O que foi o árbitro do match entre Fischer e Spassky, o GM alemán Lothard Schmid, morreu o día 18 de maio aos 85 anos. Foi un habitual do equipo alemán nas olimpiadas durante os anos 50 e 60, onde acadou varias medallas.
martes, 21 de maio de 2013
sábado, 18 de maio de 2013
Norway Chess 2013 (Final) Karjakin gaña na casa de Carlsen
Sergey Karjakin resultou gañador do Norway Chess 2013 tras sumar 6 puntos, medio máis que Carlsen, Nakamura e Aronian, que remataron o torneo con 5,5.
Web oficial.
Web oficial.
venres, 17 de maio de 2013
Campionato de Europa 2013 (Final) Moiseenko gañador e Vallejo sexto
O ucraniano Alexander Moiseenko é o novo campión europeo, tras ser o que mellor desempate tivo do grupo que rematou na cabeza, que empatou a 8 puntos. Nese grupo de dez xogadores quedou Francisco Vallejo, na sexta praza, rematando imbatido o torneo e gañando once puntos de Elo que o devolven aos 2700. A medalla de prata da proba foi para o ruso Eugeny Alekseev e a de bronce para o tamén ruso Eugeny Romanov.
Os outros españois tamen gañaron Elo no torneo. Salgado rematou con 6,5 puntos e un incremento de 4,8 e Arizmendi fixo 6 mellorando 9. Ocuparon os postos 60º e 91º.
mércores, 15 de maio de 2013
Norway CHess 2013 (R7) Karjakin líder con Carlsen a medio punto
O ruso Karjakin mantén o liderato tras vencer a Nakamura, mentres Carlsen facía o mesmo contra Hammer. Deste xeito o primeiro ten 5,5 por 5 do segundo. Tamen gañaron Aronian, agora con 4,5, que ponse terceiro e Anand que chega ata a cuarta praza con 4 puntos. Quedan tres partidas para o final.
Grand Prix feminino Geneva 2013 (Final) Khotenashvili sorprendente gañadora
Nun torneo onde era das da parte baixa do ranking, a xeorxiana Khotenashvili alzouse ca vitoria con 8 puntos, superando en medio á eslovena A. Muzychuk e en un á rusaT. Kosintseva e á tamén xeorxiana Dzagnidze.
A campiona mundial Ushenina quedou na metade da táboa con 6 puntos, e aínda peor quedou a aspirante á coroa e número un do rankin Yifan Hou con 5.
A táboa final:
Rank | SNo. | Name | Rtg | FED | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Pts | Res. | vict | |
1 | 3 | IM | Bela Khotenashvili | 2505 | GEO | * | ½ | 0 | 1 | 1 | ½ | 1 | 0 | 1 | 1 | 1 | 1 | 8 | 0 | 7 |
2 | 6 | GM | Anna Muzychuk | 2585 | SLO | ½ | * | 1 | ½ | ½ | ½ | ½ | 1 | ½ | ½ | 1 | 1 | 7½ | 0 | 4 |
3 | 2 | GM | Tatiana Kosintseva | 2517 | RUS | 1 | 0 | * | ½ | 0 | ½ | 1 | ½ | ½ | 1 | ½ | 1 | 6½ | ½ | 4 |
4 | 1 | GM | Nana Dzagnidze | 2545 | GEO | 0 | ½ | ½ | * | 1 | ½ | 0 | 1 | ½ | ½ | 1 | 1 | 6½ | ½ | 4 |
5 | 10 | WGM | Wenjun Ju | 2544 | CHN | 0 | ½ | 1 | 0 | * | 1 | ½ | ½ | 0 | ½ | 1 | 1 | 6 | 1 | 4 |
6 | 9 | GM | Anna Ushenina | 2491 | UKR | ½ | ½ | ½ | ½ | 0 | * | ½ | 1 | 1 | ½ | ½ | ½ | 6 | 0 | 2 |
7 | 8 | GM | Kateryna Lagno | 2548 | UKR | 0 | ½ | 0 | 1 | ½ | ½ | * | 0 | 1 | ½ | ½ | 1 | 5½ | 0 | 3 |
8 | 11 | GM | Yifan Hou | 2617 | CHN | 1 | 0 | ½ | 0 | ½ | 0 | 1 | * | ½ | 1 | 0 | ½ | 5 | ½ | 3 |
9 | 12 | GM | Alexandra Kosteniuk | 2491 | RUS | 0 | ½ | ½ | ½ | 1 | 0 | 0 | ½ | * | ½ | 1 | ½ | 5 | ½ | 2 |
10 | 5 | GM | Viktorija Cmilyte | 2522 | LTU | 0 | ½ | 0 | ½ | ½ | ½ | ½ | 0 | ½ | * | ½ | 1 | 4½ | 0 | 1 |
11 | 4 | WGM | Tuvshintugs Batchimeg | 2298 | MGL | 0 | 0 | ½ | 0 | 0 | ½ | ½ | 1 | 0 | ½ | * | ½ | 3½ | 0 | 1 |
12 | 7 | WGM | Olga Girya | 2463 | RUS | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | ½ | 0 | ½ | ½ | 0 | ½ | * | 2 | 0 | 0 |
domingo, 12 de maio de 2013
Norway Chess 2013 (R4) Karjakin leva pleno: 4 de 4
O ruso Karjakin está a dominar de xeito claro o torneo que ten lugar en Noruega, tras gañar as catro partidas que disputou. Saca punto e medio aos seus inmediatos perseguidores, nun torneo onde soamente aparte do líder queda un xogador imbatido, Carlse, pero o candidato ao título mundial fixo todo táboas.
Campionato de Europa (R7) Vallejo ponse cuarto a medio punto da cabeza
O líder tras sete partidas é o ucraniano Moiseenko, seguido a medio punto de distancia por un grupo entre o que está Vallejo. Salgado e Arizmendi levan catro puntos e andan no medio da táboa.
mércores, 8 de maio de 2013
Campionato USA 2013 (R5) Gata Kamsky na cabeza
Tras xogarse cinco partidas o americano de orixe tártara Kamsky marcha na cabeza con 4,5, seguido do americano de orixe ucraniana Onischuk. Na terceira praza empatan o americano de orixe costaricense Ramírez e o americano de orixe estadounidense Joel Benjamin con 3,5.
Campionato de Europa 2013 (4R) Vitoria de Salgado e táboas de Vallejo e Arizmendi
Non foi mala a xornada para os españois. Tras terminar a cuarta partida os tres están con dúas vitorias e dúas táboas, a un punto da cabeza que ocupa en solitario Moiseenko, o único que leva catro puntos de catro partidas tras vencer ao ruso Volkov. Están a participar 286 xogadores, e o Elo máis baixo é de 1501.
Grand Prix Geneva 2013 (R5) Muzychuk chega ata a cabeza derrotando á Yifan HOu
A número dous do torneo Anna Muzychuk derrotou na cuarta rolda á Yifan Hou, a número un, e deste xeito alcanzou á líder Lahno que empatou con Ushenina. A medio punto das primeiras, con tres en total, están empatadas tres xogadoras: Khotenashvili, T Kosintseva e Wenjun Ju.
Norway Chess 2013 (R1) Nakamura, Svidler e Karjakin gañan
En Noruega comezou un torneo moi forte, aproveitando o tirón de Magnus Carlsen, que é un dos xogadores entre os que tamén están entre outros Topalov, Aronian ou Anand. Na primeira rolda táboas dos favoritos, que xogaban entre eles, o que aproveitaron varios dos segunda fila para sacar medio punto de vantaxe. Gañaron Nakamura, Svidler e Karjakin a Hao, Hammer e Radjabov.
martes, 7 de maio de 2013
Campionato de Europa 2013 en Polonia.
Do 4 ao 17 de maio vai ter lugar na localidade polaca de Legnica o Campionato de Europa de Xadrez, onde participan os españois Vallejo, Salgado e Arizmandi.
Tras tres partidas xogadas o líder do torneo é o autríaco Shengelia, empatado e 3 puntos con oito xogadores máis. Os españois están imbatidos de momento, con +2 =1 -0 para Arizmendi e Vallejo, e +1 =2 -0 de Salgado.
Na cuarta rolda estes serán os seus rivais:
Rd. | M. | No. | Nombre | Elo | Pts. | Resultado | Pts. | Nombre | Elo | No. | ||||
4 | 10 | 16 | GM | VALLEJO PONS Francisco | 2695 | 2½ | 2½ | GM | HOVHANNISYAN Robert | 2607 | 75 | |||
4 | 21 | 100 | GM | ARIZMENDI MARTINEZ Julen Luis | 2571 | 2½ | 2½ | GM | L'AMI Erwin | 2634 | 53 | |||
4 | 53 | 82 | GM | SALGADO LOPEZ Ivan | 2598 | 2 | 2 | IM | KANAREK Marcel | 2474 | 161 |
Grand Prix feminino Geneva 2013 (R4) Lahno ponse líder en solitario
Tras vencer con negras á excampiona mundial Kosteniuk, a ucraniana Kateryna Lahno ponse en solitario na cabeza da proba, sumando 3 puntos en catro partidas. Tras dela con 2,5 están Hou, T. Kosintseva e A. Muzychuk.
Na quinta rolda teremos o enfrontamento a priori máis interesante do torneo, entre Muzychuk e Hou, os elos máis altos do torneo.
3 | IM | Bela Khotenashvili | 2505 | - | GM | Alexandra Kosteniuk | 2491 | 12 |
4 | WGM | Tuvshintugs Batchimeg | 2298 | - | GM | Tatiana Kosintseva | 2517 | 2 |
5 | GM | Viktorija Cmilyte | 2522 | - | GM | Nana Dzagnidze | 2545 | 1 |
6 | GM | Anna Muzychuk | 2585 | - | GM | Yifan Hou | 2617 | 11 |
7 | WGM | Olga Girya | 2463 | - | WGM | Wenjun Ju | 2544 | 10 |
8 | GM | Kateryna Lagno | 2548 | - | GM | Anna Ushenina | 2491 | 9 |
domingo, 5 de maio de 2013
Campionato USA 2013 (R2) Soamente Kamsky e Christiansen levan dous de dous
Soamente 24 xogadores optan a ser campión dos Estados Unidos no torneo que está a ter lugar en San Luis. Tras dúas partidas Kamsky e Christiansen son os únicos que levan os dous puntos, e xogarán entre eles na terceira rolda. Hay retransmisión en directo na web oficial.
Web oficial.
Web oficial.
Grand Prix feminino 2013 - Geneva (R3) Tres líderes tras tres partidas
Muzychuk, Lahno e Khotenashvili están a empatar a dous puntos na primeira praza da proba do Grand Prix que está a ter lugar en Geneva (Suiza), tras xogarse as tres primeiras roldas. Con punto e medio están empatadas ata sete xogadoras, entre as que está a campiona mundial Yifan Hou.
mércores, 1 de maio de 2013
Lista ELO de maio 2013
Magnus Carlsen segue destacado na cabeza con 2868. Tras del Aronian con 2813 e Kramnik con 2811. Na cuarta praza atopamos a Topalov, que está a recuperar a forma e chega aos 2793, dez puntos máis que Anand, que é o quinto. Chaman a atención os 30 puntos que perdeu Radjabov.
O primeiro español segue a ser Vallejo, con 2695.
Aronian e Gelfand gañaron o Memorial Alekhine
Con 5,5 puntos o armenio Aronian e o israelí Gelfand empataron na primeira posición do Memorial Alekhine 2013. A medio punto dos dous rematou o campión mundial Anand.
Topalov gaña no Grand Prix con punto e medio de vantaxe
Gran actuación do xogador búlgaro Veselin Topalov, que impúxose na proba do Grand Prix disputado na localidade suiza de Zug con 8 puntos. Na segunda praza quedou Nakamura que sumou 6,5. Terceiro rematou Ponomariov empatado a 6 puntos con Caruana que foi cuarto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)