venres, 31 de decembro de 2010

- Torneo de Reggio Emilia. Vallejo líder con 3,5 de 4

Tras gañar hoxe a Short e onte a Navara o xogador español Vallejo marcha na cabeza do torneo que está a xogarse na localidade italiana de Reggio Emilia. Os xogadores que marchan a continuación del teñen dous puntos, ainda que Navara podería acadar dous e medio se gañase unha partida que non se xogou na primeira rolda contra Morozevch.
Na partida de hoxe Vallejo conseguiu unha iniciativa tan grande contra Short na apertura que este pasou a meirande parte da partida defendéndose, e iso que levaba brancas. O favorito Ivanchuk non termina de encontrar o seu xogo e leva catro táboas nas catro partidas xogadas.
Web oficial.

xoves, 30 de decembro de 2010

- A FEDA publica unha actualización de normas de xogadores

Non sabemos moi ben cal é o obxetivo, pero se algún interesado andaba un pouquiño despistado pasámoslle o enlace.

- Torneo de Reggio Emilia. Vallejo arranca ben

Un ano máis este torneo pecha una ano e abre o seguinte, enfrontando a xogadores tan fortes como Ivanchuk, Gashimov, Movsesian ou Navara.
Tras xogar as dúas primeiras partidas do torneo italiano o líder é o inglés Short, que sumou os dous puntos en xogo. O español Vallejo vai segundo a medio punto de Short, e catro xogadores teñen un punto.
As partidas poden seguirse en directo na web oficial todos os días as 15:00.

venres, 24 de decembro de 2010

- Yifan Hou nova campiona mundial

A xogadora chinesa Yifan Hou é a nova campiona mundial ao gañar por 3 a 1 nas partidas rápidas a Lufei Ruan. Táboas nas partidas con negras e dúas vitorias con brancas. Con 16 anos convírtese na campiona máis xove da historia.
Web oficial.

- Eleccións na FEGA

Non hai cambios no xadrez galego.
Acta da Asemblea.

- Campionato do Mundo feminino en Turquía (final) Ruan forzou as rápidas

Tiña unha tarefa complicada, pero Ruan Lufei conseguiu vencer a Yifan Hou nunha das dúas partidas que tiñan que xogar para completar as catro do ritmo FIDE.
Na terceira partida Ruan Lufei xogou con negras, acadou unha vantaxe suficiente para gañar, pero non foi quen de romper a defensa de Hou no final. Na cuarta partida, na vitoria era obligatoria, Lufei escolleu o ataque Keres contra a siciliana e conseguiu gañar, forzando o desempate a rápidas.

xoves, 23 de decembro de 2010

- Campionato de Rusia. Nepomniachtchi foi o gañador.

O ruso Nepomniachtchi venceu a Karjakin no desempate. Tras empatar as dúas primeiras partidas conseguiu o título no armagedon. Video da partida.

mércores, 22 de decembro de 2010

- Campionato de Rusia. Karjakin e Nepomniachtchi rematan na cabeza.

O ruso Nepomniachtchi e o ucraino nacionalizado ruso Karjakin remataron empatados a 7 puntos no Campionato de Rusia, e terán que xogar o desempate a rápidas para decidir quen será o campión do 2010. Con 6,5 puntos remataron a continuación Svidler e Grischuk.
Web oficial.

- Campionato do Mundo feminino en Turquía (final) Hou por diante

Xogáronse xa as dúas primeiras partidas da final, que é a unha serie de catro a ritmo FIDE. Despois das táboas na primeira partida, a favorita Yifan Hou púxose un punto arriba tras vencer con negras nunha defensa siciliana a Rufei Luan. Hoxe poderíamos ter nova campiona mundial se Hou gaña con brancas.
Web oficial.

luns, 20 de decembro de 2010

- Campionato do Mundo feminino en Turquía (semifinais)

Dúas xogadoras chinesas xogarán a final do mundial feminino. Yifan Hou e Lufei Ruan, que eliminaron a Humpy Koneru e Xue Zhao respectivamente. A favorita e Hou, con 2591 ELO FIDE, fronte os 2480 de Ruan, pero é unha competición tipo KO onde un pequeno erro é moi difícil de arranxar, polo que todo podería pasar.

- Almasi campión europeo de rápidas.

Os días 18 e 19 de Nadal xogouse en Varsovia o campionato europeo da modalidade, con un ritmo de xogo de 15m + 10s por partida. O sistema foi suizo a 13 roldas, tomando parte 723 xogadores!
Ata cinco xogadores remataron empatados na cabeza con 10,5 puntos dos 13 posibles, tendo que botar man dos sistemas de desempate para repartir os trofeos. Zoltan Almasi, de Hungría, foi o gañador, por diante de Vugar Gashimov de Azerbaian e Vassily Ivanchuk de Ucrania, que completaron o podio. Mala sorte para o español Shirov, que foi o cuarto clasificado.
Web oficial (en polaco)

- Vachier-Lagrave campión europeo de blitz

Xogouse en Varsovia o 17 de nadal o torneo para determinar o mellor xogador blitz europeo. O ritmo de xogo foi de 3m + 2s. Torneo suizo a 13 roldas con 349 inscritos. Os encontros eran a dobre volta, isto é, xogabase cada emparellamento con brancas e con negras.
O francés Maxim Vachier-Lagrave foi o gañador, sumando 22 de 26 puntos posibles. O subcampión foi Vassily Ivanchuk, de Ucrania, a dous puntos. A terceira praza do podio foi para o tamén ucraino Ruslan Ponomariov, que quedou a dous puntos e medio do gañador.
Web oficial (polaco).

xoves, 16 de decembro de 2010

- Carlsen gaña o London Chess Classic

Tras gañar na derradeira rolda a Nigel Short, Magnus Carlsen acadou a victoria nun torneo que tiña moi difícil tras perder dúas das tres primeiras partidas. Short xougou unha defensa francesa, na que Carlsen escoulleu a poscional variante Tarrasch. O noruegués gañou un peón no ala de dama e presionou nel ata quedar con un peón gañador. Short tentou algo no ala de rei pero non resultou e tivo que rendirse.
No encontro Anand - Kramnik xogouse a española berlinesa, na que o ruso é un experto e pouca xente consegui batilo. Pero tampouco é a mellor opción para intentar gañar a partida e ter opcións de gañar o torneo. As pezas foron cambiándose pouco a pouco e ao final o final de bispos de distinta cor soamente daba táboas.
Adams con negras xogou o gambito Marshall contra Nakamura, no que mantivo unha boa presión compensando o peón de menos. Os dous xogadores tentaron todo o posible ata chegar a rei contra rei, proba da loita na partida.
Howell - McShane foi una siciliana na que no taboleiro apareceu o ataque inglés. Howell tentouno no ala de rei e McShane no de dama como manda a teoría, pero a partida acabou nunha triple repetición no medio xogo.
A clasificación final quedou así: 1º Carlsen 13; 2º Anand 11; 3º McShane 11; 4º Nakamura 10; 5º Kramnik 10; 6º Adams 8; 7º Howell 4; 8º Short 2. É interesante comprobar que se aplicásemos a puntuación clásica de punto por vitoria e medio punto por empate Carlsen pasaría de primeiro a terceiro, e o resto dos xogadores manterían a mesma orde.

mércores, 15 de decembro de 2010

- Campionato do Mundo feminino en Turquía (cuartos)

Novo éxito para China, que clasificou a tres das súas catro xogadoras para as semifinais. Zhao e Hou eliminaron as súas rivais nas partidas a ritmo FIDE, Skripchenko e Lahno. A única chinesa eliminada foi Ju, que perdeu no ritmo FIDE con Koneru, o Elo máis alto do torneo. A terceira chinesa clasificada foi Ruan, que no desempate a rápidas venceu a  Harika.
As semifinais deixan os enfrontamentos Ruan - Zhao e Koneru - Hou, que podería considerarse a final anticipada.
Web oficial.

- London Chess Classic (6R). Todo táboas, pero das boas

Non hai cambios na clasificación porque todas as partidas remataron en táboas, pero a loita foi durísima.
Short e Howell xogaron un... gambito de rey! En poucas xogadas os dous reis parecían estar a piques de recibir mate, pero ao final, tras trocarse a maioría das pezas no medio das ameazas e defensas, chegouse a un final de táboas.
Adams e Anand xogaron unha partida posicional das que Karpov era experto. Lentas manobras ata chegar a un punto onde o que dese un paso adiante perdería, e acordouse o empate.
McShane escapou de Nakamura grazas a un xaque continuo que salvou unha posición perdida. Algo parecido pódese decir de Carlsen, que salvou un final contra Kramnik que a computadora gaña porque calcula millóns de xogadas, pero o ruso e un ser humano.
Hoxe a rolda final, en directo as 12:00 na web oficial.

luns, 13 de decembro de 2010

- Campionato do Mundo feminino en Turquía (oitavos). Kosteniuk fóra.

A actual campiona do mundo, Alexandra Kosteniuk, non poderá revalidar o título, ao ser eliminada nas partidas rápidas pola chinesa Lufei Ruan. Koneru foi a única das favoritas que pasou nas partidas a ritmo FIDE, porque Yifan Hou tivo que xogar as rápidas. O desenlace máis dramático foi o da eliminatoria Harika - Muzychuk, M. que chegou ata o armagedon.
Os cuartos de final deixan os seguintes enfrontamentos: Ruan - Harika, Koneru - Ju, Hou - Lahno e Zhao - Skripchenko, Unha ukraniana, unha francesa, dúas indias e catro chinesas. Non hai rusas entre as oito mellores, o que non pasara nunca.
Web oficial.

- London Chess Classic (5R). Carlsen, Anand e McShane: triunvirato

O número 2 do mundo, Magnus Carlsen, venceu a David Howell na súa partida da quinta rolda cando o inglés nos apuros de tempo deixouse un cabalo nunha posición igualada. Deste xeito acadou os 9 puntos, que o colocan empatado na cabeza cos dous anteriores colíderes.
Anand e McShane, que tiñan 8 puntos, fixeron táboas nunha española berlinesa nunha partida sen grandes sobresaltos. Isto fai que a falta de dúas partidas teñamos tres xogadores primeiros.
O americano Nakamura tumbou ao Marshall de Short, quen escolleu a liña 9...e4 atacando o cabalo en troques da habitual 9...Cxd5. Non saiu ben o experimento, porque o inglés tivo que abandonar na xogada 34 ao chegar a un final perdidísimo.
Na cuarta partida da rolda Adams e Kramnik fixeron táboas. Adams xogou a española e atopouse co Muro de Berlin de Kramnik, aquel que acabou con Kasparov. Algún intento agresivo dos dous xogadores pero moi pronto a posición non daba para máis que deixalo en táboas.
As partidas en Chessbase.
Hoxe día de descanso, con Carlsen, Anand e McShane con 9 puntos. Nakamura e Kramnik están moi cerca, con 8. Adams ten remotas opcións con 6. Finalmente Howell e Short con 2 e 1 punto non teñen nada que facer.

domingo, 12 de decembro de 2010

- Campionato de Rusia

Comezou en Moscova o torneo nacional máis forte do mundo. Doce xogadores nun cerrado, onde o máis "parvo" é un 2646. E non están nin Kramnik nin algún outro ruso que podería subir a puntuación media.

- London Chess Classic (4R). Anand alcanza a McShane na cabeza

O campión mundial Viswanathan Anand gañou a Nigel Short na cuarta rolda do torneo de Londres, o que permitelle empatar na primeira praza da competición. Short, con brancas, decidiu xogar unha siciliana cerrada. No medio xogo, con opcións para ambos xogadores, Short fixo un dudoso sacrificio e Anand rematou.
Kramnik sumou unha vitoria diante da defensa Grunfeld de Howell. O xogador ruso foi aumentando pouco a pouco a vantaxe de espacio e desenvolvemento ata quedar con un final totalmente gañado que o inglés xa nin tentou defender.
Adams e McShane empataron unha apertura catalana que rematou en final de bispos de distinta cor tras unha partida moi tranquila. Este resultado permite a McShane seguir líder, pero agora empatado con Anand.
E finalmente Carlsen derrotou a Nakamura nunha apertura inglesa. O americano arriscou no medio xogo, non lle saiu ben, e Carlsen foi mellorando as súas pezas ata gañar a partida.
As partidas en Chessbase.
Hoxe unha nova rolda, as 14:00 hora galega, antes do día de lecer de mañá.
Web oficial.

sábado, 11 de decembro de 2010

- London Chess Classic (3R). McShane resiste a Kramnik e segue líder

Unhas sufridas táboas contra o ex-campión do mundo Vladimir Kramnik, amosando a técnica de defensa do final de torre contra torre e alfil, permitironlle o xogador inglés Luke McShane sumar un punto e manterse na cabeza do torneo con 7 puntos, mentres Kramnik suma 4.
Táboas de Nakamura e Howell, os cales chegaron a un final de dama contra torre e cabalo no que o británico montou unha fortaleza onde a dama e o rei de Nakamura non poderon entrar. O americano ten agora 5 puntos por 2 de Howell.
O encorntro entre os dos mellores xogadores ingleses do momento acabou en táboas mortas con bispos de distinta cor. Adams suma catro puntos e Short estrenou o seu casilleiro e cerra a clasificación con 1.
E finalmente Anand esnaquizou a defensa Breyer na española de Carlsen. Por un peón o indio acadou un desenvolvemento exemplar para atacar o enroque do noruegués, que tiña as pezas moi pasivas. Carlsen salvou a posición pero quedou cun enroque penoso e foi quedando cada vez peor ata ter que abandoar.
As partidas para reproducir en Chessbase.
Hoxe novas partidas, retransmitidas en directo na páxina oficial, con comentarios e analises de GM's e MI's de balde, En inglés, por suposto.
Web oficial.

venres, 10 de decembro de 2010

- London Chess Classic (2R). McShane sorprendente líder.

Comezou en Londres este forte torneo. Oito xogadores, Anand, Carlsen, Kramnik, Nakamura e os ingleses Adams, Short, McShane e Howell. Tras xogarse dúas roldas soamente houbo dous empates, os dous nas partidas de Anand. O inglés McShane vai na cabeza tras gañar dous de dous, e ten dous puntos de vantaxe sobre Nakamura. A puntuación é a do Masters de Bilbao, 3 por vitoria e un por empate.
Hoxe a terceira rolda, onde o líder ten as brancas fronte a Kramnik, igual que Anand contra Carlsen. As partidas poden seguirse en directo as 16:00 horas de Londres na web oficial, onde está tamen recollida toda a información das moitas actividades paralelas, entre elas as simultáneas da lenda Korchnoi.

- Campionato do Mundo feminino en Turquía (2/32-2)

Ilustres eliminadas na segunda rolda. Kosintseva, Dzagnidze e Stefanova, 4ª, 5ª e 6ª do ranking están a facer as maletas para regresar a casa tras ser eliminadas. Hoxe comenzan os oitavos do final, onde das dezaseis xogadoras cinco son chinesas, o único país con máis de unha representante.

luns, 6 de decembro de 2010

- Campionato do Mundo feminino en Turquía (2/32-1)

Xa está listo o cadro da segunda eliminatoria. Ver cadro.
Os enfrontamentos máis interesantes parecen Kosintseva - Dembo e Cmilyte - Paetzh.

- Campionato do Mundo feminino en Turquía (1/32-2)

Remataron as partidas a ritmo FIDE da primeira eliminatoria, e o único resultado sorprendente foi a eliminación da GM Pia Cramling (2526) nas mans da WIM de Betul Yildiz (2225), que perdeu por tempo ao esquecer que tiña un control as 40 xogadas. Tamén é salientable a boa combinación coa que gañou a partida Alexandra Kosteniuk.

 
Todas as pezas negras atacan ao feble enroque negro, e iso propicia o sacrificio.
28...Ba2+! 29. Ra1 Se o rei vai a c1 ven 29...Txc2+ gañando.
29...Cxc2+! 30. Rxa2 A alternativa era perder a dama, pero agora ven o mate en 3.
30...Ta3+!! 0-1 Sacrificio de torre para que poida entrar a dama en a3 e logo mate.

Hoxe xoganse os desempates para deixar un cado definitivo con 32 xogadoras. Páxina oficial.

sábado, 4 de decembro de 2010

- Campionato do Mundo feminino en Turquía (1/32-1)

Comezou este torneo en Antakya, Turquía, que ten esta páxina oficial, moi completa e coidada.
Xogase co sistema de Copa: dúas partidas ao ritmo FIDE, e se hai empate desempate a rápidas e logo blitz se este persiste. O ranking está encabezado pola posuidora actual do título, Kosteniuk, seguida por Koneru, Hou, Kosintseva e así ata 64 xogadoras. Isto da lugar a 32 enfrontamentos na primeira rolda.
Non houbo sorpresas nas primeiras partidas, gañando as favoritas nos sete primeiros taboleiros.  Resultados completos.
As partidas poden seguirse en directo, e como novidade hai retransmisión para IPhone.

martes, 30 de novembro de 2010

- Óscar de Prado vencedor en Lugo. Javier Mazaira segundo.

No I Torneo Cidade de Lugo o MF Óscar de Prado acadou con autoridade a primeira praza, gañando as sete primeiras partidas e acordando táboas na derradeira rolda con Javier Mazaira. Deste xeito o clube de Arteixo levouse as dúas primeiras prazas, porque esas táboas daban vantaxe no desempate a Javier Mazaira, ex-vicepresidente de AGAX, fronte a Alfredo López López.
Resultados completos.

martes, 23 de novembro de 2010

- Torneos Zonais en Galicia

A FEGA publica a información para os torneos zonais. Ver páxina.

- I Torneo Cidade de Lugo. Óscar de Prado na cabeza

O MF Óscar de Prado leva o pleno nas seis rondas xogadas, e a falta de dúas partidas ten 1,5 puntos de vantaxe sobre cinco xogadores que están empatados nos postos do 2º ao 6º. A seguinte rolda será o sábado 27 as 17:00, con estes enfrontamentos nas primeiras mesas.

M.No.0NombrePts.ResultadoPts.0NombreNo.
11FMDe Prado Rodriguez Oscar6Vazquez Del Valle Ruben13
29Fernandez Lopez Miguel AngelCarril Garcia Luis6
38Mazaira Alba Javier I.Pardo Gomez Jose Ramon21
412Nieto Velado Antonio44Diaz Nunez Adolfo2
53Casares Cabanas Carlos44Brana Lopez Eduardo11
624Fernandez Fernandez Fernando44FMDel Barrio Gomez Jesus Maria4
77Lopez Lopez Alfredo44Perez Pardo Ricardo27
85Penalonga Sweers AngelPardo Gomez Juan Carlos25
922Prado Acebo InesFlorez Rodriguez Diego10
1029Grana Castanal AndresSanchez Lopez Borja16

A clasificación dos dez primeiros.

Rk.0NombreFEDEloClub/CiudadPts. Des 1  Des 2 
1FMDe Prado Rodriguez OscarESP2308Gal6,019342760
2Vazquez Del Valle RubenESP1905Gal4,517882188
3Mazaira Alba Javier I.ESP2072Gal4,517841966
4Carril Garcia LuisESP2079Gal4,517712027
5Fernandez Lopez Miguel AngelESP2042Gal4,516401886
6Pardo Gomez Jose RamonESP1681Gal4,516082541
7FMDel Barrio Gomez Jesus MariaESP2196Gal4,019222153
8Casares Cabanas CarlosESP2238Gal4,019031994
9Lopez Lopez AlfredoESP2078Gal4,018501838
10Diaz Nunez AdolfoESP2248Gal4,017492008

- Gilberto Milos gañador do Iberoamericano

O xogador brasileiro remontou a derrota da primeira partida e venceu no desempate ao español Marc Narciso. Na loita polo terceiro e cuarto posto Felgaer gañou por incomparecencia do venezolano Iturrizaga, feito bastante curioso.

domingo, 21 de novembro de 2010

- I Torneo Cidade de Lugo. Javier Mazaira na segunda mesa.

O que fora tantos anos vicepresidente de AGAX está a ter unha boa actuación no torneo que ten lugar na cidade da muralla, e ocupa o posto número catro da clasificación xeral, empatado a puntos con Rubén Vázquez e Luis Carril. Na cabeza, con cinco puntos, o MF Óscar De Prado. Parece que aos xogadores da delegación da Coruña Centro vailles moi ben o formato deste torneo. Agora estase a xogar a sexta rolda, con interesantes partidas nas primeiras mesas.


M.No.0NombrePts.ResultadoPts.0NombreNo.
12Diaz Nunez Adolfo45FMDe Prado Rodriguez Oscar1
26Carril Garcia Luis44Mazaira Alba Javier I.8
313Vazquez Del Valle Ruben4Casares Cabanas Carlos3
44FMDel Barrio Gomez Jesus MariaNieto Velado Antonio12
521Pardo Gomez Jose RamonPenalonga Sweers Angel5
625Pardo Gomez Juan CarlosFernandez Lopez Miguel Angel9
734Alves Rodriguez Jorge Alberto3Lopez Lopez Alfredo7
810Florez Rodriguez Diego33Grana Castanal Andres29
911Brana Lopez Eduardo33Arias Pineiro Alejandro26
1027Perez Pardo Ricardo33Perez Carballo David14

- Marc Narciso gaña a primeira partida da final do Iberoamericano

Unha apertura inglesa deulle ao GM español Marc Narciso vantaxe na final deste torneo que está a ter lugar en México, celebrando a súa terceira edición. Hoxe vaise xogar a segunda partida, na que o seu rival, o GM Milos levará as brancas.
Marc Narciso - Gilberto Milos, México 2010.
1.c4 e5 2.g3 Cc6 3.Cc3 g6 4.Ag2 Ag7 5.e4 d6 6.Cge2 Cge7 7.d3 Ae6 8.Cd5 a6 9.Ae3 0–0 10.0–0 Dd7 11.Dd2 Tae8 12.Tac1 f5 13.b4 Cd8 14.b5 c6 15.Cxe7+ Txe7 16.bxa6 bxa6 17.exf5 Axf5 18.Tb1 Ah3 19.Axh3 Dxh3 20.Tb6 Tef7 21.Cc3 Tf5 22.Txa6 Ce6 23.Txc6 e4 24.Cb5 Th5 25.f4 exf3 26.d4 Txb5 27.cxb5 Cxd4 28.Tf2 Cxc6 29.Dd5+ Rh8 30.bxc6 Dg4 31.Dxd6 h5 32.c7 Rh7 33.De7 Dc4 34.h4 Tf6 35.c8D Dxc8 36.Ad4 Db8 37.Axf6 1–0
No encontro polo terceiro e cuarto posto Edurdo Iturrizaga gañou a partida contra o arxentino Felgaer.


A partires das 18:30 podes ver as partidas na web oficial.

sábado, 20 de novembro de 2010

- Marc Narciso xogará a final do Torneo Iberoamericano

Na segunda partida do desempate, usando a Defensa Alekhine, o GM español Marc Narciso foi quen de superar ao GM arxentino Rubén Felgaer e pasar á final do torneo.
Na outra semifinal tamén chegouse ás partidas de desempate, e o GM de Brasil Gilberto Milos acadou o pase á final vencendo o GM de Venezuela Eduardo Iturrizaga.

venres, 19 de novembro de 2010

- Torneo Iberoamericano de Xadrez. Semifinais

Táboas nas primeiras partidas das semifinais, Iturrizaga - Milos e Narciso - Felgaer.

- Aronian campión mundial de rápidas

- O armenio Levon Aronian acadou un novo título na súa carreira en Moscú, gañando o Campionato Mundial de Blitz. Subcampión quedou Radjabov e Carlsen completou o podio. A táboa completa aquí.

mércores, 17 de novembro de 2010

- Torneo Iberoamericano de Xadrez (4ªR) Non hai grupos decididos a falta de unha rolda.

As partidas de hoxe pechan a fase de grupos. Soamente o gañador de cada grupo pasará a semifinais. A retransmisión en directo as 18:30 aquí.
· Grupo A: O GM Marc Narciso é agora líder en solitario, sacando medio aos MI Baules e Santos. Hoxe xoga cas pezas negras fronte o salvadoreño Aguilar, 2157 de Elo FIDE, e debería poder obter a primeira praza e pasar a semifinais.
· Grupo B: O GM Iturrizaga líder sacando un punto ao MF Dias e o GM González Zamora. Hoxe péchase o grupo co encontro entre Iturrizaga e González Zamora, que ten que gañar si ou si. Dias ten o rival máis asequible na teoría, pero o coeficiente de desempate de Iturrizaga e moito mellor se chegasen a quedar igualados.
· Grupo C: O GM Milos líder, con un punto sobre o MI González e o GM Morovic. Milos e Morovic xogan entre eles, e a Morovic soamente lle serve gañar. González debería vencer a Mazara, agardar a derrota de Milos e calcular os desempates.
· Grupo D: O MI Ibarra primeiro con 4 de 4, sacando medio ao GM Felgaer. Xogarán entre eles unha partida con moita emoción. levando Felgaer as brancas. O resto non ten opcións.

martes, 16 de novembro de 2010

- Torneo Iberoamericano de Xadrez (3ªR). Paso adiante de Marc Narciso

· Grupo A: O representante español no torneo, GM Marc Narciso,  logrou unha importante vitoria con pezas negras ante Julio Granda, o número un dos xogadores participantes. Comparte a primeira posición no grupo co MI Alberto Santos, pero ten mellor desempate e figura no posto que da acceso a semifinais. Este está a ser o grupo das sorpresas, onde o número un e o número tres na orde de forza do grupo ocupan os dous últimos postos. As partidas de hoxe.

M.No.0NombreResultado0NombreNo.
16GMNARCISO DUBLAN MarcGMGONZALEZ GARCIA Jose5
21IMBAULES JorgeIMSANTOS FLORES Alberto4
32GMGRANDA ZUNIGA Julio EAGUILAR Gustavo3


· Grupo B: As táboas do GM Iturrazaga co MF Larrea dan máis vida ao grupo, onde a falta de dúas partidas hai un xogador a medio punto e dous a un punto cabeza, pero o calendario parece favorecer ao GM venezolano. As pardidas de hoxe.
M.No.0NombreResultado0NombreNo.
16FMFONSECA Jose LuisGMITURRIZAGA Eduardo5
21GMGONZALEZ ZAMORA Juan CarlosFMLARREA Manuel4
32FMDIAS PauloGMCORDOVA Emilio3

· Grupo C: O GM Milos segue en cabeza, sacándolle un punto a tres xogadores, polo que podería acadar a clasificación matemática tras acabar a quinta ronda. As partidas de hoxe.

M.No.0NombreResultado0NombreNo.
16CMMAZARA AdanGMMOROVIC FERNANDEZ Ivan5
21GMMILOS GilbertoGMFRANCO OCAMPOS Zenon4
32FMLORENZANA Wilson EstuardoIMGONZALEZ Bernal3


· Grupo D: Neste grupo temos o único xogador con 3 de 3, o MI mexicano Ibarra, que saca medio punto ao arxentino Felgaer e un ao cubano Almeida. Todo por decidir, tendo en conta que ao líder fáltalle xogar cos dous perseguidores. As partidas de hoxe.

M.No.0NombreResultado0NombreNo.
16CMVAZQUEZ REYES RaulGMFELGAER Ruben5
21IMIBARRA CHAMI Luis FernandoGMALMEIDA QUINTANA Omar4
32CMMEDINA COLINDRES J VierIMCAPO VIDAL Uriel3