
5º e 6º Ivanchuk e Nisipeanu 3

sábado, 18 de xuño de 2011

- Torneo de Reis en Bazna (7R) Carlsen gaña a Ivanchuk

Nunha posición que parecía morta o noruegués Magnus Carlsen derrotou ao ucraniano Ivanchuk, e ponse de novo líder en solitario do torneo rumano. O resto de enfrontamentos remataron en táboas, polo que Karjakin queda segundo a medio punto.

- Torneo de Reis en Bazna (6R) Karjakin gaña e empata na cabeza

O ruso Karjakin venceu a Nisipeanu e alcanza a Carlsen na cabeza do torneo, xa que o resto das partidas foron táboas.

mércores, 15 de xuño de 2011

- Carta do presidente da FIDE explicando a qué foi a Libia

Kirsan Ilyumzhinov tivo a feliz idea de ir a Libia a xogar ao xadrez con Gadafi. Evidentemente tivo que explicar os motivos. Parece ser que o xadrez vai levar a paza a esas terras...
Vídeo da partida en cuestión. Ollo ao arrepiante taboleiro.

- Torneo de Reis en Bazna (5R) Vitorias de Carlsen e Karjakin

Chegamos ao ecuador do torneo rumano con un líder en solitario, Magnus Carlsen, seguido de Sergey Karjakin. Elos dous foron os xogadores capaces de vencer na quinta rolda a partida que diputaban.
Carlsen con brancas atopouse con un gambito de dama aceptado de Nisipeanu. A loita foi más ou menos tranquila, con un rápido cambio de damas. Pero Nisipeanu cometeu varias pequenas imprecisións que fixeron que Carlsen cobrara vantaxe, non moita, ata que o rumano sí cometeu un erro definitivo que o forzou a abandonar.
Ivanchuk sacou da caixón dos trastos vellos o giuoco piannisimo da italiana. O resultado non foi moi bo, porque o ruso Karkajin conseguiu montar un ataque sobre o seu enroque no que ao principio non había case nada, pero erros de cálculo do ucraniano fixeron que fose gañador.
A partida Radjabov - Nakamura foi un bonito fraude. O americano tragou o peón de b2 nunha liña algo parecida a do peón envenenado, e o taboleiro convertiuse nun caos. A partida é unha loita chea de trucos tácticos, que acaban en bispo e peón do branco por torre negra. E con parella de bispos e un peón pasado por torre e cabalo a partida remata na xogada 31, despois do límite dos organizadores para poder firmar as táboas. A posición pode que esté igualada, pero está moi lonxe de estar rematada. O de sempre...

martes, 14 de xuño de 2011

- Torneo de Reis en Bazna (4R) Tres táboas

Unha xornada sen grandes sobresaltos. Karjakin e Carlsen fixeron táboas nunha Caro Kan na que o noruegués acadou un peón de vantaxe no medio xogo, pero non foi quen de mantelo e a partida morreu sen máis loita. Nakamura e Ivanchuk xogaron unha nimzoindia na que ocraniano xogou a ritmo de partida semirrápida. O americano tiña unha posición lixeiramente mellor, pero non puido sacar nada e acabaron nunha posición de torre e rei contra torre e rei. Radjabov sorprendeu a todo o mundo facendo o gambito Jaenisch na española, pero non acadou unha mellor posición, e acordaron táboas no medio xogo con bispos de distinta cor, unha torre e poucas opcións de facer algo.
A clasificación segue igual, con Carlsen so na cabeza, e Radjabov pechando a un punto del.
A rolda de mañá:
6GMRadjabov Teimour2744-GMNakamura Hikaru27745
1GMIvanchuk Vassily2776-GMKarjakin Sergey27764
2GMCarlsen Magnus2815-GMNisipeanu Liviu-Dieter26623

- Circuito Galego 2011. III Torneo Carlos I en Sanxenxo

A FEGA publica a información do primeiro dos torneos que formarán parte de reducido circuito deste ano. Xogarase do día 25 de xuño ao día 3 de xullo en Sanxenxo, a un ritmo de 90´+30´´, o da liga galega.

luns, 13 de xuño de 2011

- Torneo de Reis en Bazna (3R) Punto para Nisipeanu


A terceira rolda da competición deixou a vitoria do local Nisipeanu diante de Ivanchuk. O ucraniano colocou unha berlinesa na que quedou demasiado pasivo, e o rumano presionou pouco a pouco ata quedar con posición gañadora.
O enfrontamento entre Radjabov e Carlsen rematou en táboas. Tras un cambio masivo de pezas nas primeiras xogadas o noruegués acadou unha mellor disposición de peóns, pero a cambio da mellor disposición de pezas do azerí. Tras unhas poucas voltas a posición chegou a unha posición de torres e peóns que non daba para nada.
O Karjakin - Nakamura foi unha Najdorf extraña, propia do estilo do americano. A posición pechouse e ningún tiña interés por forzar, así que firmouse o empate en canto pasaron do límite de 30 xogadas para poder ofrecelo.
Agora a táboa queda con Carlson na cabeza con dous puntos, seguido de Ivanchuk, Nakamura, Karjakin e Nisipeanu con punto e medio. Pecha con un Radjabov.
A rolda de mañá:
3GMNisipeanu Liviu-Dieter2662-GMRadjabov Teimour27446
4GMKarjakin Sergey2776-GMCarlsen Magnus28152
5GMNakamura Hikaru2774-GMIvanchuk Vassily27761


domingo, 12 de xuño de 2011

- Torneo de Reis en Bazna (2R) Nakamura recupera terreo

Na segunda rolda tiñamos un encontro estelar entre Ivanchuk e Carlse. A partida foi unha española defensa berlinesa cerrada, na que os dous xogadores xogaron con moito respeto, e acordaron xogo pouco despois da xogada 30, o límite a partir do cal poden facelo, nunha posición de medio xogo equilibrada, sen posibles rupturas e sen pezas maiores cas que montar unha ofensiva perigosa.
Radjabov e Karjakin xogaron unha eslava cerrada na que moi rápido desapareceron tres pezas lixeiras de cada lado, quedando o bispo de Radjabov contra o cabalo de Karkajin. Pero sen facer nin un cambio de peón non había forma de progresar. Na primeira ruptura desapareceron as torres, pero non abriuse moito a posición, que acabou nun final de reis e peóns morto.
A vitoria do día acadouna o americano Nakamura fronte o local Nisipeanu. Nakamura saiu co peón de rei e entrouse nunha española cerrada, que foi iso, cerrada. Lentas manobras nas que de vez en cando cambiabanse pezas, ata que Nisipeanu precipitouse e mandou un peón por diante que permitiu a Nakamura quedar con cabalo bo contra bispo malo no final. Os peóns do rumano caeron rápidamente, bloqueados en cadros de distinta cor do bispo, e todo rematou.
E curioso que na páxina oficial esqueceran ter unha clasificación. Primeiros son Carlsen e Ivanchuk con 1,5. Detrás con 1 Nakamura e Karjakin. 0,5 para Radjabov e Nisipeanu.
A seguinte rolda:
2GMCarlsen Magnus2815-GMRadjabov Teimour27446
3GMNisipeanu Liviu-Dieter2662-GMIvanchuk Vassily27761
4GMKarjakin Sergey2776-GMNakamura Hikaru27745


- Vídeo de Carlsen analizando a súa vitoria sobre Nakamura

En inglés, claro.
Vídeo.

sábado, 11 de xuño de 2011

- Torneo de Reis en Bazna (1R) Gañan Carlsen e Ivanchuk

Na primeira rolda desta proba soamente houbo unhas táboas. As outras dúas partidas tiveron gañadores, concretamente Carlsen e Ivanchik, que comparten agora a primeira praza da clasificación.
Carlsen enfrentouse a Nakamura, e xogouse un gambito de dama pouco convencional, con as brancas tomando en c5 e enrocando largo. O americano buscou as súas opcións nun ataque ao rei branco, pero non tivo tempo nin de empezar, porque Carlsen atacou no ala de rei con forza, demostrando que o rei negro estaba máis débil. Nakamura cometeu unha imprecisión cando estaba apurado de tempo e a súa posición de ser mala pasou a perdida en poucas xogadas.
Ivanchuk levaba brancas e atopouse a india de rei de Radjabov, un clásico. O ucraniano saiu mellor da apertura, dominando o ala de dama, e de paso debilitando o ala de rei do negro, onde en teoría están as opcións do negro nesta defensa. Pois nesta partida nada diso. Ivanchuk montou un ataque no enroque negro, que casi non tiña ninguén defendendo e finalizou con un elegante sacrificio de calidade para ter mate imparable provocando a rendición de Radjabov.
Na partida Nisipeanu - Karjakin xogouse unha nimzoindia moi teórica, na que as negras vanse tras un peón ca dama. A situación derivou nunha posición na que a dama negra non pode escapar do ataque continuo das pezas brancas, e como a Nisipeanu parece que empatar parecíalle ben, pois táboas.
As partidas da segunda roda serán as seguintes:
6GMRadjabov Teimour2744-GMKarjakin Sergey27764
5GMNakamura Hikaru2774-GMNisipeanu Liviu-Dieter26623
1GMIvanchuk Vassily27761/2GMCarlsen Magnus28152
Web oficial.

venres, 10 de xuño de 2011

- Torneo de Reis en Bazna, Rumanía

Mañá comeza un dos torneos cerrados máis fortes do ano. Na localidade rumana de Bazna vanse enfrentar Carlsen, Ivanchuk, Karjakin, Nakamura, Radjabov e Nisipeanu no chamado Torneo de Reis.
O ritmo de xogo vai ser algo máis lento do ritmo FIDE. 120' para 40 xogadas, 60' para as 20 seguintes e despois 15'+30'' para rematar a partida. Isto permitirá ver apuros reais de tempo. Están prohibidas as táboas antes da xogada 30.
A primeira rolda, 15:30 en Bazna, vai ser a seguinte:

1GMIvanchuk Vassily2776-GMRadjabov Teimour27446
2GMCarlsen Magnus2815-GMNakamura Hikaru27745
3GMNisipeanu Liviu-Dieter2662-GMKarjakin Sergey27764

mércores, 8 de xuño de 2011

- A FIDE concede novas titulacións a xogadores, arbitros e organizadores españois

A FEDA informa dos novos títulos que concedeu a FIDE.

GM: Vila Gázquez, Xavier; Perez Candelario, Manuel; Ipatov, Alexander
MI: Espinosa Aranda, Ángel; Forcén Esteban, Daniel; Lorenzo de la Riva, Lázaro
MIF: Vega Gutiérrez, Belinda
AI: Pellicer Cemeli, José Luís; Gracia Lagüens, Asunción
AF: García Valer, Jesús; González Tedín, Antonio
OI: Ortells Pérez, Víctor; Muela Pérez, Miguel Ángel

domingo, 5 de xuño de 2011

- Torneo de León 2011 (Final) Anand vence a Shirov por un total de 4,5 a 1,5

O campión do mundo Anand foi o gañador do Maxistral de León tras empatar a derradeira partida con español Alexei Shirov. Ca vitoria no matcha asegurada, Anand xogou de xeito tranquilo a apertura, sen dar a máis mínima opción ao seu rival para gañar a partida. Nunha defensa eslava foi cambiando unha peza tras outra ata chegar a un final de torre e peóns no mesmo flanco sen máis saída que o empate.
No cómputo xeral do match a superioridade de Anand foi moi clara, obtendo un +3=3-0 que non deixa lugar a dúbida.

[Event "XXIV Torneo Magistral de Ajedrez Ciudad "]
[Site "Leon/Spain"]
[Date "2011.06.05"]
[Round "6"]
[White "V. Anand (IND)"]
[Black "A. Shirov (ESP)"]
[Result "1/2-1/2"]
[ECO "D43"]
1. d4 d5 2. c4 c6 3. Nf3 Nf6 4. Nc3 e6 5. Bg5 h6 6. Bxf6 Qxf6 7. e3 Nd7 8. Bd3
Bd6 9. e4 dxc4 10. e5 Qd8 11. Bxc4 Be7 12. Qe2 Nb6 13. Bd3 Nd5 14. g3 Qa5 15.
Rc1 Nxc3 16. bxc3 Bd7 17. O-O c5 18. Rb1 Bc6 19. Be4 O-O 20. Bxc6 bxc6 21. Rb7
Bd8 22. Qc4 Bb6 23. dxc5 Qxc5 24. Qxc5 Bxc5 25. Nd4 Rab8 26. Rfb1 Bb6 27. Rxb8
Rxb8 28. a4 Rd8 29. a5 Bxd4 30. cxd4 Rxd4 31. Rb8+ Kh7 32. Rb7 Kg6 33. Rxa7 Ra4
34. Kg2 Re4 35. f4 Re2+ 36. Kh3 Ra2 37. Rc7 Rxa5 38. Rxc6 Ra2 39. Rc7 h5
1/2-1/2

- Torneo de León 2011 (5R) Anand asegúrase o match gañando

Ao campión mundial servíanlle as táboas para ser o gañador do match, e ao español non lle quedaba outra que gañar as dúas partidas de hoxe. Shirov buscou desequilibrara defensa Caro-Kan de Anand, pero errou o intento de forzarmo ala de rei, e quedou pasivo. Anand presionou lentamente ata forzar unha ruptura no centro, na que Shirov non podía entrar porque o seu rei, que gañaba algún peón, tiña todas as de acabar nun mate imparable. Pero o español, moi apurado de tempo, entrou nela. Anand non levou o ataque de forma exacta, pero Shirov non acertou nun momento no que podía sacar táboas, e sumou outra derrota.
O match está 4-1 para Anand a falta de unha partida.

[Event "XXIV Torneo Magistral de Ajedrez Ciudad"]
[Site "Leon/Spain"]
[Date "2011.06.05"]
[Round "5"]
[White "A. Shirov (ESP)"]
[Black "V. Anand (IND)"]
[Result "0-1"]
[ECO "B12"]
1. e4 c6 2. d4 d5 3. e5 Bf5 4. h4 h5 5. Bg5 Qb6 6. Bd3 Bxd3 7. Qxd3 Qa6 8. Qf3
e6 9. Ne2 c5 10. c3 Nc6 11. Nd2 Nge7 12. Nb3 cxd4 13. cxd4 Nf5 14. O-O Be7 15.
Bxe7 Ncxe7 16. g3 b6 17. Nf4 g6 18. Nh3 O-O 19. Qf4 Qe2 20. Rfd1 Rac8 21. Rd2
Qg4 22. Qxg4 hxg4 23. Ng5 a5 24. f3 Rc4 25. Kf2 Rfc8 26. fxg4 Nh6 27. Rad1 a4
28. Na1 Nxg4+ 29. Kf3 Nh6 30. Kf4 Nef5 31. Nf3 b5 32. Ne1 f6 33. exf6 e5+ 34.
Kxe5 Ne3 35. Rb1 Re8+ 36. Kf4 Rc6 37. Kg5 Re4 38. Kxh6 Rg4 39. Rf2 Nf5+ 40.
Rxf5 gxf5 41. Kh5 Rc7 0-1

sábado, 4 de xuño de 2011

- Torneo de León 2011 (4R) Táboas sen historia

A cuarta partida do match entre Anand e Shirov do torneo de León de 2011 non pasará a historia por ser moi interesante. Anand non forzou a situación e non repetiu a complicada liña da segunda partida. Sen moitos sobresaltos cambiáronse pezas e pronto acordáronse táboas. Quedaba material no taboleiro, pero non parecía unha posición onde se poidese desequilibrar, con estructuras de peóns simétricas e as mesmas pezas maiores e menores para os dous xogadores.
Mañá xogaranse as derradeiras partidas, con Shirov na obriga de gañalas se quere chegar ao desempate.


[Event "XXIV Torneo Magistral de Ajedrez Ciudad"]
[Site "Leon/Spain"]
[Date "2011.06.04"]
[Round "4"]
[White "V. Anand (IND)"]
[Black "A. Shirov (ESP)"]
[Result "1/2-1/2"]
[ECO "D43"]
1. d4 d5 2. c4 c6 3. Nf3 Nf6 4. Nc3 e6 5. Bg5 h6 6. Bxf6 Qxf6 7. e3 Nd7 8. Bd3
dxc4 9. Bxc4 Bd6 10. O-O Qe7 11. Ne4 O-O 12. Nxd6 Qxd6 13. Qe2 b6 14. Rfd1 Bb7
15. Ba6 Bxa6 16. Qxa6 Rfd8 17. a3 c5 18. h3 cxd4 19. Rxd4 Qc7 20. Rad1 e5 21.
Qc4 Qxc4 22. Rxc4 f6 23. Kf1 1/2-1/2

- Torneo de León 2011 (3R) Shirov é esmagado na apertura e perde outra vez

Na terceira partida do match o español Shirov levaba brancas e enfrentouse de novo a defensa Caro-Kan do indio Anand. Pero algo saiu moi mal. Tal vez un erro na reproducción da secuencia de xogadas, tal vez unha improvisación na preparación... O feito é que na xogada 17, sen material de menos, decidiu, un GM de 2700 e tendo a quenda de xogo, que o mellor era rendirse. Os modulos daban vantaxe maior de 2 para as negras.
O match está 2,5 a 0,5 para o indio.
Web oficial.

A posición onde Shirov rendiuse
[Event "XXIV Torneo Magistral de Ajedrez Ciudad"]
[Site "Leon/Spain"]
[Date "2011.06.04"]
[Round "3"]
[White "A. Shirov (ESP)"]
[Black "V. Anand (IND)"]
[Result "0-1"]
[ECO "B12"]
1. e4 c6 2. d4 d5 3. e5 Bf5 4. g4 Bd7 5. c4 e6 6. Nc3 c5 7. cxd5 exd5 8. dxc5
Bxc5 9. Bg2 Ne7 10. h3 Qb6 11. Qe2 O-O 12. Nf3 d4 13. Ne4 Bb5 14. Qd2 Nbc6 15.
a3 Ng6 16. b4 Be7 17. Bb2 Rfd8 0-1

- Torneo de León 2011 (2R) Anand ponse diante

Na segunda partida tivemos unha loita apasionante. Shirov escolleu con negras unha liña na variante Moscú da Eslava que ainda non fora comprobada. Anand demostrou que a idea de Shirov non pode empregarse mediante un ataque devastador, no que o español quedou co rei no centro e con un peón menos. Pero a pesares diso Shirov tentou o contraataque contra o rei de Anand agotando todas as opcións prácticas que tiña, ata que o campión do mundo rematouno nos apuros de tempo con un ataque de mate.
A partida:
[Event "XXIV Torneo Magistral de Ajedrez Ciudad"]
[Site "Leon/Spain"]
[Date "2011.06.03"]
[Round "2"]
[White "V. Anand (IND)"]
[Black "A. Shirov (ESP)"]
[Result "1-0"]
[ECO "D43"]
1. d4 d5 2. c4 c6 3. Nf3 Nf6 4. Nc3 e6 5. Bg5 h6 6. Bh4 dxc4 7. e4 g5 8. Bg3 b5
9. Be2 Bb7 10. Qc2 Nbd7 11. Rd1 Nh5 12. d5 Nxg3 13. hxg3 Qb6 14. dxe6 fxe6 15.
Nxg5 Bc5 16. Bh5+ Ke7 17. Nxe6 Ne5 18. Nxc5 Qxc5 19. Be2 Raf8 20. O-O Rhg8 21.
b4 Qxb4 22. Qd2 Qc5 23. Qxh6 Bc8 24. Qh4+ Ke6 25. Qh6+ Ke7 26. Qh5 Kf6 27. Qh4+
Ke6 28. Nd5 cxd5 29. Rxd5 Qb6 30. Qh5 Qb8 31. Rfd1 Rf6 32. Rxe5+ Qxe5 33. Bg4+
Rxg4 34. Qe8# 1-0

venres, 3 de xuño de 2011

- Torneo de León 2011 (1R) Táboas entre Shirov e Anand

Arrancou o Maxistral de León, que vai constar de seis partidas nas que enfrontaranse Shirov e Anand. O tempo finalmente vai ser 40' + 30''. Duas partidas cada día, e se hai empate entón o domingo desempatarase a blitz.
Na primeira partida, nunha Caro-Kann de Anand, Shirov xogou unha novidade que deulle algo de iniciativa, pero o campíón do mundo foi quen de igualar unha posición na que parecía que o español podía quedar con unha gran vantaxe estratéxica. Pero as debilidades do flanco de rei branco forzaron a somplificar a posición e chegouse a un final de torres de táboas.
As partidas son retransmitidas en directo con comentarios e imaxe na web oficial.

A partida en formato .pgn (inglés)

[Event "XXIV Torneo Magistral de Ajedrez Ciudad "]
[Site "Leon/Spain"]
[Date "2011.06.03"]
[Round "1"]
[White "A. Shirov (ESP)"]
[Black "V. Anand (IND)"]
[Result "1/2-1/2"]
[ECO "B12"]
1. e4 c6 2. d4 d5 3. e5 Bf5 4. Nf3 e6 5. Be2 Ne7 6. O-O c5 7. dxc5 Nec6 8. Bg5
Be7 9. Bxe7 Qxe7 10. c4 dxc4 11. Na3 c3 12. bxc3 Nd7 13. Nb5 O-O 14. Nd6 Nxc5
15. Bb5 Bg4 16. Bxc6 bxc6 17. h3 Bh5 18. g4 Bg6 19. Qd4 Nb7 20. Rad1 c5 21. Qa4
Nxd6 22. Rxd6 f5 23. Rd7 Qe8 24. Rfd1 fxg4 25. Qxg4 Rf7 26. Rxf7 Qxf7 27. Ng5
Qf5 28. f4 Re8 29. Qxf5 Bxf5 30. Rd7 Rf8 31. Re7 h6 32. Nxe6 Bxe6 33. Rxe6 Rxf4
34. Ra6 Rf3 35. Rxa7 Rxh3 36. e6 Re3 37. Re7 Kf8 38. Rf7+ Kg8 39. Re7 Kf8
1/2-1/2

- A FIDE publica os xogadores calificados para a vindeira Copa do Mundo

Unha nova edición do torneo do KO terá lugar do 26 de agosto ao 21 de setembro en Khanty Mansiysk, así que desta vez os xogadores non van quedar xeados como ven sendo habitual nos torneos oficiais da FIDE. Nesta ocasión haberá unha rolda máis, e serán 128 xogadores os que participarán, en lugar dos 64 que xogaron ata agora. Por España están clasificados o mallorquín Vallejo e o galego Salgado. Tamén Shirov.
Haberá que ver se todos os que están na lista deciden xogar...