Finalizou o torneo que estaba a xogarse en Bazna, Rumanía. Magnus Carlsen rematou na primeira praza, por mellor Sonnen que Sergey Karjakin, que fixo os mesmos seis puntos e medio que el. Radjabov e Nakamura remataron con catro puntos e medio, por catro de Ivanchuk e Nisipeanu.
Amosando publicacións coa etiqueta Bazna 2011 b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bazna 2011 b>. Amosar todas as publicacións
martes, 21 de xuño de 2011
luns, 20 de xuño de 2011
- Torneo de Reis en Bazna (9R) Karjakin alcanza a Carlsen
Tras vencer ao seu compatriota Ivanchuk, o ruso Karkajin empata na cabeza da clasificación con Carlsen, polo que teremos unha decisiva partida Carlsen - Karkajin na derradeira rolda do torneo. O resto de participantes xa están descartados para a vitoria final, porque alo menos un dos dous de cabeza vai sumar puntos. O resto das partidas do día, Nakamura - Radjabov e Nisipeanu - Carlsen remataron en táboas.
domingo, 19 de xuño de 2011
- Torneo de Reis en Bazna (8R) Todo táboas
Non hai cambio tras xogarse unha rolda máis. Todas as partidas remataron en táboas, polo que o triunfo de Carlsen está un pouco máis cerca. A clasificación, a falta de dúas partidas, é a seguinte:
1º Carlsen 5,5
2º Karkajin 5
3º Nakamura 4
4º Radjabov 3,5
5º e 6º Ivanchuk e Nisipeanu 3
sábado, 18 de xuño de 2011
- Torneo de Reis en Bazna (7R) Carlsen gaña a Ivanchuk
Nunha posición que parecía morta o noruegués Magnus Carlsen derrotou ao ucraniano Ivanchuk, e ponse de novo líder en solitario do torneo rumano. O resto de enfrontamentos remataron en táboas, polo que Karjakin queda segundo a medio punto.
- Torneo de Reis en Bazna (6R) Karjakin gaña e empata na cabeza
O ruso Karjakin venceu a Nisipeanu e alcanza a Carlsen na cabeza do torneo, xa que o resto das partidas foron táboas.
mércores, 15 de xuño de 2011
- Torneo de Reis en Bazna (5R) Vitorias de Carlsen e Karjakin
Chegamos ao ecuador do torneo rumano con un líder en solitario, Magnus Carlsen, seguido de Sergey Karjakin. Elos dous foron os xogadores capaces de vencer na quinta rolda a partida que diputaban.
Carlsen con brancas atopouse con un gambito de dama aceptado de Nisipeanu. A loita foi más ou menos tranquila, con un rápido cambio de damas. Pero Nisipeanu cometeu varias pequenas imprecisións que fixeron que Carlsen cobrara vantaxe, non moita, ata que o rumano sí cometeu un erro definitivo que o forzou a abandonar.
Ivanchuk sacou da caixón dos trastos vellos o giuoco piannisimo da italiana. O resultado non foi moi bo, porque o ruso Karkajin conseguiu montar un ataque sobre o seu enroque no que ao principio non había case nada, pero erros de cálculo do ucraniano fixeron que fose gañador.
A partida Radjabov - Nakamura foi un bonito fraude. O americano tragou o peón de b2 nunha liña algo parecida a do peón envenenado, e o taboleiro convertiuse nun caos. A partida é unha loita chea de trucos tácticos, que acaban en bispo e peón do branco por torre negra. E con parella de bispos e un peón pasado por torre e cabalo a partida remata na xogada 31, despois do límite dos organizadores para poder firmar as táboas. A posición pode que esté igualada, pero está moi lonxe de estar rematada. O de sempre...
martes, 14 de xuño de 2011
- Torneo de Reis en Bazna (4R) Tres táboas
Unha xornada sen grandes sobresaltos. Karjakin e Carlsen fixeron táboas nunha Caro Kan na que o noruegués acadou un peón de vantaxe no medio xogo, pero non foi quen de mantelo e a partida morreu sen máis loita. Nakamura e Ivanchuk xogaron unha nimzoindia na que ocraniano xogou a ritmo de partida semirrápida. O americano tiña unha posición lixeiramente mellor, pero non puido sacar nada e acabaron nunha posición de torre e rei contra torre e rei. Radjabov sorprendeu a todo o mundo facendo o gambito Jaenisch na española, pero non acadou unha mellor posición, e acordaron táboas no medio xogo con bispos de distinta cor, unha torre e poucas opcións de facer algo.
A clasificación segue igual, con Carlsen so na cabeza, e Radjabov pechando a un punto del.
A rolda de mañá:
| 6 | GM | Radjabov Teimour | 2744 | - | GM | Nakamura Hikaru | 2774 | 5 |
| 1 | GM | Ivanchuk Vassily | 2776 | - | GM | Karjakin Sergey | 2776 | 4 |
| 2 | GM | Carlsen Magnus | 2815 | - | GM | Nisipeanu Liviu-Dieter | 2662 | 3 |
domingo, 12 de xuño de 2011
- Torneo de Reis en Bazna (2R) Nakamura recupera terreo
Na segunda rolda tiñamos un encontro estelar entre Ivanchuk e Carlse. A partida foi unha española defensa berlinesa cerrada, na que os dous xogadores xogaron con moito respeto, e acordaron xogo pouco despois da xogada 30, o límite a partir do cal poden facelo, nunha posición de medio xogo equilibrada, sen posibles rupturas e sen pezas maiores cas que montar unha ofensiva perigosa.
Radjabov e Karjakin xogaron unha eslava cerrada na que moi rápido desapareceron tres pezas lixeiras de cada lado, quedando o bispo de Radjabov contra o cabalo de Karkajin. Pero sen facer nin un cambio de peón non había forma de progresar. Na primeira ruptura desapareceron as torres, pero non abriuse moito a posición, que acabou nun final de reis e peóns morto.
A vitoria do día acadouna o americano Nakamura fronte o local Nisipeanu. Nakamura saiu co peón de rei e entrouse nunha española cerrada, que foi iso, cerrada. Lentas manobras nas que de vez en cando cambiabanse pezas, ata que Nisipeanu precipitouse e mandou un peón por diante que permitiu a Nakamura quedar con cabalo bo contra bispo malo no final. Os peóns do rumano caeron rápidamente, bloqueados en cadros de distinta cor do bispo, e todo rematou.
E curioso que na páxina oficial esqueceran ter unha clasificación. Primeiros son Carlsen e Ivanchuk con 1,5. Detrás con 1 Nakamura e Karjakin. 0,5 para Radjabov e Nisipeanu.
A seguinte rolda:
| 2 | GM | Carlsen Magnus | 2815 | - | GM | Radjabov Teimour | 2744 | 6 |
| 3 | GM | Nisipeanu Liviu-Dieter | 2662 | - | GM | Ivanchuk Vassily | 2776 | 1 |
| 4 | GM | Karjakin Sergey | 2776 | - | GM | Nakamura Hikaru | 2774 | 5 |
sábado, 11 de xuño de 2011
- Torneo de Reis en Bazna (1R) Gañan Carlsen e Ivanchuk
Na primeira rolda desta proba soamente houbo unhas táboas. As outras dúas partidas tiveron gañadores, concretamente Carlsen e Ivanchik, que comparten agora a primeira praza da clasificación.
Carlsen enfrentouse a Nakamura, e xogouse un gambito de dama pouco convencional, con as brancas tomando en c5 e enrocando largo. O americano buscou as súas opcións nun ataque ao rei branco, pero non tivo tempo nin de empezar, porque Carlsen atacou no ala de rei con forza, demostrando que o rei negro estaba máis débil. Nakamura cometeu unha imprecisión cando estaba apurado de tempo e a súa posición de ser mala pasou a perdida en poucas xogadas.
Ivanchuk levaba brancas e atopouse a india de rei de Radjabov, un clásico. O ucraniano saiu mellor da apertura, dominando o ala de dama, e de paso debilitando o ala de rei do negro, onde en teoría están as opcións do negro nesta defensa. Pois nesta partida nada diso. Ivanchuk montou un ataque no enroque negro, que casi non tiña ninguén defendendo e finalizou con un elegante sacrificio de calidade para ter mate imparable provocando a rendición de Radjabov.
Na partida Nisipeanu - Karjakin xogouse unha nimzoindia moi teórica, na que as negras vanse tras un peón ca dama. A situación derivou nunha posición na que a dama negra non pode escapar do ataque continuo das pezas brancas, e como a Nisipeanu parece que empatar parecíalle ben, pois táboas.
As partidas da segunda roda serán as seguintes:
| 6 | GM | Radjabov Teimour | 2744 | - | GM | Karjakin Sergey | 2776 | 4 |
| 5 | GM | Nakamura Hikaru | 2774 | - | GM | Nisipeanu Liviu-Dieter | 2662 | 3 |
| 1 | GM | Ivanchuk Vassily | 2776 | 1/2 | GM | Carlsen Magnus | 2815 | 2 |
venres, 10 de xuño de 2011
- Torneo de Reis en Bazna, Rumanía
Mañá comeza un dos torneos cerrados máis fortes do ano. Na localidade rumana de Bazna vanse enfrentar Carlsen, Ivanchuk, Karjakin, Nakamura, Radjabov e Nisipeanu no chamado Torneo de Reis.
O ritmo de xogo vai ser algo máis lento do ritmo FIDE. 120' para 40 xogadas, 60' para as 20 seguintes e despois 15'+30'' para rematar a partida. Isto permitirá ver apuros reais de tempo. Están prohibidas as táboas antes da xogada 30.
A primeira rolda, 15:30 en Bazna, vai ser a seguinte:
| 1 | GM | Ivanchuk Vassily | 2776 | - | GM | Radjabov Teimour | 2744 | 6 |
| 2 | GM | Carlsen Magnus | 2815 | - | GM | Nakamura Hikaru | 2774 | 5 |
| 3 | GM | Nisipeanu Liviu-Dieter | 2662 | - | GM | Karjakin Sergey | 2776 | 4 |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)