luns, 30 de maio de 2011

- Torneo de León 2011

O Maxistral de León segue vivo a pesares dos recortes pola crise, que é bastante máis do que poden contar en Linares. Venres, sábado e domingo Shirov e Anand xogarán a 45'+30''. Dúas partidas cada día, e se hai empate desempate a blitz.

mércores, 25 de maio de 2011

- Candidatos Kazan 2011 - Final (6P). Gelfand gañador! Xogará contra Anand polo título!

Nunca é tarde, e con máis de 40 anos o israelí Boris Gelfand vai disputar un match co título de Campión do Mundo en xogo. Participara nun round-robin polo título, pero nun foi quen de chegar á final dun torneo de candidatos.
Hoxe tiñamos a derradeira partida a ritmo FIDE. Gelfand con brancas saiu de dama, e Grischuk escolleu a Grünfeld. O bispo branco de Gelfand foi a g2 para dominar a diagonal, e a partida avanzou de xeito cerrado. O ruso igualou a posición sen moitos atrancos, a tras algo máis de 20 xogadas tiña ao seu favor dous peóns brancos dobrados na columna h, a cambio de ceder a parella de bispos.
Gelfand presionou co seu mellor centro de inmediato, e Grischuk comezou a facer xogadas de pezas algo sospeitosas para gañar un peón, que permitiron activar as pezas brancas. O ruso de súpeto ten a posición chea de ocos, e está peor a pesares de conservar o peón. Ten pezas no aire e moitas dificultades para defendelas. Na 31ª a posición parece indefendible, pero a Gelfand pásaselle por alto o remate. Pero Grischuk non ve unha xogada para quedar soamente peor, e fai unha que o fai rendirse en poucas!
O match remata con 3,5 a 2,5


martes, 24 de maio de 2011

- Candidatos Kazan 2011 - Final (5P). Táboas algo máis loitadas


MARCADOR DA FINAL
Grischuk 2,5 - Gelfand 2,5

Desta vez Grischuk e Gelfand xogaron algo máis, pero tampouco foi unha loita moi interesante. Un gambito de dama co bispo branco en f4 e un avance de peón branco a c5. Cada un colocou as súas pezas ata que comezou unha longa serie de cambios ao pasar as 20 xogadas. E na 39 acordaron táboas.
Mañá a derradeira a ritmo FIDE. Alguén correrá riscos?

- Nova proba do Circuito Galego Xadrez Promoción. 28 de maio en Pontevedra

luns, 23 de maio de 2011

- Memorial Capablanca 46 edición - 2011 (Final). Ivanchuk gaña unha vez máis

Tivo que derrotar ao líder na derradeira partida para quedar primeiro por desempate. O ucraniano Ivanchuk gañaou unha vez máis o Memorial Capablanca, torneo no que resulta campión case todos os anos dende fai cinco. Na segunda praza quedou Le Quang, seguido de Andreikin.
Clasificación Final do Grupo Elite
Nome
Elo
FED
1
2
3
4
5
6
Puntos
1
GM
Ivanchuk Vassily
2776
UKR
* *
½ 1
1 1
½ ½
½ ½
0 1
32,25
2
GM
Le Quang Liem
2687
VIE
½ 0
* *
½ ½
½ 1
½ 1
1 1
27,00
3
GM
Andreikin Dmitry
2687
RUS
0 0
½ ½
* *
½ ½
1 ½
1 1
22,25
4
GM
Navara David
2702
CZE
½ ½
½ 0
½ ½
* *
½ 0
1 1
5
21,50
5
GM
Dominguez Perez Leinier
2726
CUB
½ ½
½ 0
0 ½
½ 1
* *
½ ½
22,00
6
GM
Bruzon Batista Lazaro
2693
CUB
1 0
0 0
0 0
0 0
½ ½
* *
2
11,00
No grupo Premier o gañador foi o peruano Emilio Cordova, seguido do canadiano Bluvshtein e o cubano Álvarez Pedraza. No Abierto I gañou Carlos Antonio Hevia, e no Abierto II Kevel Oliva.



- Anatoly Karpov cumple 60 anos

O excampión mundial de xadrez, e con Kasparov o único xogador de xadrez que coñece o 90% da poboación mudial, cumple 60 anos.
Reportaxe en ChessBase (inglés).

- Candidatos Kazan 2011 - Final (4P). Outro fraude de partida


MARCADOR DA FINAL
Grischuk 2 - Gelfand 2

Outro fraude na final de candidatos en Kazan. Gelfand saiu con Cf3, pero entruse nunha inglesa simétrica. Cada un sacou as súas pezas e cambiouse un cabalo. E na 18 táboas. Se o de onte xa foi día de descanso a partida 3 e a 4 podemos chamalas tamén día de descanso. Quedan dúas partidas a ritmo FIDE e despois virían os desempates. Querrán xogar mañá?

sábado, 21 de maio de 2011

- Vallejo vencedor do I Torneo Bahía Feliz

A pesar de perder a derradeira partida con Julio Granda, Paco Vallejo foi o gañador do I Torneo Bahía Feliz, medio punto por diante de Illya Nyzhnik, que foi derrotado tamén por Henrique Mecking nesa rolda.
Páxina oficial. Clasificación. Visor de partidas.

- Candidatos Kazan 2011 - Final (3P). Táboas nunha partida lamentable


MARCADOR DA FINAL
Grischuk 1,5 - Gelfand 1,5

Despois de dúas partidas boas, hoxe tivemos un simulacro de xadrez. Grischuk variou na quinta xogada a liña da primeira partida, onde fixo 5.Bf4, e desta xogou 5.Bg5 nun gambito de dama clásico. De súpeto, con toda a partida por diante e todo en xogo, táboas na 14ª.

Non poñemos o enlace a partida porque non paga a pena perder máis tempo. A ver se mañá teñen a ben xogar ao xadrez...

venres, 20 de maio de 2011

- Candidatos Kazan 2011 - Final (2P). Táboas nunha partida excepcional


MARCADOR DA FINAL
Grischuk 1 - Gelfand 1

Unhas novas táboas nunha partida moi boa, na que a posición foi moito tempo de dobre fío. Gelfand saiu con Cf3 e xogouse unha inglesa co bispo branco en g2. A preparación de Gelfand fai que de súpeto teña unha peza de menos, pero con unha chea de ameazas e cando remata a variante ten torre e peón contra bispo e cabalo, e o rei de Grischuk algo exposto. Pouco máis tarde a cousa está en que Gelfand ten un peón moi perigoso correndo pola columna h directo a coroar, Grischuk o mesmo pero pola columna a e polo medio todas as pezas. Os módulos din que Grischuk tivo mellores opcións, pero apurado de tempo non acertou a soster a presión. Gelfand combinou sacrificando calidade para facer que Grischuk quede con cabalo por peón pero obrigado a entregar o mesmo polo peón h, e dese xeito entrar nunha posición de torre e peón contra torre e peón de táboas.

A partida no visor da FIDE.

- Pasamento de Mari Carmen Fernández

Unha mala nova para o xadrez, o pasamento de Mari Carmen Fernández en Madrid. A maioría a recordamos organizando o Torneo de Reis da Coruña. Descanse en Paz.
Noticia na FEGA.

xoves, 19 de maio de 2011

- Candidatos Kazan 2011 - Final (1P). Táboas interesantes


MARCADOR DA FINAL
Grischuk 0,5 - Gelfand 0,5

Comezou a final de candidatos, da que sairá o rival para Anand co que xogará un match en 2012. Na primeira partida Grischuk levaba brancas, e comezou con 1.d4. Gelfand xogou de xeito clásico o gambito de dama, con e6 e Be7, e Grischuk escolleu levar o seu bispo a f4 na quinta xogada. Foi Gelfand o primeiro en cambiar o ritmo tranquilo da partida en plena apertura, entrando nunha variante na que se cambiaron moitas pezas, e que desembocou rápidamente nun final de torre e bispo con catro peóns por bando. En poucas xogadas no taboleiro tiñamos unha posición de torre en peón por bando na que as táboas non se podían evitar. 0,5 - 0,5.
 

- Memorial Capablanca 46 edición - 2011 (6R). Le Quang e Andreikin na cabeza

O vietnamita Le Quang e o ruso Andreikin teñen 4 puntos e comparten a cabeza do Grupo Elite do 46º Memorial Capablanca. No Grupo Premier son tres os xogadores na cabeza, tamén con catro puntos: Cordova, Bluvhstein e Álvarez Pedraza.

Clasificación despois da ronda 6 no Premier
Nome
Elo
FED
1
2
3
4
5
6
Puntos
1
GM
Le Quang Liem
2687
VIE
* *
½
½
½
½ 1
1
4
9,75
2
GM
Andreikin Dmitry
2687
RUS
½
* *
½
0
1
1 1
4
8,75
3
GM
Navara David
2702
CZE
½
½
* *
½ ½
½
1
9,50
4
GM
Ivanchuk Vassily
2776
UKR
½
1
½ ½
* *
½
0
3
10,50
5
GM
Dominguez Perez Leinier
2726
CUB
½ 0
0
½
½
* *
½
2
6,00
6
GM
Bruzon Batista Lazaro
2693
CUB
0
0 0
0
1
½
* *
4,00

Web oficial.

- Campionato de Europa feminino 2011 (Final) Cmylite campiona!

A lituana Viktorija Cmylite é a nova campiona de Europa tras rematar o torneo que tivo lugar en Xeorxia con  9 puntos, medio punto por diante de Stefanova que rematou con 8,5. Na terceira praza empataron Danielian e Matveeva, pero polo sistema de desempate, a performance, a armenia foi terceira: 2629 por 2413.
As 20 primeiras:
Rk. NameFEDRtgPts. TB1  TB2  TB3 nwwew-weKrtg+/-
1LTUGMCmilyte ViktorijaLTU25049.0269264.578.01196.572.431024.3
2BULGMStefanova AntoanetaBUL25068.5263764.579.5118.56.661.841018.4
3ARMGMDanielian ElinaARM25068.0262964.579.51186.251.751017.5
4RUSIMMatveeva SvetlanaRUS23808.0241348.560.51187.170.83108.3
5GEOIMKhotenashvili BelaGEO24707.5258066.079.5117.55.811.691016.9
6UKRGMLahno KaterynaUKR25307.5256563.576.5117.56.920.58105.8
7GEOIMJavakhishvili LelaGEO24547.5255360.574.5117.55.981.521015.2
8RUSGMKosintseva TatianaRUS25597.5253960.073.0117.57.69-0.1910-1.9
9SCOGMArakhamia-Grant KetevanSCO24627.5253556.070.0117.56.361.141011.4
10SLOIMMuzychuk AnnaSLO25377.5253363.076.5117.57.460.04100.4
11ROUIMFoisor Cristina-AdelaROU24147.5249056.569.0117.56.251.251012.5
12RUSIMBodnaruk AnastasiaRUS24197.5248955.568.5117.56.331.171011.7
13RUSWGMPogonina NatalijaRUS24487.5238351.563.0117.58.10-0.6010-6.0
14RUSIMKosintseva NadezhdaRUS25677.0251361.576.01177.71-0.7110-7.1
15RUSIMOvod EvgenijaRUS24047.0250961.574.01175.381.621016.2
16SWEGMCramling PiaSWE24687.0250661.075.01176.450.55105.5
17RUSIMRomanko MarinaRUS23877.0248757.570.51175.461.541015.4
18GEOIMKhurtsidze NinoGEO24367.0245657.570.01176.620.38103.8
19HUNGMHoang Thanh TrangHUN24567.0245252.063.51177.02-0.0210-0.2
20UKRIMMuzychuk MariyaUKR24737.0243953.565.01177.45-0.4510-4.5

luns, 16 de maio de 2011

- Campionato de Europa feminino 2011 (9R) Cmylite líder en solitario

Das dúas xogadoras que estaban na cabeza unha gañou e outra perdeu, o que deixa a Cmylite como líder en solitario. A décima rolda arrincará con Cmylite líder con 7,5, seguida por Lahno, Stefanova e Arakhamia-Grant con 7 puntos. Os enfrontamentos das dez primeiras mesas:
Bo.No.NameRtgPts.-Pts.NameRtgNo.
115SCOGMArakhamia-Grant Ketevan24627GMCmilyte Viktorija2504LTU9
28BULGMStefanova Antoaneta250677GMLahno Kateryna2530UKR5
31RUSIMKosintseva Nadezhda2567GMDanielian Elina2506ARM7
42RUSGMKosintseva Tatiana2559IMKhotenashvili Bela2470GEO11
510UKRIMMuzychuk Mariya24736IMMatveeva Svetlana2380RUS37
64SLOIMMuzychuk Anna253766WGMZawadzka Jolanta2400POL30
712SWEGMCramling Pia246866IMFoisor Cristina-Adela2414ROU27
818GEOIMJavakhishvili Lela245466IMOvod Evgenija2404RUS29
922GEOIMKhurtsidze Nino243666WIMAbdulla Khayala Mardan Qizi2168AZE83
1031GEOWGMBatsiashvili Nino239966IMBodnaruk Anastasia2419RUS26