Amosando publicacións coa etiqueta Campionato de Europa de seleccións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Campionato de Europa de seleccións. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de novembro de 2013

Azerbaijan gaña o europeo de seleccións

Os xogadores azerís gañaron a medalla de ouro no europeo que tivo lugar en Polonia. Na segunda praza e medalla de prata acabou o equipo francés, e salvando os mobles ao final o euipo ruso levou o bronce. España o fixo mal e rematou no posto 19 partindo do 11.
Na sección feminina as gañadoras foron as ucranianas, seguidas das rusas e as polacas. O equipo español o fixo ben, quedando no posto 11 cos mesmos puntos que o sexto.

venres, 17 de maio de 2013

Campionato de Europa 2013 (Final) Moiseenko gañador e Vallejo sexto

O ucraniano Alexander Moiseenko é o novo campión europeo, tras ser o que mellor desempate tivo do grupo que rematou na cabeza, que empatou a 8 puntos. Nese grupo de dez xogadores quedou Francisco Vallejo, na sexta praza, rematando imbatido o torneo e gañando once puntos de Elo que o devolven aos 2700. A medalla de prata da proba foi para o ruso Eugeny Alekseev e a de bronce para o tamén ruso Eugeny Romanov.
Os outros españois tamen gañaron Elo no torneo. Salgado rematou con 6,5 puntos e un incremento de 4,8 e Arizmendi fixo 6 mellorando 9. Ocuparon os postos 60º e 91º.

domingo, 12 de maio de 2013

Campionato de Europa (R7) Vallejo ponse cuarto a medio punto da cabeza

O líder tras sete partidas é o ucraniano Moiseenko, seguido a medio punto de distancia por un grupo entre o que está Vallejo. Salgado e Arizmendi levan catro puntos e andan no medio da táboa.

venres, 11 de novembro de 2011

- Europeo de seleccións (Final) Alemania campiona de Europa

A selección alemana, un país que non ten estrelas no xadrez pero sí xogadores fortes e competitivos, venceu na derradeira rolda a Armenia por 2,5 a 1,5 e grazas a esa vitoria lévase a medalla de ouro no europeo. Azerbaijan gañou 3-1 a Romania, e iso deulle a segunda praza. A terceira praza foi para Hungría, que nunha xornada memorable esmagou á Bulgaria de Topalov por 4-0 e quitoulle a terceira praza aos armenios por mellor desempate.
O desenvolvemento do torneo ao longo das roldas levou a que o campión se decidise no Alemania - Armenia. No primeiro taboleiro a partida Naiditsch - Aronian finalizou en táboas en nove xogadas. Moita confianza tiñan os armenios nos taboleiros baixos, porque o seu mellor xogador borrouse do encontro moi rápido. No terceiro taboleiro Fridman e Akopian tamén fixeron unhas táboas rápidas. A esas alturas do encontro todo estaba a favor dos armenios, porque levaban brancas nas partidas que faltaban. Pero no segundo taboleiro a Movsesian as cousas non lle saían. Meier empregou a defensa francesa, irónico sendo alemán, e colocou o seu rei a salvo enrocándose. Movsesian tentou forzar o ala de rei sen enrocarse primeiro, mentras Meier abriu o de dama. Por alí o negro comenzou a darlle problemas ao rei das brancas, que acabou en h1 e con as súas pezas descoordinadas. O alemán atacou e para salvar un mate Movsesian entregou material quedando perdido e rendíndose pouco despois. O campionato estaba na partida Sargissian - Gustaffson, na que o armenio tiña a iniciativa e presionaba moi forte. Pero o alemán encontrou un recurso sacrificando calidade forzando unha secuencia na que desapareceron os peóns. O resultado foi un final de torre contra bispo, no que o rei negro agachouse no rincón de cor distinto ao do seu bispo, que  fai táboas. Con ese empate Alemania levouse o campionato.
España rematou ben o torneo gañando a potente selección francesa por 2,5-1,5. Gañou Shirov e empataron Vallejo, Salgado e Illescas. Esta vitoria serviu para rematar na décima praza. Dado que no ranking inicial o equipo estaba no posto 13º pódese decir que o resultado foi bo, pero vendo as partidas un posto máis alto estivo ao alcance da man. Todos os xogadores tiveron una performance maior a do seu Elo, agás o galego Iván Salgado que non estivo a altura á que estivo no torneo Casino de Barcelona fai unhas semanas.
A favorita do torneo, Rusia, acabou nunha quinta praza que para eles é mala. A decepción do torneo foi Ucrania, onde Ivanchuk non estivo nada fino e Moiseenko e Efimenko rematadamente mal.
A clasificación dos 20 mellores:
Rk.No.Ini.EquipoEquipoPartidas  +   =   -  Des 1  Des 2  Des 3  Des 4  Des 5 
110
GermanyGER97111522.5183.0154.50142.0
23
AzerbaijanAZE96211423.0181.5139.75140.5
35
HungaryHUN95311323.0167.5117.25128.0
44
ArmeniaARM96121322.5172.0117.25132.5
51
RussiaRUS96121321.5174.5123.50134.0
69
NetherlandsNED95221219.0180.0118.25140.5
77
BulgariaBUL95221218.5187.5122.50146.0
814
PolandPOL94321122.0159.095.25124.0
917
RomaniaROM95131120.0163.587.00135.0
1013
SpainESP95131119.5183.0108.50142.0
1122
ItalyITA95131119.0164.091.25135.5
1218
SerbiaSRB95041022.0152.077.50123.0
1315
GeorgiaGEO94231022.0140.571.25116.0
1411
IsraelISR94231020.0170.593.25131.0
152
UkraineUKR94231019.0172.090.25132.5
1612
Czech Rep.CZE93421018.5178.097.50139.5
1721
SloveniaSLO94231017.5185.0101.00144.0
1820
MoldovaMDA9414920.5156.070.25125.0
196
FranceFRA9333919.0179.086.00140.0
2019
GreeceGRE9414919.0168.576.50140.0

No torneo feminino Rusia levouse a primeira praza sen que ninguén puidera presentar batalla seria en todo o campionato. A segunda praza foi con certa comodidade para Polonia. O terceiro posto estivo máis disputado, a ao final foi para Georgia que aproveitou o 3-1 de Francia a Ucrania na rolda final.
Na última partida España meteulle 3,5-0,5 a unha Lituania que viña ao torneo debilitada sen Cmilyte, e con isto subiu uns cantos postos na clasificación final, ocupando o 11º na táboa final. Partía do 10º no ranking, así que unha actuación acorde ao esperado. A mellor do equipo foi Yudania Hernández. Sabrina Vega e Lucía Pascual non estiveron nada ben.
A clasificación das 20 mellores seleccións:
Rk.No.Ini.EquipoEquipoPartidas  +   =   -  Des 1  Des 2  Des 3  Des 4  Des 5 
11
RussiaRUS98101725.5177.0165.50137.5
25
PolandPOL96211423.0178.0133.25138.5
33
GeorgiaGEO97021422.5181.0134.00139.0
42
UkraineUKR96031221.5180.0110.50138.0
512
FranceFRA96031221.0172.5107.50133.5
68
BulgariaBUL95131119.5175.5100.00135.5
74
ArmeniaARM94321119.0182.0104.00139.5
87
GermanyGER94231020.5161.586.50125.5
915
IsraelISR94231019.0164.585.00125.5
1011
SloveniaSLO94231019.0146.074.50119.5
1110
SpainESP9414919.5152.069.00117.5
1218
Czech Rep.CZE9333918.0176.085.00136.0
1313
NetherlandsNED9333918.0167.081.25128.5
1421
AustriaAUT9414917.5150.062.25120.5
156
HungaryHUN9333917.0172.079.00129.5
1619
CroatiaCRO9414917.0169.079.25129.0
179
RomaniaROM9414916.5184.584.75142.0
1814
SerbiaSRB9324819.5151.052.75124.5
1923
ItalyITA9324818.0132.548.25110.5
2017
AzerbaijanAZE9324817.5159.565.75123.5