xoves, 31 de decembro de 2015

Magnus Carlsen gañou o Open de Qatar

O campión mundial rematou o Open de Qatar 2015 sumando 7 de 9 puntos, empatado co chinés Yangyi Yu. No desempate a blitz Carlsen gañou 2-0.
Tras deles empataron a 6,5 puntos un grupo de cinco xogadores: os rusos Kramnik, Karjakin e Sjugirov, o chinés Hua NI e o ucraniano Ivanchuk.

martes, 22 de decembro de 2015

Ivan Popov (Rusia) campión europeo de rápidas 2016

Tras finalizar con 10 puntos e imbatido nas once roldas do torneo o GM Popov proclamouse en Minsk novo campión de Europa 2016 de xadrez rápido. Tras del, a medio punto, rematou o GM armenio Melkumian que levou en solitario a segunda praza. Oito xogadores empataron con 9 puntos a continuación, favorecendo o desempate ao ucraniano Vadim Razin, xogador sen título.

luns, 21 de decembro de 2015

O azerí Mamedov campión europeo de blitz 2015

O Campionato de Europa de Blitz foi gañado polo GM Rauf Mamedov, que rematou a competición con 18 puntos dos 22 posibles (11 roldas a dúas partidas) Cos mesmos puntos quedou o ruso Boris Savchenko, pero con peor desempate. Outros dous rusos quedaron a continuación con 17 puntos, pero por desempate a terceira prza foi para Riazantsev e a cuarta para Bocharov.
Web oficial.

venres, 18 de decembro de 2015

Lista provisional de grupos para a Liga 2016

A FEGA publicou un listado provisional de grupos para disputar a seguinte liga. Pódese ver no seguinte enlace.

luns, 14 de decembro de 2015

Campionato de Europa 2015 Blitz e Rápido

Do 17 ao 20 de decembro unha chea de GM europeos van tratar de gañar en Minsk a coroa de campión de rápidas e de blitz. Ningún español tivo o valor de apuntarse.

Carlsen gaña o Torneo de Londres

A sala de xogo - Web oficial.
O London Chess Classic rematou con tres xogadores empatados na cabeza a 5,5 puntos: Magnus Carlsen, Anish Giri e Maxime Vachier-Lagrave. As normas do torneo especificaban que habería que desempatar a rápidas se isto pasaba e iso foi o que fixeron. No primeiro match entre o 3º e 2º por Sonnen o francés gañou ao holandés no Armageddon, o que o levou a disputar a vitoria final contra o campión do mundo. Carlsen gañou con brancas e tras empatar con negras adxudicouse o primeiro premio.
Tras os tres da cabeza rematou Aronian a medio punto. Caruana, Adams e Grischuk fixeron 4,5 por 4 de Nakamura. Pecharon dous excampións mundiais: Anand con 3,5 puntos e Topalov que con 2,5 sobre 9 quedou na derradeira posición.