Amosando publicacións coa etiqueta Liga galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Liga galega. Amosar todas as publicacións

venres, 18 de decembro de 2015

Lista provisional de grupos para a Liga 2016

A FEGA publicou un listado provisional de grupos para disputar a seguinte liga. Pódese ver no seguinte enlace.

luns, 7 de xaneiro de 2013

Chega a Liga Galega 2013

O día 12 de xaneiro os reloxos poñeranse en marcha para dar comezo a Liga Galega 2013. Sorte a todos os participantes.
Información completa da FEGA.
Enlace ao GEFE.

xoves, 22 de decembro de 2011

- A FEGA publica os calendarios da liga 2012

No programa GEFE, o arrepiante software que emprega a federación para xestionar a liga polo mal que carga, xa podese consultar cando toca xogar con quen e onde. Enlace da FEGA.

xoves, 8 de decembro de 2011

- A FEGA publica a distribución dos grupos para a liga do 2012

Temos a distribución provisional dos grupos para a liga 2012.
O CIDU está no grupo A de primeira división, co Alexandre Bóveda "B", Ex-Alcohólicos, Círculo Ferrolano "B", Cidade de Narón, Tuimar, Escola Técnica de Xadrez, Sigrás "A", Bazán "A", Recatelo "B", Sagrada Familia "A" e Caranza "A".
O Palaestra e o CIDU-Universidade están no grupo "B" da segunda división, co Alexandre Bóveda "B", Artesanos "A", Xaquedrum Absoluta, Xaquedrum Cadete, Sigrás "B", Ex-Alcohólicos Aficionados, Guillán "A", Guillán "B", Peña Ajedrecística e Betanzos "A".
Os grupos completos poden versa nesta páxina da FEGA.

xoves, 1 de decembro de 2011

- A FEGA anuncia os equipos e divisións para a liga do 2012

Xa están os grupos para a liga. 12 na división de honra, 36 na primeira división,  72 en segunda, 68 en terceira e 97 en cuarta.